Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cabreira-Río.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-56 de 13 m de lonxitude, con orixe no apoio 42 da L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda e remate no C.T. que se proxecta, de 100 kVA R.T. 20 kV/230-398 V, situado no lugar de Río, parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra de Miño. Reforma de 770 m de R.B.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 7 de novembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra