Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 30 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, sobre o permiso de investigación Isabel (expediente 7013).

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que Fernando Fuente Consultores, S.L., con domicilio en Camino de Ronda, 74, 5º-3, CP 18004 Granada, presentou nesta delegación provincial o día 18 de setembro de 1998 instancia-solicitude do permiso de investigación Isabel, de 42 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), nos termos municipais de Melide e Santiso, na provincia da Coruña, e Agolada na provincia de Pontevedra, correspondéndolle o nº 7013 da provincia da Coruña e o nº 2791 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Vértice 1-8º 02' 40''42º 53' 00''

Vértice 2-8º 00' 40''42º 53' 00''

Vértice 3-8º 00' 40''42º 50' 40''

Vértice 4-8º 02' 40''42º 50' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación no prazo de quince días hábiles, perante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

A Coruña, 30 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO