Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2003 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 0286/2003 interposto por Justiniano Rodríguez Soto e outros.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña tramítase o recurso nº 0286/2003

(procedemento abreviado) interposto por Justiniano Rodríguez Soto e outros, contra a resolución rectoral de data 26 de agosto de 2003, pola que se publica a relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral de administración e servicios desta universidade (DOG do 5-9-2003).

O que se notifica, para xeral coñecemento de tódolas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse no xulgado como demandados no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións