Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003 referente á convocatoria e bases para a provisión por concurso-oposición de dúas prazas laborais fixas de operario de servicios/mantemento do Concello de Arteixo.

No BOP da Coruña número 269, con data do 22 de novembro de 2003, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexe-la convocatoria para a provisión por concurso-oposición de dúas prazas laborais fixas de operario de servicios/mantemento do concello de Arteixo.

As instancias nas que se solicitan participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nasmencionadas bases, no rexistro xeral do concello, dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 25 de novembro de 2003.

P.D. (Decreto 1009/2003)

Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde