Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 24 de abril de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 13 (SUNP-13) estrada da Estrada, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

En cumprimento do disposto polo artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 241, do día 20 de outubro de 2003 o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde