Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se inscribe a Asociación Cultural Mosteiro no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Mosteiro, con data do 10 de novembro de 2003.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Mosteiro quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 149.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo