Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de decembro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Guías de aplicación.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Servicio Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de se-lo caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Guías de aplicación: 6 euros.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL