Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 19 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 171/03 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 22 de outubro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade dictou acordo de inicio do expediente sancionador 171/03 PRO incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Juan Carlos Romasanta Pampín.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Juan Carlos Romasanta Pampín o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

É apercibido tamén de que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de novembro de 2003.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 171/03 PRO.

Denunciado: Juan Carlos Romasanta Pampín.

DNI/NIF: X-0884778-Z.

Último enderezo coñecido: Chaburra, nº 30-1º C, Sada.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de droga.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: artigo 35.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade, e artigo 13.1º da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 3.606,07 euros. Tres mil seiscentos seis euros con sete céntimos.