Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana-93 no ámbito do Sanatorio de Fátima (expediente 7617/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 27 de outubro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do PXOU-93 de Vigo (expediente 7617/411), relativo á ordenación detallada dos terreos do Sanatorio de Fátima, segundo a documentación presentada pola arquitecta María Asunción Leboreiro Amaro, con data de visado do COAG do 20 de outubro de 2003, en execución do acordo do Consello de Xerencia do 24 de outubro de 2002, redactada á vista do informe emitido polo conselleiro da CPTOPV da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 2003.

Segundo.-Sométase o expediente ó trámite de información pública durante un mes, de acordo co disposto no artigo 85.2º da LOUGA, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia; débese publicar este último anuncio, en cada xornal, en dous días consecutivos.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación.

O expediente está ó dispor do público no departamento de Información Urbanística (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 17 de novembro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Concelleiro de Urbanismo