Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.978

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza, para darlles cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación en entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación dos seguintes servicios:

-Contratación do servicio de transporte sanitario da Fundación Pública Hospital da Barbanza (ref. CSE 009/2003).

Orzamento anual estimado: 153.500 euros.

Prazo de presentación de ofertas: ata ás 14.00 horas do día 17 de xaneiro de 2004 no Departamento de Administración da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Apertura de proposicións: ás 10.00 horas do día 23 de xaneiro de 2004 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

-Contratación de servicios complementarios á Área de Anestesioloxía da Fundación Pública Hospital do Barbanza (ref. CSE 011/2003).

Orzamento estimado: 249.600 euros.

Prazo de presentación de ofertas: ata as 14.00 horas do día 17 de xaneiro de 2004 no departamento de Administración da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Apertura de proposicións: ás 10.30 horas do día 23 de xaneiro de 2004 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pode ser solicitada na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, lugar de Salmón-Oleiros, s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9.00 a 14.00 horas, e consultados na páxina web: www.sergas.es.

Ribeira, 17 de decembro de 2003.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza