Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito en Monforte de Lemos (Lugo), para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade

autónoma e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na rúa Concepción Arenal, 48 baixo e entreplanta, de Monforte de Lemos (Lugo), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda