Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola comisión de goberno o prego de condicións administrativas particulares que rexerán o procedemento para a contratación do concurso con intervención do xurado para selección anteproxecto edificio multiusos, exponse ó público por 4 días hábiles seguintes á publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais no que apareza (DOG o BOP), para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra, concurso con intervención de xurado para selección anteproxecto edificio multiusos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Anónimo e de fase única.

4. Premios. Pagamento: o autor ou autores do anteproxecto seleccionado poderán se-los encargados, conforme a posibilidade contemtplada no artigo 216.4º do RDL 2/2000 polo que se aproba o texto

refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP), de redacta-lo proxecto definitivo.

Esta adxudicación efectuarase mediante procedemento negociado, nas condicións que se expresan no presente prego (cláusula 15).

Por outra banda, este gañador obterá como contraprestación do anteproxecto presentado, unha cantidade do 10% do importe dos honorarios por redacción del que serán considerado como pagamento a conta do importe final de tales honorarios para o suposto de, finalmente, asumi-la redacción e dirección.

Contémplanse, así mesmo, dos accésits por valor de 3.000 euros cada un.

5. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Regenjo, 1, 36416 Petelos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00 e telefax: 986 33 66 18.

6. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 25 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) 1. Un sobre opaco, único documento que poida revela-la identidade do concursante, que sinalizará no seu exterior o lema de identificación do concursante e expresará a inscrición datos indentificativos do autor, concurso de ideas con intervención do xurado para a selección do anteproxecto do edificio multiusos do concello de Mos.

2. O paquete ou paquetes que sexan necearios contendo a documentación técnica. Este paquete tan só expresara a inscrición documentación técnica para o concurso de ideas con intervención de xurado para a selección do anteproxecto do Concello de Mos, así como o lema identificativo elixido e acompañarase dunha relación expresiva da totalidade da documentación achegada.

Mos, 9 de decembro de 2003.

Mª Jesús Escudero Lago

Alcaldesa