Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 15.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 2003 pola que se lle autoriza a ampliación de cinco unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Sagrado Corazón da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Sagrado Corazón da Coruña, en que solicita a ampliación de cinco unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

DISPÓN:

Autoriza-la ampliación de cinco unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Sagrado Corazón da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ María Ana Mogas Fontcuberta, 9.

Denominación: centro privado Sagrado Corazón.

Titular: MM. Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor.

Código do centro: 15004526.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 4.

Unidades novas autorizadas: 5.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades do segundo ciclo.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

2 unidades de bacharelato da modalidade de ciencias da natureza e da saúde e 2 unidades de bacharelato da modalidade de humanidades e ciencias sociais.