Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite ordinario, anticipado do gasto, para a contratación dunha subministración sucesiva de diverso material sanitario consumible. (Expediente CP-S-1/2004).

A xerente de Atención Primaria do Sergas en Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Compras e Subministracións.

c) Número de expediente: CP-S-1/2004.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración suceciva de diverso material sanitario consumible.

b) División por lotes e número de unidades para entregar: ver prego de prescricións técnicas particulares.

c) Lugar de entrega: ver follas de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de entrega: ver follas de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base da licitación: 166.803,26 euros con IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación ou do/s lote/s que concorre. (Véxanse follas de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Garantía definitiva: 4% do orzamento base de licitación ou do/s lote/s adxudicado. (Véxanse follas de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares).

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Compas e Subministracións sita na rúa avenida de Zamora, nº 13-3º en Ourense (CP 32005), telfs: 988 38 64 38/40 e fax: 988 38 63 46.

b) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira, e solvencia técnica: acreditaranse conforme o previsto no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria, sita na rúa avenida de Zamora, nº 13-3º en Ourense (CP 32005).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admitirase unha variante.

10. Apertura das proposicións:

a) Lugar de apertura: sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na rúa avenida de Zamora, nº 13-3º en Ourense.

b) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: a partir das 9.00 horas.

11. Gastos de anuncios: o importe destes gastos serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos da presente contratación: www.sergas.es.

Ourense, 21 de novembro de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense