Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 25 de novembro de 2003, prestou aprobación ós pregos de condicións económico-administrativas para a adquisición de terreos para a construcción de vivendas sociais. Supeditado ó disposto no acordo de referencia, convócase licitación, se ben esta se aprazará nos supostos previstos no acordo plenario relativo ó expediente de modificación de créditos e da concertación da operación de crédito, incoados para o efecto.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Friol.

2. Obxecto do contrato: a adquisición de terreos para a construcción de vivendas sociais, conforme os pregos de condicións aprobados polo Pleno do Concello.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 132.500 euros.

5. Financiamento: con cargo ós fondos propios do concello e á operación de crédito.

6. Garantías: provisional: 2% do orzamento que sirva de base á licitación.

7. Obtención de información e documentación: Concello de Friol. Praza de España s/n. CP 27220. Teléfono 982 37 50 01. Fax 982 37 52 06.

8. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Friol, ou por calquera xeito dos previstos na lexislación de procedemento administrativo, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio no DOG.

9. Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de condicións económico-administrativas.

10. Apertura de propostas: o terceiro día hábil seguinte (excluídos os sábados), ó que se cumpran os trece días naturais contados desde a publicación de anuncio no DOG.

11. Criterios de adxudicación: os recollidos nos pregos de condicións.

Friol, 16 de decembro de 2003.

Antonio Muiña Pena

Alcalde