Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.938

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala administrativa desta universidade polo sistema de promoción interna.

Existindo prazas de adscrición indistinta ós grupos D e C das escalas administrativa e de auxiliares administrativos de funcionarios da Universidade da Coruña, ocupadas por funcionarios do grupo D, co fin de posibilita-la promoción de persoal aínda mantendo os seus propios postos de traballo, de acordo co artigo 22 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e de conformidade co disposto nos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), e modificados polo decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto).

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para ingreso na escala administrativa da Universidade da Coruña polo sistema de promoción interna, con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 30 prazas da escala administrativa da Universidade da Coruña pola quenda de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.

1.2. Esta convocatoria non xerará prazas vacantes no corpo ou escala auxiliar de que procedan os aspirantes.

1.3. Á realización destas probas selectivas seralles de aplicación a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada palas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; o Decreto 93/1991, do 20 de marzo; os estatutos da Universidade da Coruña e as bases desta convocatoria.

1.4. O proceso selectivo constará de dúas fases, concurso e oposición, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

1.5. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II desta convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de carreira de calquera corpo ou escala do grupo D, con destino definitivo ou en adscrición provisional na Universidade da Coruña e posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos no devandito corpo ou escala.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior ou formación profesional de 2º grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. Así mesmo, para efectos desta convocatoria, considéranse equivalentes á posesión da titulación:

-Ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de vintecinco anos ou estar en condicións de obte-lo certificado correspondente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

-Ter unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D ou ter unha antigüidade de cinco anos nun corpo ou escala do grupo D e ter superado ou supera-lo curso específico de formación que se convocará para tal efecto.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar destes durante o proceso selectivo, agás o curso específico de formación, se é o caso, que deberá acreditarse unha vez finalizado o proceso selectivo.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade na Coruña (Edificio do Rectorado, Rúa da Mestranza, s/n, CP 15001), en Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

3.3. A xerencia expedirá, de oficio, certificación que acreditará: a antigüidade recoñecida referida á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, o grao persoal consolidado, o nivel de complemento de destino do posto que se desempeñe con carácter definitivo na referida data e os cursos de formación recibidos ou impartidos que figuren no expediente persoal. A citada certificación engadirase á solicitude presentada polo aspirante.

3.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adap

tacións de tempos e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

3.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida e xustificada, e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

4. Listas de admitidos e excluidos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo dun mes, o rector da universidade dictará resolución en que declarará aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para emendaren o defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo, o rector dictará resolución na que declarará aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada nos taboleiros de anuncios do Rectorado e Vicerrectorado de Ferrol, contra a cal os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses ou recurso postestativo de reposición perante o rector no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8 desta convocatoria.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III desta convocatoria.

O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento observará o disposto no artigo 13 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

5.2. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que coide necesario.

5.3. O tribunal terá a categoría 2ª das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia, do 25 de xuño).

5.4. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade da Coruña.

6. Calendario das probas.

6.1. O lugar e a data do primeiro exercicio será feito público na resolución que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

6.2. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se efectuase o primeiro, así como na sede do tribunal, e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de anticipación á sinalada para a súa iniciación.

6.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine, con carácter xeral, a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realicen as probas.

7. Listas de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de realización deste, así como naqueloutros que coide oportuno, a relación dos aspirantes que o superasen, con indicación da puntuación obtida en cada unha das probas.

7.2. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final realizarase de acordo co previsto no anexo I desta convocatoria.

7.4. O tribunal fará publica a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles aspirantes que, en número non superior ó das prazas convocadas, obtivesen a maior puntuación nelas.

7.5. Finalizado o proceso selectivo, o tribunal elevaralle ó rector a relación de aspirantes aprobados por orde de puntuación, na que constarán as cualificacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de concurso.

8. Presentación de documentos.

No prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal de Administración e Servicios (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Certificado de xerencia que acredite o cumprimento das condicións esixidas na alínea a) do punto 2.1 desta convocatoria.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

9. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

9.1. Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán nomeados funcio

narios da escala administrativa, mediante resolución do rector que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

9.2. Dadas as peculiaridades deste proceso de promoción interna, exclúese del a adxudicación de destino de acordo coa orde de puntuación obtida no proceso selectivo, adscribíndose os aspirantes ó mesmo posto que veñan desempeñando como titulares.

9.3. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado desde a data de publicación do seu nomeamento no DOG.

10. Norma derradeira.

Esta convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei do 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

(Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións

ANEXO I

Procedemento de selección

O procedemento de selección será o de concurso-oposición, que consta das seguintes fases:

1. Fase de oposición, que constará dos seguintes exercicios:

1.1. Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio. Proba escrita constituída por 100 preguntas tipo test, relativas a todo o temario, cunha soa resposta verdadeira. O tempo de realización deste exercicio será de dúas horas.

Tódalas preguntas terán a mesma valoración e non puntuarán negativamente as respostas incorrectas.

A puntuación será de 0 a 70 puntos, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de 35.

1.2. Proba de galego: non eliminatoria e de mérito. Consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, e do galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de 1 hora e valorarase de o a 5 puntos.

2. Fase de concurso.

Para os aspirantes que superen a fase de oposición, a valoración de méritos farase da seguinte forma:

2.1 Antigüidade: máximo 12,50 puntos.

Valorarase a antigüidade recoñecida, referida á data de remate do prazo de presentación das solicitudes da seguinte forma:

-Por cada ano completo de servicios: 0,625 puntos.

-Por cada mes completo de servicios que reste: 0,052 puntos.

2.2 Grao persoal consolidado e nivel de complemento de destino: ata 12,50 puntos.

a)Grao consolidado segundo grao persoal que se teña consolidado e formalizado a través do acordo de recoñecemento de grao pola autoridade competente o día de remate do prazo de presentación de solicitudes, outorgando a seguinte puntuación:

GraoPuntos

206

185

16 ou inferior4

b) Nivel de complemento de destino, correspondente ó posto de destino definitivo que teña adxudicado a/o funcionaria/o o día do remate do prazo de presentación de solicitudes. Cualificarase do seguinte modo:

NivelPuntos

206,5

185,5

16 ou inferior4,5

2.3. Cursos de formación: máximo 5 puntos. Os cursos de formación puntuarán da seguinte forma:

a) Cursos de formación recibidos (máximo 3,5 puntos):

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

b) Cursos de lingua galega

Curso de iniciación da lingua galega: 0,5.

Curso de perfeccionamento da lingua galega: 1 punto.

Curso de linguaxe administrativa: 1,5 puntos.

No caso de posuír máis dun curso de lingua galega só puntuará o de nivel superior.

Puntuación do proceso selectivo.

A puntuación da fase de oposición estará determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios. A puntuación do proceso selectivo estará determinada pola suma da fase de oposición, máis os méritos da fase de concurso, sempre que os aspirantes tivesen superada a fase de oposición.

No caso de empate daráselle preferencia atendendo á puntuación obtida no primeiro exercicio e, de persistir este, a prol do candidato que tivese maior antigüidade no corpo ou escala á que pertenza na

data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

ANEXO II

1. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: concepto e ámbito de aplicación. Os órganos das administracións públicas: principios xerais e competencias. Os órganos colexiados. As actividades das administracións públicas: dereitos dos cidadáns. O rexistro. A compulsa, o cotexo e a copia auténtica.

2. Os actos administrativos: concepto, clases e elementos. Eficacia e validez. A súa motivación, notificación e publicación. A revisión dos actos: anulación e revogación.

3. O procedemento administrativo. Fases. Iniciación. Ordenación: tramitación, comunicación e notificación. Instrucción: informes, propostas de resolución e audiencia do interesado. Terminación: formas. O silencio administrativo. Especial referencia ó certificado acreditativo do silencio.

4. A revisión dos actos en vía administrativa. A revisión de oficio. Os recursos administrativos: principios xerais. O recurso potestativo de reposición, recurso de alzada e recurso extraordinario de revisión. A xurisdicción contencioso-administrativa: actos impugnables. Reclamacións previas ás vías xudiciais civil e laboral. A responsabilidade das administracións públicas e do persoal ó seu servicio.

5. A Lei orgánica 6/2002, de universidades. Autonomía das universidades, réxime xurídico e estructura.

6. Os estatutos da Universidade da Coruña. Estructura e contido.

7. O persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña. Selección. Persoal funcionario: ingreso e provisión de postos e promoción profesional. O persoal laboral: réxime xurídico.

8. O profesorado universitario: clases e réxime xurídico. Os corpos docentes universitarios: sistema de acceso. A contratación do profesorado universitario.

9. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Situacións administrativas.

10. Réxime retributivo do persoal funcionario, docente e laboral. Conceptos retributivos. Recoñecemento de servicios previos. Cotizacións correspondentes á Seguridade Social: réxime xeral. Dereitos pasivos. Muface.

11. As condicións de traballo do persoal da Administración pública: xornada e horario de traballo; vacacións, permisos e licencias. As xuntas de persoal e o comité de empresa.

12. O orzamento. Características e estructura. Créditos orzamentarios. As principais modificacións orzamentarias. Incorporacións de crédito. Créditos

extraordinarios. Suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Ampliacións de crédito. Transferencias de crédito. Xeracións de crédito.

13. Ordenación do gasto e ordenación do pagamento. Órganos competentes. Fases do procedemento e documentos contables. Compromisos de gasto para exercicios posteriores.

14. O procedemento de execución dos gastos. Pagamentos: concepto e clasificación. Pagamento por obrigas orzamentarias. Pagamentos en firme e por xustificar.

15. Réxime económico e financeiro nos estatutos da Universidade da Coruña O patrimonio. Financiamento e control do gasto. Especial referencia ós regulamentos de xestión orzamentaria e de contratación administrativa.

16. Os contratos administrativos concepto e clases. O procedemento de contratación. O cumprimento ou incumprimento contractual. A revisión de prezos e outras alteracións contractuais. Sistemas de adxudicación dos contratos.

17. Procedemento para o ingreso nos centros da Universidade da Coruña. Matrícula. Simultaneidade de estudios. Réxime de permanencia. Traslados de expedientes. Validación de estudios españois e estranxeiros: procedemento.

18. Estructura dos estudios universitarios: de primeiro ciclo. De primeiro e segundo ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao.

19. Plans de estudios: directrices xerais comúns ós plans de estudios das titulacións de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Obtención, expedición e homologación dos títulos universitarios. As titulacións propias da Universidade da Coruña.

20. Bolsas e axudas ó estudio. Requisitos de carácter económico e académico. Procedemento. Outras axudas.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: Eliseo Alfonso Barca Lozano. Rector en funcións da Universidade da Coruña.

Vocais:

Marta Mª García Pérez. Secretaria xeral da Universidade da Coruña.

José Vicente Echevarría González. Xefe do Servicio de PAS.

2 representantes da xunta de persoal de Administración e Servicios.

Secretario: Roberto Taibo Lago. Xefe de Sección de Extensión Universitaria.

Suplentes:

Presidente: Manuel González Sarceda. Vicerrector de Estudiantes.

Vocais:

Víctor Manuel Cabrera Sánchez. Xerente da Universidade da Coruña.

Gonzalo Barrio García. Letrado-asesor.

2 representantes da Xunta de Persoal de Administración e Servicios.

Secretario: Daniel Miguélez Costa. Xefe de Sección de Selección e Xestión de PDI.

ANEXO IV

NOTA: úsese o publicado na páxina 15.937.