Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003 pola que se fai pública á adxudicación do concurso público aberto para a contratación de servicios de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros. (CP 12/03).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 12/03.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicios de emisión dun anuncio de televisión de 20 segundos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a difusión das vantaxes de Galicia para os investidores estranxeiros.

c) División por lotes e número: servicios de emisión dun anuncio de televisión.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16-10-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 249.500 A (douscentos corenta e nove mil cincocentos euros), IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 20-11-2003.

b) Contratista: Europublic Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 249.070,98 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica