Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a adxudicación de diversos contratos.

C1) Contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a. Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c. Número de expediente: 2003-12-00736.

2. Obxecto do contrato.

a. Tipo de contrato: subministracións.

b. Descrición do obxecto: subministración dunha máquina de lavado de caixas de peixe con destino ó porto pesqueiro de Cedeira (A Coruña).

c. Lote: non hai.

d. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: sen publicidade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a. Tramitación: urxente.

b. Procedemento: negociado (artigo 182.a) TRLCAP).

c. Forma: sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 92.025 euros.

5. Adxudicación.

a. Data: 7-10-2003.

b. Contratista: Talleres Cameselle, S.L.

c. Nacionalidade: española.

d. Importe de adxudicación: 92.025 euros.

C2) Contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a. Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c. Número de expediente: 2003-12-00770.

2. Obxecto do contrato.

a. Tipo de contrato: subministracións.

b. Descrición do obxecto: subministración de 3 máquinas de lavado de caixas de peixe para diversos portos de Galicia.

c. Lote: non hai.

d. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: sen publicidade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a. Tramitación: urxente.

b. Procedemento: negociado (artigo 182.a) TRLCAP).

c. Forma: sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 98.175 euros.

5. Adxudicación.

a. Data: 7-10-2003.

b. Contratista: Talleres Cameselle, S.L.

c. Nacionalidade: española.

e. Importe de adxudicación: 98.175 euros.

C3) Contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a. Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c. Número de expediente: 2003-12-00649.

2. Obxecto do contrato.

a. Tipo de contrato: subministracións.

b. Descrición do obxecto: subministración dunha planta de fabricación de xeo con destino ó porto pesqueiro de Fisterra (A Coruña).

c. Lote: non hai.

d. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, do 30 de xullo de 2003 (nº 146).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a. Tramitación: urxente.

b. Procedemento: aberto.

c. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 255.000 euros.

5. Adxudicación.

a. Data: 3-9-2003.

b. Contratista: Frío Calor Pérez, S.L.

c. Nacionalidade: española.

d. Importe de adxudicación: 255.000 euros.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e dos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos