Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 8 de setembro de 2003, o alleamento en poxa pública dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación da Coruña como da propiedade do debedor Ribeira Mar Promociones, S.L., con NIF B15269905 que a continuación se describen:

Lote 1:

Vivenda sita na avda. Rosalía de Castro s/n, planta 6º, porta B, de 89,80 metros cadrados de superficie útil. Linda dereita entrando, predio dos esposos Gerardo Campaña González e Encarnación Martínez Pérez; esquerda, relanzo, caixa do ascensor, vivenda tipo A da súa planta e rúa dos Irmandiños. Fondo, plaza pendente de urbanizar; fronte, por onde ten a súa entrada, relanzo, caixa do ascensor, patio do inmoble e vivenda tipo A da súa planta. É anexo desa vivenda o rocho nº 12, sito na planta baixo cuberta, duns 8,4 metros cadrados. Predio 13225, folio 167, libro 149, tomo 643, inscrición 2º. Rexistro da Propiedade de Noia.

Valor: 95.469 A.

Cargas: 1.336,17 A.

Tipo: 94.132,83 A.

Lote 2:

Vivenda sita na avda. de Rosalía de Castro s/n, planta 6º, porta A, no municipio de Ribeira, cunha superficie útil de 76,92 metros cadrados. Linda dereita, entrando relanzo, caixa do ascensor, patio do inmoble y vivenda tipo B da súa mesma planta; esquerda, rúa dos Irmandiños, fondo, a referida

vivenda tipo B, fronte por onde ten a súa entrada, relanzo, caixa do ascensor e o edificio colindante de Promociones Carreira, S.A. É anexo desta vivenda o rocho nº 11, sito na planta baixo cuberta, duns 11,70 metros cadrados. Predio 13224, folio 163, libro 149, tomo 643, inscrición 2ª do Rexistro da Propiedade de Noia.

Valor: 92.476 A.

Cargas: 1.336,17 A.

Tipo: 91.139,83 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 29 de xaneiro de 2004 ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º. Que consta en poder da Zona de Recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, emitido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será ó menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos