Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 16 de setembro de 2003, o alleamento en pública poxa do ben embargado no procedemento de constrinximento pola zona de recadación da Coruña como da propiedade do debedor Dubra Pallas, Jesús, con NIF: 32322321-F que a continuación se describe:

Lote único:

Núa propiedade do predio sito no lugar da Silva, parroquia de Rodís, municipio de Cerceda. Casa composta de planta baixa e piso alto distribuída en varias dependencias, corte unida, alboio e terreo a labradío que chaman Leira de Casa. Todo forma un só predio cun hórreo ó lado sur. Predio 2.455, folio 133, libro 27, tomo 193, inscrición 1ª. Rexistro da Propiedade 1, Ordes. Estremas: fronte, camiño de carro; dereita, Francisco Pallas Dubra e herdeiros de Manuela Corral; esquerda, Eduardo Dubra Pallas e Manuela Fraga Bermúdez; fondo, estrada da Silva a Xende-Tasende.

Valor: 100.620 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 100.620 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que, o día 29 de xaneiro de 2004 ás 10.00 horas, no salón de actos da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da zona de recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser exa

minados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir xunto co de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas o remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda lici

tación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos