Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 26 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 126/2003 MAN, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de novembro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 126/2003 MAN incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Sonia López González.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Sonia López González o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potes

tade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle-lo seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita en Pontevedra, avda. de Vigo, nº 16, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 26 de novembro de 2003.

Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 126/2003 MAN.

Denunciada: Sonia López González, con DNI: 53115023.

Último enderezo coñecido: rúa Espírito Santo, nº 18-3º B; 36940 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:-Artigo 2.2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve, segundo o artigo 35 A), 1ª e 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150 euros).