Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.727

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A consolidación dos cambios estructurais na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, introducidos polo Decreto 134/2002, do 4 de abril, xunto coas modificacións derivadas das necesidades actuais de funcionamento das distintas unidades da citada consellería, fan necesario a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de decembro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de decembro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001ARQUITECTURA SUPERIOR.
2004ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOS.
2019ENXEÑERÍA SUPERIOR.
2022LICENCIADO EN CIENCIAS ECONÓMICAS.
2028LIC. FÍSICA.
2035LIC. QUÍMICAS.
2062LICENCIADO EN DEREITO.
2804ARQUITECTURA/ENXEÑERÍA.
2808LCDO. ECONÓMICAS OU EMPRESARIAIS.
2813LCDO. DEREITO/ECON./EMPRESAR.
2998TITULADO SUPERIOR.
3001ARQUITECTURA TÉCNICA.
3007ENXEÑEIRO TÉCNICO OBRAS PÚBLICAS.
3800ARQ. TÉCNICA/ENX. TÉCNICA.
4020FP2-DELINEACIÓN.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

001MECANOGRAFÍA.
058COÑEC. URBANISMO.
061EXPER. TRANSPORTES TERRESTRES.
063EXPER. INSPECCIÓN.
499TITULADO SUPERIOR (MÉRITO).
500LCDO. DEREITO/ECONÓM./EMPRESAR. (MÉRITO).
501LCDO. DEREITO (MÉRITO).
516ARQUITECTO TÉCNICO (MÉRITO).
523DIPLOMA DE DIRECTIVO.
640PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).
641PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.).
954PERMISO CONDUCIR B (REQ. INDISPENSABLE).

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.
AXGADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS OBSERVACIÓNS

1OCUPADO POR PERSOAL LABORAL FIXO.
2SEN DOTAR ORZAMENTARIAMENTE.
3OCUPADO POR FUNCIONARIO NON PERTENCENTE Á ESCALA.
4OCUPADO POR PERSOAL LABORAL FIXO A EXTINGUIR.
5OCUPADO POR PERSOAL LABORAL FIXO. 4 HORAS SEMANAIS. DECRETO 46/1999, DO 11 DE FEBREIRO. RETRIBUCIÓNS PROPORCIONAIS Á XORNADA.
6DISPOÑIBILIDADE HORARIA.
7DISPOÑIBILIDADE HORARIA. XORNADA ESPECIAL.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA