Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de decembro de 2003 pola que se resolve a concesión de Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para os alumnos que remataron os seus estudios universitarios no ano 2003 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 243, do martes 16 de decembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 15.414, o anexo da parte superior que empeza en «D-MEM: MESTRE EDUCACIÓN MUSICAL» (pertence á Universidade de Santiago de Compostela) e que remata en «E-CAM: ENXEÑERÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS» (pertence á Universidade da Coruña); debe ir na parte inferior da folla. De igual maneira o anexo da parte inferior que empeza en «E-INF: ENXEÑERÍA DE INFORMÁTICA» (pertence á Universidade da Coruña) e que remate en «ET-ALI: ENXª. TÉC. AGRÍCOLA, ESPEC. EN IND. AGR. E ALIMENTARIA» (pertence á Universidade de Vigo); debe ir na parte superior da folla.