Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina e informático non inventariable para a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 18/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

Número de expediente: 18/2003 SX.

2. Obxecto do contrato

Descrición do obxecto: realización dunha subministración sucesiva e por prezo unitario, de material de oficina, informático non inventariable para os servicios centrais e delegacións provincias da Consellería de Innovación,Industria e Comercio.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria (anticipado de gasto).

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 110.444,37 euros, IVE incluído, distribuídos nos seguintes lotes: lote I: material de oficina 17.113,55 euros; lote II: material de imprenta 42.176 euros; lote III: consumibles informáticos: 28.734,82 euros; lote IV: papel 22.420 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado para o lote ou lotes ofertados (lote I: 342,27 euros; lote II: 843,52 euros; lote III: 574,69 euros; lote IV: 448,40 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet, http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=3390

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 18 a) e b) do citado texto refundido, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos ou privados, a que se incorporan os correspondentes certificados sobre eles, e mediante a descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

Lugar de presentación:

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio