Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do PERI da U.E. I-03 Metalúrxica e da U.E. I-04 Unión Cervecera, incoación e suspensión de licencias (expediente 8692/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 13 de novembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Iniciar de oficio a redacción e tramitación dun plan especial de reforma interior no que se recolla a ordenación detallada dos polígonos U.E. I-03 Metalúrxica e U.E. I-04 Unión Cervecera (expediente 8692/411).

Segundo.-Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito da U.E. I-03 Metalúrxica, de acordo co preceptuado no artigoo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia (Louga).

Terceiro.-Publíquese este acordo no DOG e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Notifíqueselle-lo seu contido íntegro ós interesados na forma legalmente prevista, coa advertencia de que contra o establecido no punto segundo da súa parte dispositiva cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Contra o establecido no punto primeiro da parte dispositiva non cabe interpor ningún recurso por tratarse dun acto de mero trámite. Notifíquese tamén á oficina municipal de Licencias.

Publícase este acordo ó abeiro do dispuesto no artigo 77.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, e para xeral coñecemento.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xanei-

ro, para todos aqueles/as interesados/as directamente afectados que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 18 de novembro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo