Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.685

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 435/2003, do 27 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en xestión do transporte.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía, de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e co Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais

sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, e que habilita as comunidades autónomas para a execución e o desenvolvemento desta norma, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1654/1994, do 22 de xullo, establece o título de técnico superior en xestión do transporte e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e autoriza na súa disposición derradeira primeira, punto 2, as comunidades autónomas para dictaren, no ámbito das súas competencias, as normas que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de

resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se requiren do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico coma de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula, e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en xestión do transporte, regulado polo Real decreto 1654/1994, do 22 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura, e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: xestión do transporte.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Xestionar e comercializa-lo servicio de transporte de mercadorías e viaxeiros, de acordo con especificacións recibidas, e organizar e planifica-la explotación das operacións terrestres no ámbito autonómico, estatal e internacional e no marco dos obxectivos e procesos establecidos.

Este técnico actuará, se é o caso, baixo a supervisión xeral de licenciados e/ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Aplica-la normativa nacional e internacional vixente nas operacións de transporte, adaptándose ós cambios frecuentes que se producen nela.

* Avalia-lo custo das distintas partidas que integran as operacións de transporte, e identifica-la interrelación e o efecto económico das variables que interveñen no proceso da operación global.

* Xestiona-lo proceso administrativo das operacións de transporte de mercadorías e viaxeiros no marco dos obxectivos establecidos e especificacións recibidas, e da lexislación reguladora destas operacións.

* Obter, elaborar e tramita-la documentación requirida nas operacións de transporte, de acordo cos procedementos establecidos.

* Posuír unha visión global e integrada do proceso de mercadorías e viaxeiros comprendendo os mecanismos de actuación establecidos entre os distintos axentes intervenientes en cada operación de tránsito.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións dos seus subordinados e no seu propio, no marco das normas e plans establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organiza-lo traballo do departamento de explotación ou tráfico segundo os obxectivos e orzamentos establecidos, para obte-la adecuación da estructura e da relación funcional ós obxectivos de explotación.

* Planifica-lo tráfico ou a explotación das empresas de transporte de acordo con criterios establecidos, de maneira que se aproveiten optimamente os recursos e os custos da operación, e se consigan os niveis de calidade esixidos do servicio.

* Comercializa-los servicios de transporte de mercadorías e viaxeiros de acordo con criterios establecidos, realizando os estudios de mercado necesarios para a toma de decisións, organizando e supervisando as campañas publicitarias orientadas á promoción dos citados servicios e controlando e intervindo, se é o caso, nos procesos de negociación da venda.

* Organiza-la almacenaxe tanto das subministracións da empresa como das mercadorías dos clientes nas condicións que garantan a súa integridade e o aproveitamento idóneo dos medios e espacios dispoñibles, de acordo con procedementos establecidos.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo, coordinado a súa actividade con outras áreas da organización.

* Estudiar e propor novos criterios ou accións encamiñados a mellora-la actividade da súa unidade, manténdose informado das innovacións, tendencias, tecnoloxía e normativa aplicable ó seu ámbito de competencia.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Asignación de obxectivos, tarefas e recursos ó departamento de explotación ou tráfico.

* Programación de rutas, itinerarios e horarios de transporte, e determinación e asignación de recursos (vehículos, conductores e equipos) e cargas.

* Supervisión do lanzamento da operación.

* Supervisión e control da operación no marco dos obxectivos establecidos.

* Avaliación da calidade do servicio prestado, identificación das causas das anomalías e fallos e proposta de solucións.

* Obtención e procesamento de información económica e regulamentaria relevante no sector do transporte.

* Xestión da contratación de pólizas de seguro dos medios de transporte e das cargas, de acordo coas condicións establecidas.

* Xestión e control da declaración-liquidación de sinistros asegurados.

* Xestión e control da documentación requirida para os medios de transporte, persoal de tráfico e tránsito internacional de mercadorías.

* Elaboración e xestión da documentación relativa á contratación de servicios de transporte.

* Xestión e supervisión da facturación de servicios de transporte.

* Xestión e control das relacións con correspondentes, filiais, franquías e empresas colaboradoras, nas condicións establecidas.

* Cálculo de custos de liñas e operacións de transporte.

* Control e resolución de incidencias en operacións de transporte e tránsito internacional de mercadorías.

* Organización e control da recepción, almacenaxe e expedición de mercadorías.

* Organización do almacén, xestión, control e valoración de existencias e distribución de subministracións, pezas e outros aprovisionamentos.

* Negociación das condicións de contratación de servicios de transporte nas marxes establecidas.

* Información e asesoramento a clientes sobre servicios de transporte.

* Organización e supervisión de campañas publi-promocionais no sector do transporte.

2.4. Unidades de competencia:

1. Realiza-la xestión administrativa nas operacións de transporte.

2. Organizar, planificar e xestiona-lo tráfico/explotación nas empresas de transporte terrestre.

3. Organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento das subministracións da empresa e das mercadorías de clientes.

4. Realiza-la comercialización dos distintos servicios de transporte de mercadorías e viaxeiros.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: realiza-la xestión administrativa nas operacións de transporte:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obter e procesa-la información do sector do transporte necesaria para o desenvolvemento da actividade, facendo óptima a dispoñibilidade e o tempo de acceso a ela.* Identifícanse as necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afecta o sector.

* Identifícanse as fontes de información relacionadas co sector que proporcionan a información máis fiable (Consellería de Industria e Comercio, Ministerio de Transporte, Ministerio de Industria, ASTIC, IMO, FETEIA, IATA, AENA, CLECAT, FIATA, IRU, OACI, cámaras de comercio, embaixadas, consulados, DOG, BOE, DOCE, publicacións do sector e económicas e outras).

* Identifícanse as empresas do sector, diferenciando entre as colaboradoras e as que sexan da competencia, para obter información sobre prácticas comerciais, desenvolvemento e actuacións habituais.
* Selecciónanse as publicacións específicas do sector que sexan de interese para a empresa.
* Establécense procedementos para obte-la información de maneira doada e rápida de acordo co orzamento establecido (reunións periódicas, entrevistas, subscricións, adhesión a asociacións profesionais e outros).
* Confecciónase un sistema de arquivo baseado en métodos convencionais ou informáticos, que recolla a información ou documentación obtida, aplicando técnicas que faciliten a consulta.
* Establécese o procedemento de actualización da información ou documentación complementando ou modificando anteriores rexistros.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Xestionar e controla-lo seguro da flota, das mercadorías e dos viaxeiros para garanti-la responsabilidade, de acordo coa normativa vixente.* Identifícase a normativa sobre seguros de medios de transporte, mercadorías e viaxeiros, así como o establecido en concepto de indemnizacións e responsabilidades para coñece-lo marco periódico de actuación.
* Elíxese, entre as distintas ofertas de seguro solicitadas (coberturas, riscos, etc.), a máis adecuada ás necesidades da empresa, asegurando a cobertura ata o máximo posible e/ou aconsellable dos riscos reais e/ou potenciais derivados da operación de transporte, con aplicación dos criterios establecidos pola empresa.
* Cando as características do seguro que se vai contratar superan a área de responsabilidade asignada, transmítenselle con prontitude á xerencia as distintas ofertas recibidas.
* Confecciónanse os partes oportunos para lles notificar ás compañías de seguros as imputacións ás pólizas flotantes, dentro dos prazos establecidos, especificando correctamente datas e características dos diferentes envíos.
* En caso de sinistros, compróbase na póliza de seguros o clausulado sobre obrigas, responsabilidades e límites de indemnización, para determinar actuacións axeitadas á situación orixinada.
* Transmítese e preséntaselle á compañía aseguradora, de acordo cos procedementos establecidos, a reclamación polo sinistro producido e toda a documentación necesaria para o seu trámite dentro dos prazos esixidos no código de comercio e a Lei do seguro.
* Verifícase que o importe e o proceso da liquidación do sinistro son correctos e acordes co requirido.
* En caso de avaría, infórmase o comisario de avarías da situación exacta e da valoración correcta do prexuízo ocasionado no envío, expedindo o correspondente certificado no tempo e forma establecidos e realizando, se é o caso, a reclamación ós responsables para preserva-los dereitos da empresa, de acordo co procedemento definido.

1.3.Realiza-las xestións necesarias para a importación/introducción e/ou a exportación/expedición das mercadorías e o tránsito dos medios de transporte, de acordo coa normativa vixente.* Identifícanse, confecciónanse e xestiónanse en tempo e forma os documentos que a normativa vixente esixe para:-O despacho de importación/exportación.

-Licencias, se procede.

-Declaración de importación/exportación (declaración única aduaneira: DUA).

-Facturas comerciais e/ou pro formas.
-Documentos que serven para xustifica-la orixe das mercadorías: certificado de orixe, declaración en facturas, EUR1/EUR2, ATR1/ATR3 e certificado de orixe formulario A ou APR.
-Certificados de homologación.
-Certificados de metroloxía.
-Certificado de seguridade nas máquinas.
-Certificados de baixa tensión.
-Certificados de sonoridade.
-A introducción/expedición:
-Formulario do INTRASTAT.
-IVE sobre movemento intracomunitario.
-O tránsito dos medios de transporte e/ou das mercadorías:
-T1/T2/T2L/T5.
-Caderno TIR.
-Caderno ATA.
-Documento administrativo de acompañamento para productos sometidos a impostos especiais.
-Guía de tránsito para productos sometidos a impostos especiais.
-Fichas e certificacións de mercadorías perigosas.
* Se é o caso, xestiónanse en tempo e forma os certificados sanitarios necesarios para a importación/exportación e introducción/expedición de mercadorías nos organismos de control correspondentes:
-Sanidade.
-Veterinario.
-SOIVRE.
-Fitosanitario.
-CITES.
-Farmacia.
* Verifícase a correcta liquidación (que efectúa a alfándega) da débeda alfandegueira/tributaria.
* Se é o caso, avalíanse as responsabilidades derivadas da incorrecta aplicación dos procedementos e esixencias alfandegueiras e da Lei de contrabando.
* Elabóranse correctamente os albarás de entrega, trala conformidade do departamento de tráfico, seguindo as instruccións de quen ten a potestade sobre a mercadoría.

RealizaciónsCriterios de realización

1.4.Elaborar e xestiona-la documentación necesaria para a contratación do servicio nas súas distintas modalidades, de acordo coa lexislación vixente.* Mantéñense vixentes os permisos e a documentación requirida para a explotación da flota, observando os prazos de revisión e inspección previstos pola normativa vixente.

* Elabóranse correctamente os albarás de entrega/recepción e de mercadorías e/ou FCR, para xustifica-la recepción e/ou entrega dos productos.

* Formalízase a través de procedementos establecidos o correspondente contrato para cada envío ou medio de transporte, segundo a lexislación vixente, nas seguintes modalidades:
-Contrato CMR (transporte internacional de mercadorías por estrada) de acordo co convenio CMR.
-Carta de porte internacional (ferrocarril internacional) aplicando as regras CIM, anexo B do COTIF.
-Bill of Lading (B/L, coñecemento de embarque marítimo internacional) de acordo coas regras de Hamburgo e A Haia.
-Coñecemento aéreo (Air Way Bill AWB) aplicando o convenio de Varsovia, Protocolo da Haia no ámbito internacional e LNAE no estatal.
-FCR, SDT, FBL (para calquera tipo de transporte), de acordo coa normativa FIATA recoñecida pola CCI.
-Declaracións de porte (estrada estatal) CC, aplicando a LOTT/ROTT.
-Carta de porte nacional CC (ferrocarril nacional) aplicando a LOTT/ROTT.
-Coñecemento de embarque en marítimo nacional (Bill of Lading: BL) aplicando LNME-CC.
* Logo de conformidade do xefe de tráfico, correspondente, filial e/ou franquía, factúranselles ós clientes os servicios prestados no prazo establecido, de acordo coas condicións contratadas e coa normativa vixente.
* Os cálculos na facturación son correctos.

1.5.Xestionar e controla-las relacións de carácter administrativo cos correspondentes, filiais e/ou franquías no tempo e forma establecidos.* Facilítaselle á xerencia en tempo e forma a información necesaria para selecciona-lo correspondente ou franquía idónea en cada zona, de acordo cos informes recibidos do departamento de tráfico.
* Elabóranse correctamente os distintos contratos ou protocolos de colaboración con correspondentes, franquías, empresas de transporte, etc., de acordo coas instruccións recibidas pola xerencia.
* Establécense procedementos administrativos que axilicen os procesos de comunicación e información cos correspondentes, filiais e/ou franquías e que faciliten o control dos servicios prestados.
* Contrólase, en cada momento, a situación dos estados de contas cos correspondentes, informando o departamento correspondente para que proceda á súa facturación ou pagamento no tempo establecido.

1.6.Controla-la rendibilidade de cada envío, medio, liña de transporte, departamento e sección, valorando os parámetros que interveñen na formación de custos.* Obtense e sistematízase toda a información necesaria para poder determina-los custos do transporte das mercadorías ou viaxeiros (tarifas, fluctuación actual de prezos, ofertas dos provedores, prezos que factura o correspondente, filial e/ou franquía, en función de acordos establecidos, e outros), de maneira que se dispoña e acceda ós datos con facilidade cando sexa necesaria a súa utilización.
* Obtense o valor correcto dos custos que supón o envío ou a viaxe, valorando tódolos parámetros que interveñen no proceso de transporte.
* Calcúlase correctamente a rendibilidade de cada operación de transporte e a súa incidencia nos demais centros de custos, transmitíndose a través do procedemento establecido para a toma de decisións.
* Contrólanse as desviacións nas ofertas cursadas ós clientes respecto ás marxes de rendibilidade previstas, transmitindo a información periodicamente e en tempo e forma, de acordo con procedementos establecidos.

1.7.Controlar e resolve-las incidencias, irregularidades e reclamacións que se produzan no transporte e tránsito de mercadorías ou viaxeiros e nas operacións de importación ou introducción e/ou exportación ou expedición.* Identifícanse os procedementos axeitados que deben aplica-los distintos departamentos da empresa cando se produce unha continxencia nalgún medio de transporte e/ou envío.

* Identifícanse os procedementos correctos para informa-los clientes sobre as continxencias que se poden producir durante o tránsito das mercadorías, co fin de evitarlles prexuízos e molestias e mante-lo nivel de calidade de servicio óptimo.

* A partir da información obtida e de acordo co cliente, identifícanse as repercusións das continxencias producidas, establécense responsabilidades e cuantifícanse os prexuízos ocasionados.

RealizaciónsCriterios de realización

* Cando a determinación de responsabilidades non é satisfactoria para ámbalas dúas partes, aplícanse procedementos de arbitraxe ante o organismo correspondente.
* Realízase, se é o caso, a reclamación correspondente ós responsables da avaría, en tempo e forma adecuada, a partir da información recompilada.
* Se é o caso, cúrsanselle as instruccións ó departamento correspondente de acordo con procedementos establecidos para que se proceda a efectua-la liquidación da indemnización establecida pola avaría producida, segundo a lexislación vixente.
* Se é necesario, efectúase o recurso de reposición, por desconformidade en resolución ou acta e/ou liquidación efectuada ante a alfándega, dentro dos prazos establecidos e observando a forma que esixe a normativa.
* Se procede, incóase a reclamación económico-administrativa ante o tribunal económico administrativo rexional na forma e nos prazos establecidos.

Dominio profesional

-Información, documentación (natureza, tipos e soporte):

Información económica e xurídica do sector do transporte. Publicacións específicas de transporte. Normativa de seguridade nos medios de transporte para distintos tipos de mercadorías, animais e transportes especiais. Permisos e documentación da explotación da flota. Normativa de conducción, voo, navegación e descanso. Normativa sobre seguros de medios de transporte, mercadorías e viaxeiros. Documentación correspondente ó despacho de importación/exportación, introducción/expedición e tránsito de medios de transporte e/ou mercadorías. Documentos de liquidación da débeda alfandegueira/tributaria. Lei de contrabando. Albarás de entrega de mercadorías, FCR e/ou notas de adquisición de mercadorías. Información sobre correspondentes, franquías e filiais. Información sobre liñas e tarifas.

-Medios para o tratamento de información:

Equipos (ordenadores persoais, postos de redes locais e de teleproceso). Programas (procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos e programas específicos de xestión do transporte).

-Procesos, métodos e procedementos:

Tratamento de información e documentación. Control do proceso de sinistros en operacións de transporte. Formalización dos contratos para cada envío e medio de transporte. Cálculo de custos e rendibilidade. Control de incidencias producidas no transporte de mercadorías e tránsito de viaxeiros. Procedementos administrativos para a obtención da documentación establecida legalmente para o tránsito nacional e internacional de vehículos, mercadorías e viaxeiros.

-Principais resultados do traballo:

Documentación relativa ás operacións de transporte xestionada de acordo coa normativa vixente. Seguros de vehículos, mercadorías e viaxeiros xestionados de acordo coa normativa vixente e cos criterios establecidos pola empresa. Contratación e facturación de servicios de transporte. Control administrativo das relacións con correspondentes, filiais e franquías. Control

de custos e rendibilidade. Resolución de incidencias. Información procesada do sector e a empresa. Transitarios.

-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Consellería de Innovación, Industria e Comercio, Ministerio de Transporte e Ministerio de Industria. ASTIC, IMO, FETEIA e IATA. Cámaras de comercio. Embaixadas. Consulados. Compañías de seguros. Clientes e usuarios. Persoal de tráfico. Alfándegas. Organismos que proporcionan a documentación necesaria para despacho de importación/exportación, introducción/expedición, tránsito dos medios de transporte e/ou mercadorías, certificados que acompañan a importación/exportación. Correspondentes, filiais e franquías. Transitarios. Axencias comerciais. Clientes.

2.5.2. Unidade de competencia 2: organizar, planificar e xestiona-lo tráfico/explotación nas empresas de transporte terrestre:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Organiza-lo departamento de tráfico adecuando a estructura e relacións funcionais definidas ós obxectivos e orzamentos establecidos.* Establécense os obxectivos dun período caracterizándoos adecuadamente polos indicadores necesarios, a partir dos obxectivos do departamento de tráfico establecidos polos niveis superiores.
* Establécese un sistema de información e control documentario que permita a planificación e a toma de decisións necesarias.
* Establécense as estratexias adecuadas que permiten logra-los obxectivos.
* Determínanse os servicios que se deben contratar co exterior e os controis necesarios para garanti-la correcta prestación do servicio.
* Identifícanse as relacións funcionais co departamento comercial e establécense os criterios para desenvolve-lo apoio técnico necesario a ese departamento, seguindo as instruccións de xerencia.
* A partir do organigrama establecido, establécese a distribución do traballo, asignación de funcións e directrices de funcionamento, para facer óptimo e racionaliza-lo desenvolvemento da actividade.
* Defínense os postos de traballo necesarios no departamento, caracterizándoos convenientemente pola competencia profesional requirida.
* Determínanse os recursos materiais necesarios para a execución do traballo e a consecución dos obxectivos.
* Determínase a disposición óptima en planta dos recursos materiais e humanos.

2.2.Planifica-lo servicio das liñas regulares e transportes discrecionais establecendo as previsións de tráfico e optimizando os recursos e os custos de operación segundo os obxectivos e os recursos establecidos.* Obtense a información necesaria, a través de procedementos establecidos, sobre as características e o volume do servicio contratado e os previstos nun prazo determinado.

* Identifícanse os recursos necesarios para a prestación do servicio ós recursos adicionais necesarios a partir da análise e avaliación da demanda.

* Establécense cos correspondentes, filiais e/ou franquías as rutas, itinerarios e horarios das liñas regulares e dos transportes discrecionais, de maneira que se consigan os niveis de calidade do servicio requirido, se logre unha óptima rendibilidade e se identifique e/ou estableza:
-Seguridade vial das rutas e itinerarios requiridos.
-Características técnicas, número de unidades, recursos humanos e materiais necesarios.
-Necesidades de almacenamento (propios ou arrendados).
-Características das mercadorías.
-Características dos viaxeiros.
-Tonelaxe de carga (capacidades).
-Número de viaxeiros (capacidades).
-Puntos de saída, intermedio e de destino.
-Transbordos e/ou cambios de modalidade de transporte e/ou enlaces con outros medios alleos.
-Tempo mínimo de recepción das mercadorías previo á carga, para cada medio de transporte.

RealizaciónsCriterios de realización

-Tempo mínimo de dispoñibilidade dos viaxeiros previo ó embarque, para cada medio de transporte.
-Minimización de tempos mortos e retornos de baleiro.
* Cando é necesario, organízanse adecuadamente de acordo cos correspondentes, filiais e/ou franquías os transportes especiais (de mercadorías voluminosas, perigosas e/ou perecedoiras) determinando:
-Características técnicas dos vehículos e equipos especiais necesarios.
-Especificacións legais e/ou técnicas requiridas para o persoal de tráfico empregado.
-Rutas, itinerarios e horarios, de acordo coa Administración pública competente, segundo estableza a normativa aplicable ó transporte concreto.
-Apoios na ruta necesarios e/ou establecidos legalmente por parte da Administración pública competente.
* Determínanse as modificacións na organización do tráfico precisas para diminuír tempos e custos e/ou mellora-la calidade do servicio establecendo, cando proceda, acordos con provedores, correspondentes e/ou franquías.
* Determínanse as características e o volume de recursos humanos e materiais de reserva, definíndonse acordos con empresas colaboradoras para asegura-la solución das continxencias que se produzan no tráfico e/ou facendo fronte a aumentos na demanda de servicios sobre as previsións realizadas.

2.3.Xestiona-la utilización da flota e/ou a contratación de unidades de transporte ou de espacios de carga noutros medios, asignando os recursos humanos e materiais necesarios a cada servicio, segundo a organización e planificación establecidas, de maneira que se consiga a súa máxima rendibilidade e a calidade do servicio, e se garanta o cumprimento das normas de seguridade vial.* Obtense a información precisa do departamento de mantemento, sobre a dispoñibilidade da propia flota e a súa posible utilización para o transporte previsto.

* Contrólase a situación dos vehículos que se están reparando, a súa duración, o lugar da reparación e o orzamento asignado.

* Realízanse avaliacións periódicas da vida útil da flota, tendo en conta o grao de utilización e a lexislación vixente, para controla-la súa renovación e o cumprimento da normativa.

* Obtense con suficiente antelación a información precisa do departamento comercial e/ou dos clientes, centros de distribución de cargas e empresas colaboradoras do sector sobre os transportes contratados.

* Asígnanse as cargas ás unidades de transporte regular e/ou discrecional en función das características técnicas, do horario e do percorrido, conseguindo a optimización dos recursos, evitando retornos de baleiro, a media carga e tempos mortos, e a calidade do servicio.
* Establécese, se é necesario, a ampliación necesaria do número de saídas que ten unha liña, avaliando a cantidade de carga e as súas características.
* Cando as unidades da flota propia son insuficientes para satisface-los servicios contratados ou a súa rendibilidade o require, procédese ó alugamento de medios de transporte de empresas colaboradoras nas condicións establecidas, ou á contratación doutros medios nas mellores condicións segundo a situación do mercado.
* Compróbase que o medio de transporte propio ou contratado cumpre tódolos requisitos establecidos e posúe tódalas autorizacións e equipos necesarios para a súa posta en marcha, de maneira que se garanta o cumprimento das normas de seguridade vial aplicables ó transporte de viaxeiros e mercadorías, identificando e/ou establecendo:
-Estado técnico das unidades de transporte a partir dos informes correspondentes.
-Características técnicas, cos debidos permisos (número de eixes, pesos e dimensións, contaminación, tacógrafo, etc.).
-Tarxetas para desenvolve-lo transporte (ámbito autonómico, estatal, internacional, mercadorías perigosas, transportes especiais, etc.).
-Equipos para transportes especiais, cando sexan necesarios.
* Verifícase a dispoñibilidade do persoal de tráfico asignado ás unidades de transporte regular e/ou discrecional, cubríndose, se é necesario, as vacantes cos recursos de reserva e/ou reasignando os dispoñibles.
* Compróbase que a documentación do persoal de tráfico asignado a cada unidade se axusta ó establecido pola empresa e pola lexislación vixente e se corresponde coas características do transporte contratado:
-Permiso de conducción.
-A tarxeta de mercadorías perigosas correspondente, cando proceda.

RealizaciónsCriterios de realización

-As follas do tacógrafo da semana anterior, co fin de comprobar que cumpre os requisitos vixentes relativos á seguridade dos conductores.
* Se é necesario, resérvase o espacio necesario para o transporte dos envíos, contactando coas compañías aéreas, consignatarias de buques, ferrocarrís e empresas colaboradoras do sector, identificando e/ou establecendo:
-As instruccións do responsable dos custos.
-As características das mercadorías.
-A urxencia de recepción por parte do consignatario.
-A regularidade e data prevista de saída do medio de transporte.
* Dánselle instruccións precisas ó responsable da unidade de transporte sobre as características da carga asignada, puntos e horarios de recollida, percorrido, remitentes, destinatarios, puntos e horarios de entrega, ademais de proporcionárselle a documentación correspondente e verificarse que se axusta ó establecido pola empresa e pola lexislación vixente.

2.4.Controlar que o tránsito de mercadorías e vehículos se realiza de acordo coas instruccións establecidas e coa normativa aplicable en cada caso, resolvendo as incidencias que se produzan de modo que se asegure a prestación do servicio nas condicións contratadas.* Contrólase que a documentación remitida ó correspondente, organismos de control, filial e/ou franquía se corresponde coa mercadoría cargada no medio de transporte.

* Contrólase que as instruccións cursadas ós correspondentes, filiais e/ou franquías nos borderaux, follas de ruta, etc., son as indicadas polo remitente e/ou pola empresa.

* Compróbase que a documentación de tránsito está conforme coa mercadoría cargada no medio de transporte, as rutas e as alfándegas de paso e destino:

-T1/T2/T21.
-T5.
-T2M.
-Caderno TIR.
-Caderno ATA.
-Documento administrativo de acompañamento para productos sometidos a impostos especiais.
-Guía de tránsito para productos sometidos a impostos especiais.
-Etc.
* Compróbase que se efectuaron as xestións alfandegueiras necesarias para poder expedi-lo medio de transporte.
* Contrólase que o vehículo transite polos puntos e/ou alfándegas de paso establecidos, e que cumpra os horarios previstos.
* Contrólase a chegada do medio de transporte ós almacéns das alfándegas, destinatarios, correspondentes, filiais e/ou franquías.
* Identifícanse as posibles causas das continxencias producidas, valorando a súa incidencia na calidade dos servicios prestados (demoras na entrega, deterioración e/ou perdas de mercadorías, etc.) e determinando as responsabilidades persoais e/ou organizativas para adopta-las solucións adecuadas en cada caso e informar debidamente os clientes.
* Realízanse as xestións oportunas para solucionar calquera continxencia que se producise durante o tránsito e que leve consigo a retención do vehículo, transmitíndolle correctamente, se procede, as instruccións ó departamento correspondente.
* Infórmanse os clientes (remitentes, consignatarios e/ou quen teña a potestade sobre a mercadoría), a través dos procedementos definidos, da situación das mercadorías e do prazo de entrega previsto.

2.5.Controla-la calidade do servicio prestado pola empresa, valorando as características do tráfico e liñas abertas, co fin de potencialas, analizando as necesidades de servicio dos clientes para optimiza-la súa satisfacción.* Obtense a información necesaria dos clientes a través de métodos de investigación de mercados para coñece-la satisfacción das súas necesidades coa prestación do servicio de transporte contratado.

* Analízase a estructura e as características da rede de correspondentes, as liñas e as súas limitacións, comparándose coas necesidades dos clientes para detectar posibles modificacións do servicio que se adapten ás demandas da clientela.

* Valórase se a relación calidade/prezo é a axeitada a través de procesos de recollida de información de servicios contratados pola empresa e doutros provedores, e estúdiase, se é o caso, a posibilidade de efectuar algún cambio.
* Calcúlase a tendencia da demanda dos clientes para facer previsións sobre futuras contratacións aplicando métodos estatísticos.
* Preséntanse informes, en tempo e forma axeitados, cando sexa necesario, que apoien a xerencia na toma de decisións sobre a selección de correspondentes ou franquías idóneas en cada zona.

Dominio profesional

-Información, documentación (natureza, tipos e soportes):

Información sobre a rede de correspondentes. Información sobre servicios que contrata a empresa (provedores). Información comercial. Facturas de provedores, filiais, correspondentes, franquías. Informes do departamento de tráfico. Información sobre previsións de tráficos. Información sobre recursos humanos e materiais dispoñibles na empresa. Rede de almacéns (propios ou arrendados). Información sobre características das mercadorías que se vaian transportar. Información sobre a dispoñibilidade de carga en cada momento. Información sobre rutas, itinerarios e horarios de recollida de cargas. Información sobre clientes, centros de distribución de cargas e empresas colaboradoras do sector. Documentación técnica referida ó medio de transporte e ó persoal de tráfico (autorizacións, permisos, tarxetas, follas de tacógrafo,...). Pesos máximos autorizados en cada medio de transporte. Documentación de tránsito de mercadorías (T1, T2, T2L, T5, T2M, caderno TIR, caderno ATA,...). Normas de

seguridade vial aplicables ó transporte de viaxeiros e mercadorías.

-Medios para o tratamento de información:

Equipos (ordenadores persoais, postos de rede local e de teleproceso). Programas (contornos de usuario, follas de cálculo, bases de datos, programas específicos de planificación e control de tráficos no transporte terrestre).

-Procesos, métodos e procedementos:

Programación de traballos. Asignación de tarefas. Programación de rutas, itinerario e horarios de transporte. Deseño de organigramas de funcionamento departamental. Sistemas de control documentario. Coordinación con correspondentes, filiais e/ou franquías. Control de situación de vehículos.

-Principais resultados do traballo:

Mercadoría ou viaxeiro situados no destino en tempo e forma acordados. Organización funcional do departamento.

-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Correspondentes, filiais e franquías. Persoal de tráfico. Clientes. Departamento comercial. Centros de cargas. Empresas subcontratadas. Provedores. Almacéns. Organismos de control no transporte de mercadorías. Alfándegas.

2.5.3. Unidade de competencia 3: organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento das subministracións da empresa e das mercadorías de clientes:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Organiza-lo espacio físico e o funcionamento do almacén tendo en conta a eficiencia no sistema de distribución interna e a normativa de seguridade e hixiene.* Identifícanse os parámetros que hai que ter en conta para a organización dos procesos de almacenamento, estructura de espacios e condicións do almacén.

* Estructúranse as zonas do almacén, determinando o seu acondicionamento de acordo con criterios establecidos, características dos productos/materiais e normativa de seguridade e hixiene e valorando o espacio, mobilidade de manipulación e distribución interna e tempo.

* Determínase o procedemento de distribución, manipulación e movemento dos productos no almacén, de acordo con criterios e métodos establecidos pola organización, conseguindo a optimización do espacio e do tempo de operación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Distribúese o persoal ó seu cargo entre as diferentes seccións, asignando tarefas e definindo directrices xenéricas de funcionamento interno, de maneira que se optimice o desenvolvemento da actividade.
* Establécese un sistema de control documentario do almacén para obte-la información do desenvolvemento e o nivel do sistema de distribución.
* Determínanse a maquinaria e as ferramentas utilizadas nas operacións de almacenamento en función da reducción que supoñen no tempo de manipulación e distribución e das características do almacén e das mercadorías ou materiais, tendo en conta o orzamento establecido.
* Establécense medidas de organización do almacén para colocar correctamente devolucións de mercadorías de clientes, durante o período necesario, facilitando o normal funcionamento do almacén.
* Trátase informaticamente a información sobre as devolucións de mercadorías en tránsito, facilitando as operacións de xestión e mantendo actualizadas en todo momento as bases de datos.
* Identifícanse as innovacións tecnolóxicas existentes no mercado asociadas ó manexo de productos ou materiais, propondo posibles cambios e investimentos que hai que realizar para que aumenten a productividade.
* Organízase o proceso de tratamento da información utilizando os métodos informáticos apropiados para facilita-lo acceso á información e optimiza-lo funcionamento do almacén.

3.2.Xestiona-las existencias no almacén das subministracións utilizadas pola empresa, asegurando o seu aprovisionamento para evitar roturas de stocks e aplicando as normas de seguridade e hixiene, segundo os criterios establecidos pola empresa e a lexislación vixente.* Realízase un inventario valorado, manual ou informaticamente, presentándoo na forma e os prazos establecidos.

* Obtense o valor correcto da rutación de subministracións, identificando os parámetros que interveñen no seu cálculo.

* Establécense procedementos para distribuí-las subministracións entre os distintos departamentos da empresa de maneira que se poida verificar cada entrega, controlando o tipo e cantidade de subministración, data, departamento e documentación interna segundo os criterios establecidos.

* Establécense previsións de existencias en almacén para evitar roturas de stock.
* Obtense o valor do stock óptimo e mínimo que determina as marxes de circulación das existencias no almacén.
* Cando as existencias de subministracións se aproximan ó stock mínimo establecido, danse instruccións para realiza-los pedidos necesarios con suficiente antelación para asegura-lo aprovisionamento en función do nivel de stock óptimo determinado.
* Contrólase que o nivel de existencias de subministracións en cada momento no almacén estea de acordo cos niveis determinados, utilizando os métodos establecidos.

3.3.Organizar e controla-la recepción das mercadorías de clientes e a súa distribución no almacén, previa á carga, asegurando a súa protección física e optimizando o uso de espacios e os tempos de manipulación e distribución.* Contrólase a recepción das mercadorías de clientes, verificando que cada partida e a súa documentación correspondente se axustan ás condicións contratadas e reflectindo no documento axeitado, se procede, as incidencias que presenten.

* Danse instruccións sobre a descarga de mercadorías e o control da súa realización, determinando a forma de manipulalas, os medios axeitados ás súas características e a colocación concreta no almacén, de modo que se asegure a súa protección física e se optimice o tempo da operación, a operación de carga posterior e a utilización do espacio do almacén.

* Contrólase a estiba da mercadoría na zona do almacén prevista, tendo en conta as súas características, o seu destino e a data determinada de envío.
* Contrólase a aplicación das normas de seguridade e hixiene establecidas pola organización e pola lexislación vixente para a manipulación e o almacenamento das mercadorías en tránsito.
* Establécense, de acordo cos departamentos correspondentes, as características técnicas do envase e da embalaxe, valorando:
-Características do producto.
-Condicións técnicas do transporte.
-Operacións de manipulación que se poden producir durante o transporte e/ou o tránsito.
-Normas establecidas no país de expedición, tránsito e/ou recepción das mercadorías.
* Identifícase a normativa vixente sobre sinalización, rotulación e características da embalaxe, de acordo coas peculiaridades das mercadorías que se van transportar:

RealizaciónsCriterios de realización

-Perigosas.
-Perecedoiras.
-Fráxiles.
-Animais vivos.
-Etc.
* Verifícase que as embalaxes utilizadas en cada expedición son as máis axeitadas dependendo das características da mercadoría e do medio ou medios de transporte, de modo que se garanta a súa protección física.
* Compróbase a correcta rotulación dos vultos e a súa correspondencia co albará de entrega e/ou recepción, para facilitar:
-Identificación do cargador do consignatario.
-Instruccións de manipulación, carga, descarga e almacenamento.
-Características xerais das mercadorías.
* Se é o caso, contrólase a correcta colocación nos vultos das etiquetas que establecen as compañías aéreas e/ou calquera outra información necesaria.

3.4.Organizar e controla-las operacións de expedición das cargas nos medios de transporte establecidos, asegurando que a forma e os prazos de distribución e entrega cumpren as condicións contratadas.* Danse instruccións con suficiente antelación sobre a carga de mercadorías, de maneira que se controle a súa realización, determinando a súa localización no almacén, as partidas concretas, a forma e os medios de manipulación, a unidade de transporte e o destino, de modo que se garanta a súa protección física e as datas de expedición, segundo as instruccións recibidas.
* Contrólase que a expedición de mercadorías se efectúe dentro dos horarios e rutas previstas, segundo os servicios contratados.
* Contrólase que o acondicionamento da carga se realice co mellor aproveitamento do medio de transporte, valorando previamente:
-A estiba e a ancoraxe da mercadoría para protexela durante o seu transporte.
-A posibilidade de amoreamento da mercadoría.
-A seguridade vial durante a viaxe.
-Posible toma de mostras e inspeccións dos organismos de control ou outras.
-Volume da mercadoría.
-Pesos máximos autorizados.
* Contrólase a consolidación e/ou desconsolidación dos contedores e, se procede, o transbordo das mercadorías e o seu estado.
* Contrólase que a documentación correspondente á expedición das mercadorías se axusta ó establecido pola empresa e pola lexislación vixente.
* Efectúanse as reservas ou obxeccións pertinentes sobre as incidencias que se produciran ou apareceran nas operacións de carga e descarga das mercadorías, notificándoas ó departamento correspondente.
* Infórmase o departamento de tráfico da súa situación e de se se produciron incidencias.
* Contrólase a aplicación das normas de seguridade e hixiene establecidas pola empresa e/ou pola lexislación vixente, nas operacións de carga e expedición de mercadorías.

Dominio profesional

-Información e documentación (natureza, tipos, soportes):

Información técnica do producto. Información sobre sistemas de manipulación de cargas existentes no mercado. Inventarios de mercadorías, lista de ocos de almacén, facturas, lista ABC de mercadorías, ordes de pedidos, albará de entrada e de saída. Normativa de seguridade e hixiene. Normativa sobre envases e embalaxes de mercadorías. Normativa sobre sinalización-rotulación de embalaxes. Fichas de almacén. Cargas contratadas.

-Medios para o tratamento da información:

Equipos (ordenadores persoais, postos de rede local e de teleproceso). Programas (contornos de usuario, programas de organización e xestión de almacéns).

-Procesos, métodos e procedementos:

Proceso de control do almacenamento das mercadorías nas distintas fases de recepción, colocación e expedición. Métodos de valoración de existencias e cálculo de stock óptimo e mínimo. Procesos informáticos de tratamento da información. Control de estiba de mercadorías. Control de acondicionamento e manipulación de cargas. Control de consolidación e desconsolidación de contedores.

-Principais resultados do traballo:

Mercadorías almacenadas de acordo coas súas características técnicas e natureza, e en lugar axeitado segundo a normativa de seguridade e hixiene. Mercadoría distribuída en forma e prazos establecidos. Inventarios valorados de subministracións.

-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Xefes de almacén. Xefe de loxística. Departamento de compras. Departamento de tráfico. Departamento comercial. Clientes. Provedores.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-la comercialización dos distintos servicios de transporte de mercadorías e viaxeiros:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realizar estudios comerciais que detecten oportunidades de ampliación e mellora do servicio de transporte, de acordo con criterios e obxectivos establecidos pola organización.* Identifícanse as variables económicas e comerciais que afectan os obxectivos do estudio comercial.

* Identifícanse e selecciónanse as fontes de información máis fiables que proporcionan datos representativos do obxecto de estudio.

* Selecciónanse aquelas técnicas de recollida de información das fontes que dentro do orzamento asignado proporcionan as maiores vantaxes e a información máis fiable e representativa.

* Organízase a correcta recollida de datos das fontes primarias, definindo a mostra representativa do universo que hai que estudiar, seleccionando os enquisadores idóneos e transmitíndolles a eles as pautas de actuación, a través de procedementos establecidos.
* Avalíase o tempo necesario e o custo económico da obtención dos datos para coñecer se o desenvolvemento do traballo está dentro das marxes establecidas.
* Contrólase a correcta recollida de datos, verificando que se desenvolve dentro do contexto establecido e dos prazos fixados.
* Aplícanse, utilizando medios convencionais ou informáticos, os estatísticos necesarios para interpreta-la información recollida e extraer conclusións.
* Preséntanse as conclusións obtidas de forma estructurada, ordenada, homoxénea e que supoña unha fácil interpretación, a través dun informe.

4.2.Informar e asesorar adecuadamente o cliente sobre os servicios de transporte ofertados pola empresa, atendendo ás súas necesidades e recursos, de acordo cos plans de actuación e os obxectivos comerciais establecidos.* Identifícanse as necesidades do cliente sobre o servicio de transporte de mercadorías e/ou viaxeiros para axusta-la súa demanda ó servicio que lle pode presta-la empresa.

* Rexístranse, no soporte predeterminado pola empresa, os datos do solicitante que se consideran de interese e a súa petición de información, confeccionando desta maneira unha base estatística que sirva para actuacións futuras na satisfacción das necesidades dos clientes.

* Utilízanse de forma eficiente os soportes informáticos e os medios de comunicación que permiten acceder a toda a información necesaria.
* Calcúlanse e determínanse correctamente as tarifas e os prezos do servicio de transporte adecuado á demanda específica do cliente, comparando e considerando as características dos distintos servicios de transporte.
* Infórmase o cliente das dispoñibilidades existentes, aconsellándolle o servicio de transporte que mellor satisfai as súas necesidades e explicando con claridade as vantaxes e os inconvenientes da operación de transporte.

RealizaciónsCriterios de realización

* Utilízanse con naturalidade e eficacia técnicas de comunicación e de venda, prestando un servicio de calidade co fin de consegui-la satisfacción do cliente e xera-la súa confianza.
* Efectúase un seguimento do cliente encamiñado a logra-la venda do servicio.

4.3.Elaborar e organiza-lo plan de acción na operación de venda do servicio, de acordo cos obxectivos da organización.* Defínense e estructúranse tódolos parámetros que se consideran relevantes para a consecución dos obxectivos que afectan nalgunha medida as vendas, establecéndose as liñas de acción axeitadas para configura-lo plan.
* O plan de acción é flexible no grao que permita introducir cambios para mellora-la actuación.
* Organízanse e prográmanse rutas ou visitas propias e, se é o caso, do equipo de vendas, con criterios de eliminación de tempos mortos e optimización de recursos.
* Transmíteselles ós vendedores, a través de procedementos adecuados, o plan de acción, explicando claramente os obxectivos xerais e os específicos de cada vendedor.
* Detéctanse puntos de perfeccionamento nas actuacións do equipo de vendas para determina-las liñas base sobre as que se debe defini-lo plan de formación.
* Determínanse os coñecementos e as actitudes que se deben ensinar, relacionándoos coas técnicas de venda e a súa aplicación ós productos da empresa.
* Selecciónase o lugar onde se debe imparti-la formación en función do número de asistentes, valorando o acondicionamento do espacio cos medios materiais necesarios para imparti-lo plan formativo previamente definido.

4.4.Programar e/ou imparti-la formación e o perfeccionamento do equipo de vendas de acordo con especificacións recibidas.* Selecciónase o material didáctico idóneo que se utilizará no desenvolvemento da formación, en función das actividades que se van realizar e do orzamento establecido.

* Detéctanse puntos de perfeccionamento nas actuacións do equipo de vendas para determina-las liñas base sobre as que se debe defini-lo plan de formación.

* Determínanse os coñecementos e as actitudes que se deben ensinar, relacionándoos coas técnicas de venda e a súa aplicación ós productos da empresa.
* Selecciónase o lugar onde se debe imparti-la formación en función do número de asistentes, valorando o acondicionamento do espacio cos medios materiais necesarios para imparti-lo plan formativo previamente definido.
* Deséñase un soporte que permita a recollida da información sobre a valoración do aproveitamento da formación recibida polos vendedores.
* Establécense periodicamente programas de motivación para o equipo de vendedores que impulsen a acción de vendas.
* Determínase o método de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función das características do equipo e dos obxectivos establecidos.
* A formación desenvólvese en función dos obxectivos establecidos, aplicando os métodos adecuados previamente definidos e dentro do tempo e forma acordados.

4.5.Intervir no proceso de negociación da venda, pechando aspectos da operación que requiren decisións, de acordo coa responsabilidade asignada, para chegar a establecer unha relación comercial nas mellores condicións, aplicando as técnicas de negociación adecuadas.* Realízanse xestións de precontacto para sonda-la capacidade de solvencia do cliente potencial e obte-la información necesaria para o desenvolvemento óptimo do proceso de negociación.

* Planifícase previamente, cando proceda, a presentación do servicio e negociación da venda, de maneira que se cubran tódolos puntos importantes, se gañe tempo, se controle a entrevista, se evite a ambigüidade e se determine o momento do peche.

* Téñense en conta a amabilidade, o aspecto persoal e a corrección para transmiti-la mellor imaxe da empresa e xerar un contorno de empatía.
* Naquelas situacións ou operacións que requiren a súa intervención na negociación das condicións que regularán a prestación do servicio (prezo, medio, seguros, documentación, tempo, cantidade e outros), a comunicación é bidireccional, aplicándose as técnicas axeitadas ó tipo de cliente e situación comercial.
* Resólvense satisfactoriamente as dúbidas, confusións e obxeccións que xurdiron no cliente no desenvolvemento das negociacións promovendo as relacións futuras.

RealizaciónsCriterios de realización

4.6.Organiza-la campaña publicitaria de acordo cos obxectivos definidos, controlando a eficacia da acción desenvolvida.* Identifícanse os obxectivos da campaña publicitaria para a organización axeitada da actividade.

* A organización do plan está perfectamente estructurada e programada e as actuacións están axustadas en tempo e forma ós plans establecidos.

* Contrólase a correcta aparición, coa frecuencia e o tempo contratados, dos elementos publicitarios nos distintos medios.
* Deséñanse, se é o caso, diferentes tests e enquisas baseados no recordo da publicidade (test de asociación de ideas entre un producto e unha ou varias marcas, test de asociación de ideas entre un tipo de producto e un tema publicitario, test de identificación da marca e outros) para recolle-la información necesaria e avalia-la eficacia da acción publicitaria.
* Dánselles instruccións ós enquisadores sobre procedementos e poboación obxectivo que faciliten o desenvolvemento do traballo de campo, cando é necesario.
* Obtéñense no momento axeitado as desviacións, comparando os logros cos obxectivos perseguidos pola acción publicitaria en relación principalmente ó público obxectivo e ó volume de vendas, para adoptar medidas eficaces de corrección.
* Adóptanse solucións, de acordo coa responsabilidade asignada, cando se detecta calquera anomalía na execución da campaña publicitaria.
* Obtense información sobre a rendibilidade que supuxo a execución da campaña a través do cálculo das ratios adecuadas (custo/número de unidades vendidas...).
* Preséntase en tempo e forma a valoración da acción publicitaria para adoptar, cando proceda, medidas correctoras.

4.7.Controla-lo desenvolvemento e a evolución das actuacións do equipo de vendas, para optimiza-la actividade e logra-los obxectivos previstos.* Organízase o proceso de control do desenvolvemento da actuación do equipo de venda, definindo métodos para detectar rapidamente calquera anomalía.

* Verifícase o correcto cumprimento dos termos do contrato de prestación do servicio.

* Valórase en termos de custos a incidencia na prestación do servicio, analizándose as medidas que solucionen a situación favorablemente.
* Contáctase, se é necesario, co cliente, expóndolle a anomalía e negociando condicións que satisfagan a ámbalas dúas partes.
* Obtense información periódica sobre a eficacia do vendedor respecto ós obxectivos previstos en función das vendas e o tipo de canle de distribución, a través dos procedementos establecidos.
* Detéctanse no momento axeitado problemas, oportunidades e puntos fortes e débiles a partir da análise dos informes presentados periodicamente polos vendedores.
* Realízase un balance cuantitativo e cualitativo da actividade da venda, comparando correctamente as realizacións e previsións e propondo accións correctoras cando as desviacións non están dentro da marxe aceptable.
* Obtense periodicamente información precisa sobre a situación e rendibilidade das vendas a través do cálculo de ratios específicas (obxectivos/realización, número de pedidos/número de visitas, vendas por producto/zona/cliente, gastos/vendas) para adoptar, se é o caso, medidas correctoras.
* Detéctase se o problema da desviación ten a súa orixe no plan de mercadotecnia ou no equipo de vendas, a través de procedementos establecidos.
* Resólvese a reclamación cando supera a responsabilidade do equipo de vendas, sempre co consentimento e conformidade do cliente, tendo en conta a política establecida pola empresa e a satisfacción de ámbalas dúas partes.

Dominio profesional

-Información e documentación (natureza, tipos e soportes):

Estudios de mercado sobre o sector de transporte de mercadorías e viaxeiros, tarifas, actuacións da competencia. Plan de mercadotecnia. Lista ABC de venda. Rapport de visitas. Fichas de clientes. Información técnica e de uso do servicio de transporte

que se comercializa. Queixas e/ou reclamacións de clientes. Novas tecnoloxías que xorden relacionadas co servicio de transporte que se vaia comercializar. Escala de servicios. Informes do persoal comercial. Información sobre accións publicitarias e promocionais propias e da competencia. Accións de mercadotecnia históricas. Argumentarios de venda.

-Medios para o tratamento de información:

Equipos (ordenadores persoais, postos de rede local e de teleproceso). Programas (contornos de usuario, programas de estatística, procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, programas de edición).

-Procesos, métodos, procedementos:

Identificación de necesidades dos clientes. Negociación de condicións de venda. Sistematización e procesamento da información. Motivación e formación aplicados ó equipo de vendas. Control da comercialización do servicio.

-Principais resultados do traballo:

Comercialización do servicio de transporte de mercadorías e viaxeiros. Organización e control das actuacións do equipo de vendas en empresas de transporte. Estudios comerciais.

-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Persoal administrativo. Director comercial. Persoal comercial. Departamento de mercadotecnia. Almacén. Clientes (empresas industriais e comerciais, axencias de viaxes).

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

As innovacións tecnolóxicas con maiores posibilidades de expandirse son as relacionadas coa xestión, o acceso á información e as vinculadas directamente á seguridade de persoas, medios e mercadorías.

En relación coa futura configuración desde a perspectiva microeconómica, espérase un proceso de concentración que diminuirá a atomización empresarial a través da asociación de pequenas empresas.

O crecemento económico leva consigo un maior número de transaccións tanto internas como internacionais e, por conseguinte, unha elevación dos tráficos, o que se traduce nun aumento da demanda dentro do sector transportes. Neste contexto está prevista a expansión de cadeas de loxística, para aprovisionamento, comercialización e distribución, o que suporá o desenvolvemento dos servicios EDI (intercambio electrónico de datos).

A liberalización que supón a entrada en vigor de gran parte da normativa que afecta o transporte en calquera das súas modalidades, conducirá a unha nova configuración do sector en Europa, o que propiciará a liberalización de prezos nos voos comer

ciais e o incremento dos intercambios de mercadorías e viaxeiros e as variacións nas estructuras dos centros de almacenamento e distribución de cargas.

A adaptación á política europea de ambiente provocará fortes investimentos encamiñados tanto á renovación do parque de vehículos como á dos distintos materiais, elementos ou pezas asociados a eles.

Preséntase como bastante probable a creación a nivel europeo de centros de transporte e centros integrados de mercadorías.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

O transporte require a xestión dunha serie de documentos complexos como solicitudes de reserva, aviso de despacho, certificado de orixe, notificación de embarque, declaración de alfándegas, certificado de seguro, etc., trámites que se se realizan a través do EDI (intercambio electrónico de datos) e doutros sistemas electrónicos permitirán a optimización das accións neste sentido e requirirán as conseguintes adaptacións profesionais.

Prevese a desaparición de gran parte das axencias de alfándegas, das que unha porcentaxe non moi elevada se converterá en empresas dedicadas á loxística.

Prevese unha maior atención ás actividades comerciais nas empresas do transporte, dado o progresivo incremento da competencia existente entre elas.

Na modalidade de transporte terrestre, preséntanse actividades emerxentes dos responsables de tráfico e estación, na realización de actuacións de control, organización e seguridade do servicio.

2.6.3. Cambios na formación:

A loxística é unha función clave na vida das empresas. A evolución e os profundos cambios xurdidos na loxística de materiais, tales como novas técnicas de planificación integrada, sistemas para xestión de almacéns, planificación e control de flotas de transporte e a comunicación e transmisión de datos (EDI), requiren formar especificamente mandos intermedios na xestión e organización de recursos humanos e materiais dispoñibles no proceso de transporte e distribución comercial.

Requírese un incremento da formación destinada á adquisición de capacidades para interpreta-lo contido da normativa que regula as políticas de transporte estatais e comunitarias e que producirá repercusións posteriores á xestión.

En relación co previsto incremento do transporte multimodal, prevese un desenvolvemento formativo nesta liña.

Os cambios tecnolóxicos inspirarán a formación nos aspectos informáticos e de seguridade relacionados co sector do transporte.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade no sector do transporte nas áreas de planificación, administración e comercialización do servicio.

Os subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Transporte de viaxeiros e mercadorías: terrestre, marítimo, aéreo e multimodal nas actividades de administración e comercialización terrestre e na de planificación.

* Actividades auxiliares do transporte: axencias de viaxe, axencias de transporte, transitarios e almacenistas-distribuidores.

* Industriais e comerciais: exercendo as actividades complementarias de xestión do transporte.

As súas funcións no posto de traballo están afectadas considerablemente pola informatización das tarefas administrativas e de xestión.

As súas funcións están ligadas a cambios tecnolóxicos nos medios e control da información de transporte e modificacións regulamentarias que afectan a súa actividade.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións de organización e planificación do servicio e nas operacións de administración e comercialización.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos pertencen ó ámbito do comercio, administración e xestión, no sector servicios do transporte, e están ligadas directamente a:

* Procesos de xestión administrativa do transporte (elaboración de documentos específicos do transporte relacionados co tráfico, tránsito internacional e interior de mercadorías e viaxeiros). Obtención de información do sector, aplicando métodos de recollida e tratamento de información. Interpretación da normativa que regula o sector transportes.

* Procesos de atención-negociación (técnicas de comunicación e negociación). Elaboración de plans de negociación e resolución de reclamacións de clientes.

* Procesos de planificación e control das operacións terrestres (medios e recursos humanos de transporte). Redes e seguridade vial. Equipos e instalacións para o transporte. Técnicas de programación de actividades.

* Organización do traballo (estructura do sector e das empresas). Proceso de prestación do servicio. Función do departamento de explotación. Métodos de traballo e estudio de tempos aplicables ó transporte. Métodos de descrición de postos de traballo. Infraestructura do transporte.

* Procesos de comercialización (organización e control de accións publi-promocionais). Organización da forza de vendas. Control de resultados do equipo de vendas. Técnicas de mercadotecnia.

* Proceso de loxística comercial (organización de almacéns). Xestión de existencias. Sistemas de distribución nacional e interior de mercadorías.

* Procesos de tratamento da información (programas integrados de xestión comercial e específicos de xestión de almacéns). Tratamento de textos. Follas de cálculo. Bases de datos estatísticos.

* Normativa de seguridade e hixiene (distribución de zonas no almacén). Colocación de mercadorías no almacén. Xestión dos medios de transporte.

* Control de calidade do servicio (satisfacción do cliente nas súas demandas de servicios de transporte). Métodos estatísticos de valoración do nivel de servicio prestado ós clientes.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e os postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Xefe de tráfico ou xefe de circulación.

* Transitario.

* Axente comercial.

* Consignatario marítimo.

* Xefe de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e/ou multimodal.

* Xefe de almacén, inspector (transporte de viaxeiros por estrada).

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Interpreta-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade do transporte, tendo en conta os aspectos que son competencia da Xunta de Galicia.

* Analiza-la infraestructura do transporte en Galicia, e distingui-los medios utilizados nas relacións comerciais, valorando a súa importancia relativa.

* Aplica-la normativa que regula o transporte nacional e internacional de mercadorías e viaxeiros relativa á explotación do servicio, á xestión administrativa, á seguridade e á hixiene.

* Organizar recursos humanos e materiais asociados á explotación do servicio do transporte, asignando tarefas, horarios e rutas, coordinando as actividades do persoal cos distintos centros de carga e axencias de xestión da explotación, e aplicando no proceso a normativa vixente en transporte terrestre.

* Identificar e vincula-la normativa nacional e internacional cos procesos de transporte de mercadorías e viaxeiros nas súas modalidades terrestre, aéreo, marítimo e multimodal.

* Identifica-las fontes de información, defini-los procedementos para a súa recollida, analizala e obter

conclusións para a realización de estudios aplicables á comercialización de servicios de transportes.

* Aplicar técnicas de negociación de acordo coa normativa vixente e o contorno empresarial na venda de servicios de transporte.

* Utiliza-las técnicas de comunicación adecuadas ó tipo de cliente e á situación comercial, na preparación e o desenvolvemento de relacións comerciais, con calidade total.

* Identificar e cubri-la documentación esixida oficialmente para a xestión administrativa das operacións de transporte nacional e internacional, realizando os trámites oficiais oportunos e controlando o cumprimento das condicións.

* Analiza-los distintos procedementos de loxística comercial nacional e internacional, no seus aspectos de almacenaxe, distribución, control da manipulación e distribución interna de productos, xestionando as existencias, entradas e saídas de acordo con criterios establecidos.

* Expresarse de xeito correcto no idioma requirido, en relacións comerciais con clientes e/ou provedores internacionais, e interpretar información en lingua estranxeira relativa ó sector do transporte.

* Operar con programas informáticos que faciliten a realización de tarefas de xestión e administración das operacións de transporte e a organización da explotación da flota de vehículos en transporte terrestre, e fagan óptimo o tratamento da información orixinada no desenvolvemento da actividade comercial.

* Prepararse para a inserción no mundo do traballo, tomando contacto cos mecanismos de inserción laboral e coñecendo o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permita o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibilite a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Aplica-las técnicas de calidade total en tódalas operacións relacionadas coa prestación do servicio de transporte.

* Analiza-las diferentes pólizas de seguro, identificando os aspectos máis relevantes na selección do seguro de medios de transporte e cargas.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: xestión administrativa do transporte:

Asociado á unidade de competencia 1: realiza-la xestión administrativa nas operacións de transporte.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e analiza-la normativa que regula a utilización dos medios de transporte e a contratación de cargas nas súas modalidades.

* Precisa-los permisos para a circulación de medios de transporte terrestre e marítimo esixidos ó persoal de tráfico, e describi-los procedementos administrativos para realiza-la súa xestión.

* Observa-los prazos de revisión e inspección previstos pola normativa vixente co fin de manter vixentes os permisos e a documentación.

* Analiza-las variables que determinan o seguro dos medios de transporte e as actuacións derivadas da súa aplicación.

* Identifica-las necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afecten o sector.

* Identifica-las fontes de información relacionadas co sector e establecer procedementos para a obtención, o arquivo e a actualización da información.

* Confeccionar un sistema de arquivo baseado en métodos convencionais ou informáticos.

* Elaborar correctamente a documentación comercial precisa, como os avisos de recepción e/ou a entrega dos productos.

* Facturarlles ós clientes os servicios prestados no prazo establecido, de acordo coas condicións contratadas e coa normativa vixente.

* Formaliza-lo correspondente contrato para cada envío ou medio de transporte segundo a lexislación vixente.

* Analiza-las variables que determinan os custos de explotación en empresas de transporte e aplicar métodos de cálculo.

* Calcula-lo valor correcto dos custos de envío ou viaxe valorando tódolos parámetros que interveñen no proceso de transporte e a rendibilidade dunha operación.

* Xestionar e controla-las relacións de carácter administrativo cos correspondentes, filiais e/ou franquía no tempo e forma establecidos.

* Controla-las incidencias e os sinistros producidos no transporte de mercadorías e transporte de viaxeiros.

* Transmiti-la información periodicamente en tempo e forma a través do procedemento establecido para a toma de decisións.

* Aplicar técnicas de calidade total nas operacións de administración e xestión de transporte.

* Identifica-los tributos que gravan os servicios de transporte nas súas modalidades e os tipos impositivos en cada caso.

* Utilizar adecuadamente aplicacións informáticas para a organización da información e para a formalización da documentación relativa á xestión administrativa do transporte.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Obtención e formalización da documentación:

* Identificación e interpretación da normativa que regula a documentación para a xestión administrativa nas operacións de transporte.

* Identificación dos modelos documentais asociados á utilización de medios de transporte, mercadorías perigosas e permisos.

* Identificación dos organismos que interveñen na xestión administrativa do transporte e da documentación ou certificación que expiden.

* Identificación dos requisitos de solicitude para obte-la documentación e para a formulación de peticións.

* Análise do contido da documentación que se cubra.

* Formalización da documentación, realizando a busca de datos e os cálculos necesarios, de acordo coa normativa vixente.

Procedemento administrativo relativo á contratación e facturación de cargas:

* Identificación da documentación xerada pola contratación de cargas en empresas de transporte.

* Selección xustificada da modalidade de contrato axeitada.

* Formalización do modelo de contrato correspondente.

* Verificación da documentación que debe acompaña-la carga.

* Realización da facturación correspondente.

Verificación do proceso administrativo das operacións de transporte:

* Comprobación das fases que se van aplicar nos procedementos administrativos.

* Identificación da normativa e documentación propia da operación.

* Comparación dos datos cubertos e da información de orixe.

* Comprobación de datos e cálculos para detectar posibles erros.

* Corrección de datos e resultados.

Cálculo de custos e rendibilidade:

* Cálculo dos custos fixos imputables a unha liña de transporte, aplicando os coeficientes axeitados.

* Cálculo dos custos totais dunha liña de transporte correspondente a un período.

* Cálculo dos custos por unidade de servicio.

* Cálculo do límite de rendibilidade.

* Cálculo da prima de seguro.

* Aplicación de tarifas.

Determinación e control do seguro dos medios de transporte:

* Determinación.

-Identificación das normas que regulan o seguro dos medios de transporte terrestre, marítimo e aéreo.

-Identificación dos tipos de póliza máis utilizados no seguro dos medios de transporte e identificación da cobertura de riscos de cada un deles.

-Análise das variables máis axeitadas para a selección dun seguro de medios de transporte terrestre.

-Selección da cobertura de riscos máis axeitada para un medio de transporte terrestre cunhas características determinadas.

-Verificación da prima correspondente.

* Control.

-Identificación dos riscos.

-Identificación das necesidades e fontes de información xurídica.

-Análise das cláusulas do contrato e as condicións particulares.

-Identificación dos dereitos e deberes das partes.

-Análise das garantías e as súas condicións de aplicación.

-Posta en marcha dos procedementos previstos en caso do sinistro.

Proceso de declaración e liquidación fiscal:

* Análise das obrigas fiscais que afecten o suxeito pasivo.

* Identificación do calendario e das obrigas que hai que cumprir.

* Determinación dos datos e da información requirida.

* Obtención da información e/ou dos documentos necesarios.

* Cuantificación e valoración dos datos segundo o requirido nos impresos.

* Cálculo dos tributos.

* Formalización de impresos por medios convencionais e/ou informáticos.

* Rexistro e tramitación da documentación.

Tratamento da información:

* Elección da técnica de arquivo para organiza-la información e documentación que se xera na actividade de transporte.

* Identificación das fontes de información e subministración de datos relevantes na xestión da empresa de transporte.

* Utilización de programas informáticos axeitados.

* Elaboración de informes comerciais.

Contidos conceptuais

O sector do transporte:

* Contorno e estructura do sector.

* Indicadores macroeconómicos e microeconómicos do sector.

* Clases de transporte: viaxeiros e mercadorías.

* Actividades auxiliares: axencias, almacéns-distribuidores e transitarios.

* Organismos que regulan a actividade do transporte.

* Organizacións e federacións de empresas de transporte.

Elementos de dereito mercantil:

* O transportista como empresario mercantil.

-Empresario individual.

-Sociedades. Tipoloxía.

Lexislación reguladora da actividade no sector do transporte nas súas modalidades:

* Marco legal do transporte terrestre en España:

-A Lei de ordenación do transporte terrestre (LOTT).

-Regulacións da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de transporte.

-Convenios e regulamentos do transporte por estrada e ferrocarril.

* Aspectos xurídicos internacionais do transporte multimodal:

-O Convenio de Xenebra.

-Coñecemento de embarque da FIATA.

-Normativas e regulacións da Unión Europea.

* Principais leis e convencións que regulan o transporte aéreo.

-Convenio de Varsovia, Protocolo da Haia no ámbito internacional. LNAE no español.

-Organizacións que interveñen no transporte aéreo.

* Convenios e principais disposicións que regulan o tráfico marítimo.

-Regras de Hamburgo e A Haia, no ámbito internacional. LNME-CC no marítimo español.

-Normativa internacional.

Normativa fiscal aplicable ó inmobilizado no sector do transporte:

* Normas de valoración do inmobilizado.

* Normas para a amortización do inmobilizado das empresas de transporte.

* Normas sobre provisións para grandes reparacións no sector marítimo e aéreo.

* Efectos das normas fiscais sobre provisións e amortizacións no resultado da empresa.

* O IVE e o inmobilizado.

-Concepto e réximes.

-Tratamento do IVE na compravenda do inmobilizado.

* O leasing como forma de financiamento do inmobilizado.

A contratación de servicios de transporte:

* O contrato de transporte: regulación legal.

* Perfección e formalización do contrato de transporte.

* A proba no contrato de transporte.

* Execución do contrato.

* A responsabilidade do transportista.

* Tipoloxía e marco xurídico:

-Contrato CMR (transporte internacional de mercadorías por estrada).

-Declaracións de porte (estrada estatal) CC.

-Coñecemento de embarque marítimo internacional e nacional (Bill of Lading: BL).

-Coñecemento aéreo internacional e nacional (Air Way Bill AWB).

-Carta de porte internacional (ferrocarril internacional), aplicando as regras CIM.

-Carta de porte nacional CC (ferrocarril estatal).

O seguro nos medios de transporte:

* Noción elemental de seguro e elementos fundamentais.

* O contrato de seguro.

-Concepto.

-Elementos persoais.

-Documentos do contrato: tipos de póliza e outros documentos.

-Duración, prescrición e renovación.

-Obrigas das partes.

-A prima de seguro.

-Riscos asegurables e non asegurables.

-Indemnización.

* O seguro de transportes terrestres.

* Declaración de accidentes, atestado e probas.

Facturación de servicios de transporte. Tarifas:

* Concepto e normativa aplicable.

* Sistemas de tarifación nas distintas modalidades de transporte.

* Dereitos do transportista en caso de non pagamento.

* Descontos e bonificacións.

* IVE aplicable ós servicios de transporte.

* Tarifas de referencia.

Análise de custos de explotación nas empresas de transporte. Métodos e procedementos:

* Métodos básicos.

* Introducción á contabilidade analítica.

-Centros de custos en empresas de transporte.

-Gastos de explotación segundo a natureza.

-Custos fixos e variables.

-Custos directos e indirectos.

-O método do custo directo.

-Amortización técnica dos medios de transporte.

-Análise dos resultados analíticos: aplicacións de xestión.

Contidos actitudinais

* Respecto pola normativa que regula os diferentes tipos de transporte.

* Cumprimento das instruccións no tempo previsto.

* Rigor na aplicación da linguaxe técnica asociada ó módulo.

* Aceptación da necesidade de autoaprendizaxe constante e formación continua.

* Colaboración cos compañeiros no desenvolvemento das actividades conxuntas.

* Hábito de verifica-la correcta formalización de documentos de acordo coa lexislación vixente.

* Realización do traballo dunha forma autónoma e responsable.

* Interese pola resolución áxil das continxencias e dos sinistros que xurdan durante o transporte de mercadorías e viaxeiros.

3.2.2. Módulo profesional 2: xestión administrativa do comercio internacional:

Asociado á unidade de competencia 1: realiza-la xestión administrativa nas operacións de transporte.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e interpreta-las normas e os procedementos xerais para aplica-las medidas alfandegueiras arancelarias nos intercambios de mercadorías entre a Comunidade e terceiros países.

* Describir e identifica-las barreiras existentes no comercio internacional e explica-los efectos que poden producir na compravenda internacional.

* Analiza-lo arancel comunitario integrado como instrumento económico-fiscal da protección comercial, clasificando os productos e identificando e interpretando o conxunto de gravames e medidas

de economía arancelaria ós que están sometidas as operacións comerciais internacionais.

* Analiza-la normativa referente á orixe das mercadorías e ás súas implicacións para a aplicación das medidas preferenciais.

* Describir e aplicar con rigor os métodos de cálculo do valor en alfándega.

* Analiza-la fiscalidade no comercio exterior de acordo coa normativa fiscal correspondente, e identifica-la documentación específica.

* Describi-lo procedemento para o pagamento da débeda alfandegueira.

* Analiza-lo proceso de tramitación dunha importación/exportación e dunha introducción/expedición, establecendo as diferencias existentes.

* Analiza-los aspectos máis relevantes para a tramitación correspondente á importación/exportación en réxime específico.

* Identificar e interpreta-la normativa internacional que regula a documentación para a xestión de operacións no comercio internacional.

* Identifica-las funcións, a documentación e a tramitación asignada ós organismos que interveñen nas operacións comerciais intracomunitarias e con países terceiros.

* Determina-la documentación básica das operacións de importación/exportación en réxime xeral e específico.

* Xestionar e cubrir, de se-lo caso, realizando os cálculos oportunos, a documentación para a compravenda internacional e intracomunitaria, segundo as esixencias das normativas do tráfico internacional.

* Identificar e defini-los tipos de pólizas de seguro de uso habitual no comercio internacional.

* Relaciona-los riscos nas operacións internacionais co tipo de póliza e as cláusulas que se van incluír e o grao de cobertura da póliza coas condicións de compravenda.

* Formaliza-la documentación de tramitación dunha póliza de seguros e de reclamacións de indemnizacións por sinistros sucedidos na distribución internacional de mercadorías, e a documentación necesaria para xustificalos ó asegurador.

* Verificar que a documentación requirida é a esixida para cada operación e comproba-la correcta elaboración.

* Defini-la organización da información e documentación xerada na actividade comercial internacional.

* Utilizar adecuadamente aplicacións informáticas para a organización da información e para a elaboración da documentación relativa á xestión administrativa do comercio internacional.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Obtención e elaboración da documentación comercial e alfandegueira:

* Identificación e interpretación da normativa internacional que regula a documentación para a xestión de operacións de comercio internacional.

* Identificación dos modelos documentais asociados a certificados de orixe, licencias de exportación e toda a documentación relacionada coa operación.

* Identificación dos organismos que interveñen na xestión da compravenda internacional e identificación da documentación ou certificacións que expiden.

* Identificación dos requisitos de solicitude para a obtención da documentación e para a formulación de peticións.

* Análise do contido da documentación que se vai cubrir.

* Identificación dos datos do documento.

* Elaboración da documentación, realizando a procura de datos, a clasificación arancelaria e os cálculos necesarios, de acordo coa normativa vixente.

Verificación do proceso administrativo das operacións de comercio internacional:

* Comproba-las fases que se van realizar na tramitación de operacións de importación/exportación e introducción/expedición.

* Identificación da normativa e documentación propia da operación.

* Comparación dos datos cubertos e a información de orixe.

* Comprobación dos datos, códigos e cálculos para detectar posibles erros.

* Corrección de datos e resultados.

Proceso de declaración e liquidación fiscal:

* Análise das obrigas fiscais que afecten o suxeito pasivo.

* Identificación do calendario e das obrigas que hai que cumprir.

* Determinación dos datos e da información requirida.

* Obtención da información e/ou dos documentos necesarios.

* Cuantificación e/ou valoración dos datos segundo o requirido nos impresos.

* Cálculo da débeda alfandegueira.

* Formalización de impresos por medios convencionais e/ou informáticos.

* Rexistro e tramitación da documentación.

Protección xurídico-económica da mercadoría:

* Análise dos criterios de conveniencia para a elección dunha determinada póliza de seguro.

* Relación de riscos cubertos e non cubertos nas modalidades de póliza máis frecuentes.

* Aplicación dos INCOTERMS para determina-las obrigas do comprador e do vendedor en relación ó seguro das mercadorías no transporte internacional.

* Determinación das accións que se van emprender no caso de sinistro.

Tratamento da información:

* Elección da técnica de arquivo para organiza-la información e documentación que se xera na actividade internacional.

* Identificación das fontes de información e subministración de datos de comercio exterior.

* Utilización de programas informáticos que conteñan información comercial e arancelaria.

* Utilización de programas informáticos para cubrir diversos documentos.

* Elaboración de informes comerciais e arancelarios.

Contidos conceptuais

Política alfandegueira comunitaria:

* A alfándega. Funcións.

* Fundamentos da política alfandegueira comunitaria.

* O dereito alfandegueiro comunitario.

-Concepto.

-Características.

-Fontes.

-O código alfandegueiro comunitario: contido e ámbito de aplicación.

-Regulamento de aplicación.

* Publicacións oficiais.

-DOCE.

-BOE.

Política comercial alfandegueira:

* Política comercial comunitaria.

-Política comercial autónoma: concepto e elementos.

-Política comercial convencional ou contractual: acordos bilaterais e multilaterais.

Regulamentación do comercio exterior español:

* Proceso histórico.

* Regulación actual das importacións: normativa de aplicación, réximes de importación, solicitudes e despacho de alfándegas.

-Comercio con terceiros países: declaración sumaria, formularios e documentos e DUA (utilización en distintos tipos de operación).

-Comercio intracomunitario.

-INTRASTAT: normativa de aplicación e modelos de declaración.

* Regulación actual das exportacións.

-Normativa de aplicación.

-Réximes de exportación.

-Solicitudes.

-Despacho de alfándegas: comercio con terceiros países (DUA) e comercio intracomunitario (INTRASTAT).

* Réximes específicos.

* Destinos alfandegueiros.

-Réximes alfandegueiros.

-Zonas francas ou depósitos francos.

-Reexportación fóra do territorio alfandegueiro da Comunidade.

-Abandono en beneficio do erario público.

-Destrucción.

Barreiras ó comercio internacional:

* Proceso histórico.

* Barreiras arancelarias.

-O arancel: significado e efectos, sistemática da clasificación, dereitos arancelarios e TARIC.

-Medidas de política arancelaria.

* Barreiras non arancelarias.

-Restriccións cuantitativas.

-Barreiras técnicas e sanitarias.

-Barreiras fiscais: IVE, IIEE e os axustes fiscais nas Illas Canarias.

* Medidas de defensa comercial.

Orixe da mercadoría:

* Orixe non preferencial da mercadoría.

* Orixe preferencial da mercadoría.

Valor na alfándega das mercadorías:

* Procedemento xeral de determinación do valor na alfándega.

* A declaración do valor na alfándega (DVI): estructura e contido da declaración.

* Determinación do tipo de cambio aplicable para o cálculo do valor na alfándega.

* Procedementos secundarios de determinación do valor na alfándega.

* Procedementos especiais.

Protección xurídica da mercadoría:

* Normativa básica.

* Teoría do seguro: conceptos xerais. Clases.

* Marco xurídico do contrato de seguro.

* O seguro de transporte.

* O seguro de transporte marítimo de mercadorías.

* O seguro de transporte terrestre.

* O seguro de transporte aéreo.

Contidos actitudinais

* Realiza-lo traballo con responsabilidade e de forma autónoma.

* Constancia na revisión da documentación.

* Rigor e precisión na recollida de información e na formalización da documentación.

* Adaptación ás novas situacións de traballo.

* Desenvolvemento da iniciativa persoal.

* Cumprimento das esixencias da normativa aplicable ás operacións de compravenda internacional.

* Valoración dos efectos e do custo que ocasionan os erros e o incumprimento das normas.

* Participación e colaboración no traballo de equipo.

* Utilización precisa da linguaxe técnica asociada ó módulo.

* Valoración da conveniencia e, de se-lo caso, obrigatoriedade de contratar un seguro para cubri-los riscos durante o proceso de distribución da mercadoría.

3.2.3. Módulo profesional 3: organización do servicio do transporte terrestre:

Asociado á unidade de competencia 2: organizar, planificar e xestiona-lo tráfico/explotación nas empresas de transporte terrestre.

Capacidades terminais elementais

* Valora-la importancia do transporte terrestre no contexto da economía galega e a súa incidencia nos intercambios interiores, intracomunitarios e internacionais.

* Interpreta-lo marco xurídico e institucional que regula a actividade das empresas de transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros.

* Analiza-la estructura organizativa do sector do transporte terrestre, así como os diferentes organismos administrativos e profesionais relacionados coa actividade.

* Analiza-la función do transporte na cadea productiva e loxística.

* Coñece-la finalidade e o funcionamento dos centros de información, distribución de cargas e estacións de mercadorías en relación co servicio de transporte terrestre.

* Describi-lo proceso de prestación do servicio de transporte caracterizando convenientemente as diversas fases e operacións, a partir dos medios, equipos e recursos humanos que interveñen.

* Elabora-lo organigrama da empresa que faga máis óptimo e racional o desenvolvemento da actividade de transporte terrestre.

* Establecer un sistema de información e control documentario aplicable ó servicio de explotación e/ou tráfico que facilite a planificación e a toma de decisións.

* Representar nun diagrama as relacións funcionais internas e externas do departamento de explotación/tráfico.

* Defini-los postos de traballo necesarios no departamento de explotación/tráfico e caracterizalos convenientemente pola competencia profesional requirida.

* Determina-los recursos materiais e as necesidades de investimento para a prestación do servicio, segundo os obxectivos, o orzamento establecido e a súa disposición óptima.

* Aplicar técnicas de organización do traballo no departamento de explotación ou tráfico, adecuando a estructura e a relación funcional ós obxectivos da empresa.

* Elaborar diagramas de métodos e tempos de traballo que fagan máis óptimo o proceso.

* Identificar e aplica-la normativa que regula a seguridade e hixiene aplicable ás empresas de transporte de mercadorías e viaxeiros.

* Obte-la información necesaria dos clientes para coñece-la satisfacción das súas necesidades coa prestación do servicio de transporte contratado.

* Aplica-los métodos máis habituais de control de calidade no servicio de transporte terrestre.

* Avalia-la calidade dun servicio identificando as causas das anomalías e os fallos, e propor solucións.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

O sector do transporte:

* Identificación e interpretación das variables macroeconómicas relacionadas co sector.

* Análise da estructura empresarial do sector en Galicia.

* Análise da evolución da actividade do transporte nas súas diferentes modalidades.

* Diferenciación dos distintos tipos de empresas de transporte.

* Análise dos servicios e actividades auxiliares complementarias.

O servicio de transporte terrestre:

* Identificación dos organismos administrativos e profesionais do transporte e das súas competencias.

* Caracterización das fases e operacións da prestación do servicio.

* Determinación dos recursos humanos e materiais necesarios.

* Elaboración de esquemas do proceso do servicio.

* Identificación e interpretación da normativa que regula a tramitación da certificación de capacitación profesional.

* Interpretación da normativa que regula a actividade de conducción no transporte de mercadorías e viaxeiros.

O departamento de explotación/tráfico na modalidade de transporte terrestre:

* Diferenciación de modelos de estructura organizativa da empresa.

* Identificación de diferentes criterios de departamentación.

* Elaboración de organigramas correspondentes a diferentes tipos de organización.

* Asignación de funcións no departamento de explotación/tráfico en diferentes empresas de transporte terrestre.

* Realización de bosquexos da distribución na planta onde figuren as diferentes seccións ou áreas do departamento de explotación ou tráfico, indicando o fluxo e a natureza da información entre elas.

* Organización de sistemas de información.

* Descrición dos tipos de informes que se poidan elaborar no departamento.

* Organización dun sistema de arquivo e control documentario.

Organización do traballo:

* Análise e descrición dos postos de traballo.

* Elaboración de follas e diagramas de procesos, segundo a norma UNE correspondente.

* Aplicación de técnicas de valoración dos postos de traballo.

* Distribución do traballo a partir dun organigrama establecido.

* Aplicación de métodos de estudio e cálculo de tempos en operacións de transporte.

Organización do departamento de explotación/tráfico no transporte terrestre:

* Determinación de obxectivos.

* Descrición dos postos de traballo.

* Cálculo de tempos.

* Representación mediante un diagrama PERT da actividade que se realice.

* Determinación do camiño crítico.

* Selección dos recursos materiais necesarios en función dos obxectivos da empresa.

* Avalia-las necesidades de investimento en vehículos e maquinaria auxiliar.

* Determinación da disposición óptima na planta dos recursos materiais e humanos.

* Realización de diagramas das relacións funcionais internas e externas do departamento.

Normativa de seguridade e hixiene do transporte:

* Identificación e manexo do marco legal da prevención laboral.

* Identificación e manexo da normativa sobre seguridade e hixiene.

* Determinación dos factores de risco.

* Descrición de técnicas de prevención e protección de riscos.

* Avaliación de riscos no departamento de explotación de transporte terrestre.

* Análise da normativa aplicable ó transporte de mercadorías perigosas.

Control de calidade do servicio:

* Obtención de información sobre clientes.

* Cálculo dos parámetros e indicadores da calidade do servicio.

* Fixación de estándares de calidade.

* Aplicación de técnicas de investigación de mercados para coñece-lo grao de satisfacción co servicio prestado.

* Aplicación de técnicas estatísticas na medición da calidade do servicio.

* Análise da estructura e características dunha rede de correspondentes e liñas que se adapten á demanda da clientela.

* Producción de informes.

* Identificación de organismos e trámites para a certificación da calidade.

Contidos conceptuais

O sector do transporte terrestre:

* O transporte terrestre na economía: indicadores macroeconómicos do sector.

* Os centros de información, distribución de cargas e estacións de mercadorías: finalidade e funcionamento.

* Tipoloxía das empresas de transporte terrestre.

-Segundo o tipo de servicio que prestan.

-Segundo a súa dimensión.

* Actividades auxiliares do transporte.

-Axencias de transporte.

-Estacións de transporte por estrada.

-Centros de información e distribución de cargas.

-Arrendamentos de vehículos.

-Almacenistas-distribuidores.

-Transitarios.

-Cooperativas e sociedades de comercialización.

O servicio de transporte terrestre:

* Procesos de prestación do servicio.

-Fases e operacións.

-Obxectivos e características do servicio de transporte terrestre.

-Regulamentación técnica sobre homologación e matriculación.

* Estructura das empresas de transporte por estrada.

-Organigrama funcional tipo.

-Departamentos.

* Os recursos humanos. Postos de traballo tipo: descrición, perfís, selección e funcións.

O departamento de explotación ou tráfico na modalidade de transporte terrestre:

* Organigrama funcional.

-Organigrama tipo.

-Funcións e responsabilidades asignadas ó persoal.

* Estructura de recursos humanos e materiais.

-Descrición dos perfís profesionais do departamento.

-Recursos materiais habituais.

* Sistemas de información e documentación.

-Finalidade dos sistemas de información e documentación.

-Fontes de información do departamento.

-Sistema de arquivo aplicables.

Conceptos básicos de organización do traballo:

* O factor humano no proceso productivo.

* Teorías económicas da organización do traballo.

-Teoría mecanicista.

-Teoría psicolóxica.

-Teoría estructuralista.

* Estudio de tempos e movementos.

-Obxectivos.

-Unidades de medida.

-Metodoloxía do estudio.

* Métodos de traballo.

-Concepto e fins.

-Diagrama do proceso.

Técnicas aplicables á organización do departamento de explotación/tráfico no transporte terrestre:

* Procedementos de elaboración de diagramas.

-Tipoloxía.

-Aplicacións.

-Cálculo de tempos.

-Métodos de cálculo.

* Métodos de descrición dos postos de traballo tipo no departamento.

* A selección de recursos materiais.

-Distribución dos vehículos e maquinaria auxiliar.

-Renovación dos vehículos e maquinaria auxiliar.

Control de calidade do servicio:

* Conceptos básicos de calidade de prestación dun servicio.

* Métodos para medi-la calidade.

* A xestión da calidade na prestación dun servicio de transporte.

-Incidencias que inflúen negativamente na calidade dun servicio.

* A aplicación de técnicas estatísticas na medición da calidade do servicio.

-Técnicas máis utilizadas na avaliación.

-Elaboración de enquisas.

-Aplicación dalgúns conceptos de inferencia estatística.

Contidos actitudinais

* Rigor e precisión na recollida e transmisión de datos e na utilización da linguaxe técnica asociada ó módulo.

* Rigor e precisión na elaboración de diagramas, organigramas e informes.

* Respecto á legalidade en materia de seguridade e hixiene no transporte.

* Cumprimento dos requisitos legais en canto a autorizacións, tarxetas, licencias, etc., vinculadas á actividade do transporte e ós medios.

* Autonomía e responsabilidade na realización do traballo.

* Aceptación da necesidade de autoaprendizaxe e formación continua para se adaptar ás innovacións tecnolóxicas e organizativas.

* Interese polas innovacións tecnolóxicas que faciliten o acceso a fontes de información públicas e privadas.

3.2.4. Módulo profesional 4: planificación e xestión da explotación do transporte terrestre:

Asociado á unidade de competencia 2: organizar, planificar e xestiona-lo tráfico/explotación do transporte terrestre.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las características técnicas dos medios de transporte en relación coa prestación do servicio de transporte terrestre, identificando a regulación aplicable ás que requiran permisos ou equipos especiais.

* Identifica-los recursos humanos e materiais necesarios para a prestación dun servicio determinado, en función das características da operación: tipo e volume de carga, rutas, características técnicas, custo, etc.

* Establecer previsións de tráfico a partir da análise da evolución da demanda do servicio.

* Xestiona-la utilización da flota e a contratación de unidades de transporte ou espacio de carga, incrementando a súa rendibilidade e a calidade do servicio.

* Planifica-las rutas, os itinerarios e horarios de liñas regulares e de transportes discrecionais, establecendo enlaces, transbordos e os apoios necesarios que diminúan tempos e garantan a eficacia na asignación dos recursos e a calidade do servicio.

* Organizar transportes especiais, determinando características técnicas dos vehículos e equipos especiais, especificacións legais e técnicas requiridas para o persoal de tráfico, rutas, itinerarios e apoios necesarios, de acordo coa normativa aplicable ó transporte concreto.

* Planifica-las revisións periódicas do vehículo, en función da súa vida útil, o seu emprego e a súa situación, e enumera-las características técnicas que deben ser obxecto de inspección dos vehículos da flota de transporte de carga por estrada, en cumprimento da normativa vixente.

* Analiza-los requisitos esixidos pola normativa en canto á documentación de tráfico, controis e inspeccións que garantan a correcta prestación do servicio, e tamén o procedemento sancionador derivado do incumprimento das obrigas legais.

* Verifica-la documentación de tránsito correspondente ás mercadorías, rutas e alfándegas de paso, e a realización das xestións alfandegueiras necesarias para expedi-lo medio de transporte.

* Analiza-los procedementos de control de tempos de conducción e repouso aplicados en operacións de transporte terrestre.

* Identifica-las posibles causas e continxencias producidas na explotación do servicio valorando a súa incidencia na calidade do servicio prestado e determinando as responsabilidades persoais e/ou organizativas.

* Selecciona-la lexislación aplicable en caso de accidente de tráfico nun servicio de transporte de carga por estrada.

* Identifica-las competencias das institucións comunitarias, estatais e autonómicas na regulación e ordenación do transporte terrestre.

* En caso de incidente ou accidente derivado dun transporte, determina-las xestións necesarias para a súa resolución, facendo óptimo o custo, mesmo as derivadas da responsabilidade civil.

Contidos (duración 200 horas)

Contidos procedementais

Xeografía:

* Identificación das redes de transporte terrestre definidas pola xeografía vial.

* Identificación das redes de transporte terrestre definidas pola xeografía ferroviaria.

* Establecemento de rutas e itinerarios.

Regulamentación do transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros:

* Identificación da normativa que regula a documentación de tráfico que se esixe para a realización do transporte terrestre.

* Identificación da documentación de tráfico requirida na realización dun servicio de transporte terrestre.

* Descrición do procedemento sancionador aplicable por incumprimento das obrigas legais no transporte terrestre.

* Identificación dos organismos competentes.

Normativa de seguridade vial:

* Determinación dos requisitos, autorizacións e equipos necesarios para a posta en marcha dos medios de transporte.

* Identificación dos controis e inspeccións que se deben realizar nas operacións de transporte terrestre para garanti-la súa correcta prestación.

* Identificación da regulación aplicable a permisos asociados a determinadas características técnicas.

* Clasificación dos tipos de infracción de acordo coa súa gravidade, segundo a normativa vixente, no desenvolvemento da prestación do servicio.

* Deducción das responsabilidades e sancións derivadas do incumprimento da normativa.

* Identificación do organismo e procedemento sancionador.

Planificación do servicio de transporte terrestre:

* Obtención da información sobre a demanda do servicio e a súa evolución.

* Análise das técnicas máis utilizadas na programación das actividades de transporte.

* Realización do diagrama PERT.

* Cálculo do camiño crítico.

* Cálculo de tempos mínimos, de recepción de mercadorías e de dispoñibilidade de viaxeiros previo á carga ou embarque.

* Determinación dos apoios necesarios en ruta.

* Coordinación con correspondentes e filiais.

* Programación de rutas.

* Elaboracións de plans de carga que aproveiten optimamente o espacio nos medios.

* Elaboracións de plans de prazas.

Métodos de control das operacións de transporte terrestre:

* Aplicación de métodos de control de tempos de conducción e repouso.

* Elaboración de informes de control.

* Avaliación das consecuencias do incumprimento da normativa.

Continxencias do tránsito terrestre:

* Identificación das incidencias máis comúns.

* Identificación da lexislación aplicable.

* Realización das xestións necesarias para facer óptimo o custo das reparacións do vehículo.

* Análise das consecuencias e xestións derivadas da responsabilidade civil.

* Determinación dos procedementos e xestións necesarios para a realización dun transporte alternativo en caso de avaría.

Os medios e equipos de transporte terrestre:

* Identificación e descrición das características técnicas dos vehículos de transporte por estrada.

* Descrición das prestacións e características técnicas dos equipos auxiliares ó transporte.

* Identificación das diferentes clases de mercadorías perigosas.

* Descrición dos equipos e instalacións específicos para o transporte de productos tóxicos e inflamables.

* Cálculo dos custos de mantemento do vehículo de transporte de mercadorías por estrada.

* Identificación dos requisitos de autorización, permisos e equipos para a realización dun servicio de transporte especial por estrada.

* Cálculo da vida útil da flota en función do grao de utilización e da lexislación.

* Interpretación de informes de mantemento de vehículos.

Contidos conceptuais

Xeografía:

* Xeografía vial: infraestructura, rutas e ámbito de aplicación.

* Xeografía ferroviaria: infraestructura, rutas e ámbito de aplicación.

Regulamentación do transporte terrestre de mercadorías e viaxeiros:

* O exercicio da actividade de transportista.

-Acceso ó mercado.

-Autorizacións.

-Outorgamento, visado e domiciliación das autorizacións.

* Transportes especializados.

-Transporte de mercadorías perigosas: regulamentación, documentación, normas de conducción e circulación, sinalización dos vehículos, envase, carga e descarga, normas no caso de accidente ou avaría, e riscos e prevencións de materias perigosas.

-Transporte de mercadorías perecedoiras: normativa aplicable, transporte de alimentos e tipos de vehículos.

* O regulamento do transporte de viaxeiros.

Normativa de seguridade vial:

* Análise e aplicación.

* Responsabilidades.

* Prevención de accidentes.

-Formación e revisión periódica.

-O tacógrafo.

-Tempos de conducción e descanso.

-Infraccións e sancións.

Planificación do servicio de transporte terrestre:

* A demanda do servicio. Parámetros que interveñen.

* Características do transporte por estrada e ferrocarril.

-Relación medio/carga:

-Capacidade de transporte dos diferentes medios: normativa reguladora e dimensións e características dos medios.

* Métodos de planificación de rutas e itinerarios.

-Elementos que interveñen.

-A elección de itinerario.

-Puntos de carga, paso e destino.

-Restriccións de circulación.

-O método PERT. O camiño crítico.

* Viaxeiros, mercadorías e cargas. Características en relación co servicio.

-Métodos de carga e estiba: principios básicos, regras de carga, regras de estiba e casos especiais.

-Manipulación da mercadoría.

-Transporte de mercadorías que requiren precaucións especiais.

-Limitacións segundo o código de circulación.

-Infraccións e sancións.

* Métodos de planificación de prazas e cargas.

-Regulamentación sobre a ocupación máxima de viaxeiros.

-Óptimo aproveitamento de espacios nos medios.

-Réxime de carga completa e carga fraccionada.

-Análise dos puntos de carga/descarga.

* A documentación de tráfico.

-Normativa reguladora.

-Documentación relativa ó medio.

-Documentación relativa á mercadoría.

-Documentación relativa ó conductor: permisos e tarxetas.

-Notas e instruccións técnicas.

* Lexislación vixente sobre pesos e dimensións.

Métodos de control das operacións de transporte terrestre:

* Control de operacións por estrada.

-A inspección: funcións, réxime de actuación e ámbito de aplicación.

-Réxime sancionador: infraccións, tarifación, prescrición das sancións e procedemento sancionador.

* Control das operacións por ferrocarril: inspección e réxime sancionador.

* Informes de control.

-Estructura e compoñentes do informe.

-Tipos.

* Normativa aplicable.

Os medios e equipos de transporte terrestre:

* Os vehículos.

-Tipoloxía.

-Esquemas e diagramas funcionais.

-Parámetros que definen a capacidade dos diversos medios.

-Características técnicas en relación co servicio.

* Parámetros que definen a dispoñibilidade do servicio.

-Taxas de avarías.

-Tempo medio entre fallos.

-Vida útil do medio.

* Inspección e control do estado dos medios.

-Informes de mantemento.

-Control de mantemento.

* Protección física da mercadoría: palés e contedores.

* Instalación e equipos auxiliares ó transporte.

* A instalacións de equipos de seguridade.

* Novas tecnoloxías aplicadas á manipulación das mercadorías.

Contidos actitudinais

* Interese polas innovacións tecnolóxicas e polas estratexias loxísticas que xorden no ámbito do transporte.

* Interese polo cumprimento das esixencias da normativa en canto a autorizacións, tarxetas e licencias.

* Interese polo cumprimento das normas de seguridade vial aplicables ó transporte de mercadorías e viaxeiros.

* Presentación dos informes en tempo e forma adecuados.

* Rigor e precisión na utilización da linguaxe técnica asociada ó módulo.

* Iniciativa na resolución áxil das continxencias que xurdan durante o transporte.

* Valoración dunha información actualizada sobre clientes, rutas e mercados, para evitar riscos.

* Comprobación sistemática e minuciosa da documentación asociada á prestación do servicio de transporte.

3.2.5. Módulo profesional 5: almacenaxe de productos:

Asociado á unidade de competencia 3: organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento das subministracións da empresa e das mercadorías dos clientes.

Capacidades terminais elementais

* Organiza-lo espacio e o funcionamento do almacén tendo en conta a eficiencia no sistema de distribución interna e a normativa de seguridade e hixiene.

* Identifica-las instalacións necesarias e distingui-las diferentes áreas e servicios.

* Analiza-los diferentes medios de manipulación, sistema de distribución e localización de mercadorías, medios de conservación e mantemento, e sistema de seguridade e hixiene.

* Organizar optimamente os recursos humanos dispoñibles.

* Analiza-las variables administrativas, de utilización de espacios, operativas, de obsolescencia e deterioración e financeiras que interveñen no cálculo do custo de almacenamento.

* Analiza-las incidencias que se poidan producir na devolución de mercadorías e aplicar procedementos para as resolver.

* Diferencia-los distintos sistemas de almacenaxe de productos.

* Controlar e xestiona-las existencias no almacén tendo en conta a problemática que representan os stocks para a empresa, utilizando programas informáticos adecuados.

* Emprega-los distintos métodos de valoración de mercadorías utilizando programas informáticos, e describi-las técnicas de control de almacéns.

* Calcula-lo custo dos stocks dun almacén e a súa desagregación por partidas, utilizando programas informáticos adecuados.

* Aplicar modelos de reprovisionamento e técnicas de optimización de custos na execución de pedidos.

* Interpreta-la normativa que regula os distintos tipos de réximes de almacenamento no comercio internacional: depósito alfandegueiro, zona, depósito franco e local autorizado.

* Describi-lo proceso da introducción da mercadoría nos diferentes réximes de almacenamento alfandegueiro.

* Identifica-las normas e as recomendacións que regulamentan a composición, dimensión e os sistemas de envase e embalaxe nas operacións de transporte internacional.

* Establece-los tipos de embalaxe máis adecuados ó tipo de transporte e ás características do producto, de acordo coa normativa vixente de protección física das mercadorías, para asegura-lo seu perfecto estado durante o transporte internacional.

* Identificar e interpreta-la normativa vixente de sinalización e rotulación.

* Manexar e aplica-la normativa de seguridade e hixiene en almacéns.

* Utilizar adecuadamente os distintos paquetes informáticos de xestión financeira, integrar información en bases de datos e obte-la información precisa para unha situación determinada.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Organización de almacéns:

* Etapas de planificación.

-Agrupación e descrición das tarefas que se van realizar nun almacén.

-Identificación dos diferentes sistemas de control no almacén.

-Elaboración dun esquema que contén os distintos criterios de clasificación de almacéns.

-Identificación dos elementos que se van considerar no deseño físico do almacén.

* División do almacén.

-Deseño dun bosquexo das distintas zonas que se poden identificar nun almacén e aplicación dun método de localización de mercadorías.

* Distribución e manipulación das mercadorías.

-Elección do criterio de distribución.

-Descrición das actividades de manipulación das mercadorías.

-Identificación e cálculo dos custos de almacenamento.

-Descrición das distintas formas e medidas que pode conter unha unidade de manipulación.

-Organización dos recursos humanos dispoñibles.

* Tratamento das devolucións.

-Descrición do procedemento xeral que se debe seguir na devolución de mercadorías.

-Establecemento das medidas necesarias de organización de almacén para localiza-las mercadorías que se deben devolver, calculando os custos afectos a elas.

Sistemas de almacenaxe:

* Clasificación dos métodos de almacenaxe segundo diferentes criterios.

* Identificación das variables que interveñen no cálculo do custo de aplicación dos distintos sistemas.

Políticas de stocks:

* A xestión de stocks.

-Identifica-los procedementos máis usuais na xestión de stocks.

-Descrición dos distintos sistemas de reposición de stocks.

-Clasificación das existencias polo método ABC.

-Aplicación dos diferentes criterios de valoración de stocks: LIFO, FIFO, NIFO, custo medio, etc.

-Elaboración de inventarios.

* Factores que afectan o punto de reposición.

-Identificación dos factores que afectan o punto de reposición.

-Cálculo dos índices de rutación, obsolescencia e rotura de stock.

* Pedidos e expedicións.

-Identificación dos distintos sistemas de preparación de pedidos.

-Elección da maquinaria para empregar na preparación de pedidos.

-Estimación da cantidade óptima de pedido e cálculo da rotura de stock.

-Determinación dos procedementos administrativos relativos á recepción, almacenamento, distribución interna e expedición de existencias.

-Formalización da documentación xerada.

Réximes de almacenamento no comercio internacional:

* Identificación da normativa que regula os réximes de almacenamento de mercadorías.

* Formalización e tramitación das operacións realizadas nos depósitos alfandegueiros, zonas francas e depósitos francos.

Xestión da embalaxe:

* Análise das regulacións técnicas de envases e embalaxes para o transporte internacional nas áreas de normalización, certificación e homologación, identificando os organismos competentes.

* Identificación e descrición das características dos distintos tipos de embalaxe utilizados habitualmente no transporte internacional de mercadorías.

* Determinación da incidencia que ten o transporte, manipulación e almacenamento na selección da embalaxe.

* Selección do envase e a embalaxe.

* Determinación das distintas formas e medios de agrupación da embalaxe que se utilizan actualmente e que facilitan a manipulación nas terminais de transporte.

* Cálculo dos custos do envase e a embalaxe das mercadorías.

* Identificación e interpretación da normativa vixente de sinalización e rotulación.

Normativa de seguridade e hixiene en almacéns:

* Manexo da normativa de seguridade e hixiene en almacéns.

* Utilización da normativa na localización de mercadorías desde o punto de vista do mantemento, a conservación, o ambiente e as compatibilidades.

Aplicacións informáticas:

* Utilización de aplicacións informáticas de xestión de almacéns.

* Utilización de follas de cálculo e bases de datos.

Contidos conceptuais

Organización de almacéns:

* Etapas de planificación.

-Necesidades de almacenaxe.

-Necesidades de capacidade.

-Deseño físico do almacén.

-Fluxo de materiais e medios de manipulación.

-Instalacións.

* División do almacén.

-Zonas dun almacén.

-Localización, distribución e manipulación das mercadorías no almacén.

-Criterios de distribución.

-Actividades máis comúns na manipulación de mercadorías.

-Factores que inciden nos custos de manipulación.

-Unidades de manipulación.

-Conservación e mantemento das mercadorías no almacén.

-Aparellos de manutención.

-Equipos de traballo no almacén.

* Custos de almacenamento.

-Variables que interveñen no cálculo dos custos de almacenamento. Tipoloxía.

* Tratamento das devolucións.

-Custos afectos ás devolucións.

-Sistemas de información e avaliación das causas.

Sistemas de almacenaxe:

* Tipoloxía: segundo a organización para a localización das mercadorías, o fluxo de entrada e saída ou o equipamento empregado para a optimización do espacio dispoñible.

* Custos de aplicación do sistema. Natureza e elementos do custo.

* Deseño do sistema. Espacio, mercadorías e normativa de seguridade e hixiene.

Políticas de stocks:

* A xestión do stock.

-Importancia e obxectivos da xestión de stocks.

-Sistemas de reposición.

-Sistemas de previsión da demanda.

-Variables que regulan o stock: cantidade de reprovisionamento, punto de pedido e stock de seguridade.

-Criterios de clasificación dos stocks: aplicación da análise ABC á xestión dos stocks.

-Criterios de valoración dos stocks: LIFO, FIFO, NIFO, prezo medio, etc.

-Control de stocks: movementos de entrada e saída e inventarios.

* Factores que afectan o punto de reposición.

-Ratios loxísticas: índices de rutación, obsolescencia e rotura.

* Pedidos e expedicións.

-Preparación de pedidos: fases e condicionantes, sistemas de preparación (picking), maquinaria empregada na preparación de pedidos, sistemas de control e ratios.

-Expedición.

-Control de incidencias.

Réximes de almacenamento no comercio internacional:

* Depósitos alfandegueiros: natureza, tipoloxía e normativa reguladora.

* Zonas e depósitos francos: normativa reguladora.

* Locais autorizados: normativa reguladora.

Xestión da embalaxe:

* Función da embalaxe.

-Función do envase e a embalaxe na Unión Europea.

-Normalización, certificación e homologación das embalaxes.

-Protección, conservación e manexabilidade da embalaxe.

-Identificación electrónica das embalaxes.

* Tipoloxía: bala, atados, caixas, contedores, etc.

* Factores que determinan a selección da embalaxe: medio de transporte, mercadoría, destino do producto, custo e normas técnicas.

* Sinalización e rotulado: funcións e normativa.

* Materiais da embalaxe: tipoloxía e selección do material.

Normativa de seguridade e hixiene en almacéns:

* Instalacións. Características.

* Distribución de zonas: obxecto e criterios de distribución.

* Localización de mercadorías: mantemento e conservación das mercadorías e ambiente.

* Ambiente e empresa.

-Xustificación. Valor engadido.

-Eco-envases e eco-embalaxes.

-Reducción de refugallos.

-Reciclaxe.

Aplicacións informáticas de xestión de almacéns:

* Xestión de bases de datos de clientes e provedores.

* Programas de xestión de almacéns.

Contidos actitudinais

* Interesarse por adquirir unha visión global e coordinada dos procedementos de organización e xestión utilizados na almacenaxe de mercadorías.

* Eficacia na distribución dos espacios e recursos do almacén.

* Esforzo pola realización dun traballo rigoroso e ben feito ó planificar, organizar e desenvolve-las actividades propias da valoración e control de inventarios, mostrando iniciativa e sentido da responsabilidade.

* Eficacia na xestión e no control da calidade nas embalaxes, sinalización e rotulación das mercadorías.

* Asunción do compromiso de manter e coida-las instalacións e os equipos, tirándolle-lo máximo proveito ós medios materiais utilizados nos procedementos e evitando custos e desgastes innecesarios.

* Preocupación por mostrar respecto polas normas de seguridade e hixiene e protección do ambiente en tódolos procedementos que afectan o módulo.

* Aceptación da necesidade de autoaprendizaxe constante e a formación continua como instrumentos que facilitan a adaptación ás innovacións tecnolóxicas e organizativas.

3.2.6. Módulo profesional 6: comercialización do servicio de transporte:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la comercialización dos distintos servicios de transporte de mercadorías e viaxeiros.

Capacidades terminais elementais

* Organiza-lo proceso da investigación comercial, definindo os obxectivos da investigación, as necesidades e o plan de traballo.

* Analiza-los efectos que producen os valores das variables económicas e comerciais nun determinado estudio comercial co fin de detectar oportunidades de ampliación e mellora do servicio de transporte.

* Calcula-la tendencia da demanda do servicio de transporte e obte-la demanda prevista para un período determinado, aplicando o método máis adecuado.

* Identificar e selecciona-las fontes de información que proporcionen datos representativos do obxecto de estudio e aplica-los procedementos establecidos para a obtención da información.

* Organizar e deseñar adecuadamente a forma de recollida de datos e obter información das fontes primarias, seleccionando os procedementos da recollida de datos e tendo en conta o orzamento asignado.

* Procesa-la información recollida por medios convencionais ou informáticos, con aplicación de técnicas estatísticas, interpretar adecuadamente os valores obtidos e presenta-las conclusións a través dun informe.

* Configurar un plan de acción de vendas, definindo e estructurando os parámetros relevantes para a consecución dos obxectivos fixados, e establecer liñas de acción adecuadas.

* Determinar e calcular correctamente as tarifas e os prezos do servicio de transporte.

* Aplicar técnicas de comunicación en situacións de información e asesoramento a clientes e técnicas de venda, prestando un servicio de calidade.

* Elaborar e organiza-lo plan de acción na operación de venda do servicio, de acordo cos obxectivos da organización.

* Intervir na negociación con decisións de acordo coa responsabilidade asignada, aplicando as técnicas adecuadas ó tipo de cliente e á situación comercial.

* Detectar puntos de formación e perfeccionamento nas actividades do equipo de venda co fin de determina-las liñas base para definir plans de formación.

* Elaborar plans de formación e programas de motivación do equipo de vendas, de acordo coas especificacións recibidas.

* Determina-lo método de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función das características do equipo e dos obxectivos establecidos.

* Identifica-los obxectivos da campaña publicitaria, verificando que a organización do plan estea estructurada e programada e que as actuacións se axusten no tempo e forma ós plans establecidos.

* Avalia-la eficacia da acción publicitaria a través de diferentes test de recollida de información.

* Calcula-las ratios da execución da campaña adecuadas para obter información sobre a rendibilidade e corrixir, de se-lo caso, as desviacións producidas entre os resultados conseguidos e os obxectivos perseguidos.

* Soluciona-las incidencias na execución da campaña publicitaria, de acordo coa responsabilidade asignada.

* Aplica-los métodos de control nos procesos de venda de servicios de transporte.

* Utilizar programas informáticos para o tratamento e a organización da información xerada nas operacións comerciais.

Contidos (duración 200 horas)

Contidos procedementais

Planificación da investigación comercial:

* Definición dos obxectivos que se van alcanzar.

* Selección das fontes de información para cada obxectivo que se pretende acadar.

* Selección das técnicas de investigación para a recollida de información, xustificando a súa elección.

* Recollida de datos de fontes primarias, definindo a mostra e seleccionando os enquisadores.

* Determinación e control do custo da investigación.

* Tabulación e análise da investigación obtida.

-Comprobación da fiabilidade dos datos recollidos.

-Tabulación por ordenador ou manual.

-Elección da análise estatística máis adecuada.

-Obtención das conclusións.

-Interpretación de resultados.

-Elección e realización do tipo de informe e realización.

Elaboración de plans de accións de venda:

* Identificación das fases do proceso de venda.

* Realización da demarcación xeográfica.

* Determinación dos perfís dos vendedores.

* Determinación do tamaño do equipo de vendas.

* Determinación das estructuras dos fluxos de información.

* Establecemento dos obxectivos de venda segundo distintos criterios.

* Cálculo do número de visitas por vendedor, día e cliente.

* Confección das rutas para os vendedores avaliando custos de desprazamento por zonas e tempos mortos.

* Analiza-las desviacións entre o plan de acción e o plan de mercadotecnia.

Proceso de comunicación. Asesoramento e información ós clientes:

* Análise do comportamento do cliente e caracterización.

* Utilización da técnica máis adecuada á situación e ó interlocutor/cliente.

* Utilización das normas de protocolo nas distintas situacións.

* Adaptación do discurso e da actitude á situación formulada.

* Control da claridade e precisión na transmisión da información.

Plan de negociación de contratación dos servicios de transportes:

* Estimación das necesidades, puntos débiles e fortes do cliente e do vendedor.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Determinación das concesións mutuas, custo e valor por ámbalas partes.

* Secuenciación do plan.

* Predicción das posibles posturas do cliente e preparación das posturas propias do vendedor.

* Determinación dos límites da negociación.

Plan de formación e motivación para a forza de vendas:

* Determinación dos obxectivos da formación.

* Determinación dos contidos da formación.

* Definición dos perfís dos colaboradores e expertos.

* Elección da metodoloxía que se utilice.

* Realización da temporalización.

* Elección dos materiais didácticos para a formación.

* Realización do orzamento do plan.

Organización de campañas publicitarias:

* Identificación e interpretación do marco xurídico e institucional regulador da publicidade.

* Identificación das características da actividade e dos obxectivos previstos.

* Definición das variables que cómpre controlar para alcanza-lo resultado óptimo.

* Determinación do público obxectivo.

* Selección do soporte.

* Establecemento do contido e a mensaxe.

* Selección do medio de promoción.

* Asignación dos recursos financeiros.

* Verificación da eficacia publicitaria.

Control dos procesos de venda de servicios de transporte:

* Análise das incidencias máis comúns nos procesos da compravenda.

* Análise das posibles medidas que se van adoptar.

* Avaliación da eficacia da forza de vendas.

* Análise das medidas e procedementos que se van aplicar co fin de mellora-la rendibilidade do equipo.

Sistemas de xestión e tratamento da información:

* Acceso e integración da información nas bases de datos.

* Confección dun ficheiro mestre de clientes e provedores establecendo un procedemento para mantelo actualizado.

* Elaboración e arquivo dos documentos requiridos na actividade comercial.

* Elaboración da información existente en distintos programas informáticos integrando datos, textos e gráficos.

* Presentación da información de acordo cos formatos requiridos.

Contidos conceptuais

Os mercados e o comportamento do consumidor:

* O mercado.

-Oferta e demanda.

-Segmentación e tipoloxía.

-Métodos demográficos e psicográficos. Técnicas.

* A conducta do consumidor: comportamento e procesos de difusión e adopción.

* Determinantes do comportamento do consumidor.

A investigación de mercados:

* Obxectivos da investigación comercial.

* Fontes de información.

* Tipos de investigación comercial.

* Planificación da investigación comercial.

* Proceso da investigación comercial.

* Técnicas de investigación: cualitativa e cuantitativa.

* Aplicación da estatística á investigación de mercados.

-Teoría da probabilidade.

-Aplicación da teoría da mostraxe.

-Estimación estatística.

* O sistema de información de mercados (SIM).

* Utilización de paquetes integrados aplicables ó tratamento estatístico da información.

Mercadotecnia de servicios:

* Márketing-mix: políticas.

* Concepto e características diferenciais: a intanxibilidade.

* Teorema do beneficio inducido.

* Política do servicio.

-Concepto básico. Elementos do servicio.

-Estratexias aplicables ós servicios.

* Política de comunicación.

-A comunicación: procesos de comunicación, actitudes e técnicas na comunicación, e a información telefónica e presencial.

-Publicidade: medios, planificación, aproveitamento de recursos e rendibilidade.

-Promoción de vendas: conceptos e obxectivos, ferramentas promocionais e orzamento.

-Relacións públicas: conceptos e fins, características, orzamento e instrumentos.

* Política de prezos.

-Concepto e importancia.

-Métodos de fixación: custos relevantes na fixación de prezos (tarifas, descontos, rappels, marxes), competencia e consumidores.

-Estratexias de prezos.

Plans de venda:

* Proceso.

* Planificación da forza de vendas.

* Obxectivos da venda.

* Organización do sistema de vendas.

* O equipo de vendas.

-Composición e organización do equipo.

-Recrutamento, formación e motivación.

-Control da eficacia e eficiencia.

* Control dos procesos de venda.

-Tratamento de anomalías nos procesos de venda de servicios de transporte.

-Avaliación e control do equipo de vendas.

O proceso da negociación comercial na venda de servicios:

* Prospección: contorno das relacións comerciais.

* Preparación da negociación.

-Análise do proceso.

-Planificación da negociación.

* Desenvolvemento da negociación.

-Diálogo.

-Persuasión.

-Obxecto.

-Conclusión e acordo.

-Exposición de posturas: vendedor e comprador.

* Técnicas da negociación.

-Tipoloxía do cliente.

-Tipoloxía do servicio do transporte.

-Ambiente.

* Consolidación da negociación.

-Puntos de acordo.

-Momento do peche.

-Problemas ó peche.

Contidos actitudinais

* Planificación rigorosa do traballo de investigación e respecto dos tempos asignados.

* Conservación e actualización da información obtida con criterios de fiabilidade e seguridade.

* Hábito de comprobación dos resultados e de corrección sistemática dos erros detectados.

* Rigor na selección das fontes de información, no tratamento dos datos e na formulación das conclusións.

* Adopción dunha postura flexible e con disposición positiva cara ós acordos no proceso de negociación.

* Valoración da importancia de transmiti-la imaxe da empresa.

* Preocupación pola redacción clara e precisa de toda a documentación escrita xerada nos procesos de negociación.

* Cordialidade e respecto no trato coas persoas do seu contorno.

* Interese por unha continua actualización na súa formación.

* Rigor na utilización dos soportes informáticos e dos medios de comunicación.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 7: aplicacións informáticas de propósito xeral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la importancia da informática como instrumento de comunicación e xestión das actividades comerciais.

* Distingui-los principais compoñentes dun sistema informático e as súas funcións.

* Identifica-los distintos sistemas operativos e as súas características.

* Aplicar, como usuario, as utilidades, as funcións e os procedementos de sistemas operativos monousuarios e multiusuarios.

* Manexa-las axudas das distintas aplicacións informáticas como recurso non memorístico.

* Explica-la estructura e as funcións básicas dunha rede de área local.

* Aplicar con eficacia os comandos, as rutinas e utilidades que permiten traballar nunha rede de área local (LAN).

* Recoñece-la estructura e as aplicacións básicas das redes de comunicación e información.

* Explica-las distintas aplicacións que poden ofrece-las redes de comunicación dentro do ámbito do comercio.

* Amosar axilidade no deseño, edición e impresión de documentos cun tratamento de texto.

* Aplica-las funcións e os procedementos avanzados dun tratamento de texto.

* Realizar con eficacia o deseño, edición e impresión de documentos cunha folla de cálculo.

* Utiliza-las representacións gráficas e os procedementos avanzados dunha folla de cálculo.

* Amosar axilidade na creación, actualización, consulta e impresión de información con bases de datos.

* Identifica-las distintas aplicacións gráficas e de autoedición máis importantes no ámbito do comercio.

* Ilustrar, editar e imprimir documentos cunha aplicación gráfica e de autoedición.

* Utiliza-los procedementos que garantan a integridade, seguridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información almacenada.

* Experimentar coas opcións de importación/exportación de datos entre as aplicacións estudiadas.

* Explica-las características e o funcionamento dos paquetes integrados.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Sistema informático:

* Identificación das necesidades de información electrónica na empresa.

* Localización e explicación dos periféricos de entrada, saída, almacenamento e comunicación.

* Recoñecemento das funcións básicas da unidade central de proceso.

* Identificación das aplicacións.

Sistemas operativos monousuario e multiusuario:

* Execución das utilidades e procedementos básicos de usuarios para:

-Instalación do sistema operativo.

-Arrinque e configuración do sistema.

-Xestión de ficheiros, directorios e discos.

-Obtención de copias de seguridade e protección da información almacenada.

-Utilización de impresoras.

* Manexo dos editores do sistema.

Redes locais:

* Identificación da estructura e funcións básicas dunha rede de área local.

* Conexión e desconexión do servidor da rede.

* Compartición de recursos.

* Xestión de ficheiros e directorios.

* Obtención de copias de seguridade.

* Protección da información almacenada.

* Utilización de impresoras.

* Comunicación entre usuarios.

Redes de comunicación e información exterior:

* Identificación da estructura da rede Internet e establecemento de protocolos, host, nome de dominio e número de usuario.

* Instalación e configuración de aplicacións informáticas para envío, lectura e recepción de mensaxes mediante a utilidade de correo electrónico.

* Descrición e experimentación, mediante conexións, dos servicios básicos da rede: correo electrónico, conexión remota, servicios de ficheiros, world wide web (www) e protocolos.

Procesadores de textos:

* Instalación e configuración dun tratamento de texto.

* Aplicación de distintos tipos de letra e formateo de documentos.

* Utilización das funcións de encabezados, pés de páxina, número de páxina, referencias, etc.

* Inserción de gráficos.

* Operacións de edición e corrección de textos.

* Inserción e enchido de táboas.

* Aplicación de columnas.

* Utilización de macros, esquemas e índices.

* Deseño, elaboración e impresión de etiquetas.

Follas de cálculo:

* Instalación e configuración dunha folla de cálculo.

* Creación dunha estructura adecuada.

* Introducción e edición de datos e fórmulas do modelo.

* Operación con rangos.

* Aplicacións das funcións requiridas (estatísticas, lóxicas, financeiras, etc.).

* Obtención das representacións gráficas.

* Análise e elaboración da información resultante.

* Gravación, recuperación e impresión de follas de cálculo.

Bases de datos:

* Instalación e configuración dunha base de datos.

* Creación de bases de datos que permitan:

-Adición, modificación, eliminación e recuperación de rexistros.

-Aplicación de funcións para a protección de datos.

-Utilización de opcións e valores apropiados para a presentación.

-Integración de gráficos.

-Impresión.

* Obtención de copias de seguridade de bases creadas.

Aplicacións gráficas:

* Instalación e configuración dunha aplicación gráfica.

* Creación de documentos comerciais que permitan a práctica das distintas funcións e mandatos dunha aplicación gráfica.

Integración de aplicacións:

* Experimentación coas funcións de importación e exportación das distintas aplicacións traballadas.

* Realización de documentos utilizando paquetes integrados.

Contidos conceptuais

Sistema informático:

* Función actual da informática como instrumento de comunicación e xestión empresarial.

* Parte física dun sistema informático: periféricos de entrada, saída, almacenamento e comunicación. CPU.

* Parte lóxica dun sistema informático: programas de sistemas, programas de aplicacións e linguaxes de programación.

Sistemas operativos monousuario e multiusuario:

* Tipos de sistemas operativos. Características básicas.

* Técnicas e procedementos para a seguridade do sistema e a información.

* Arrinque do sistema operativo.

* Organización e xestión da información.

* Arquivos de configuración.

* Procesos por lotes.

* Interfaces de usuario.

Redes locais:

* Concepto e vantaxes dunha rede local.

* Xestores dunha rede local.

* Terminoloxía específica das redes locais.

* Funcionamento dunha rede local.

* Topoloxía das redes locais: bus, árbore, anel e estrela.

* Medios de transmisión.

* Control das comunicacións da rede: protocolos.

* Normas estándares para redes locais.

* Seguridade da rede.

Redes de comunicación e información exterior:

* Redes de comunicación e información: breve historia da rede Internet.

* Conceptos básicos sobre a Internet.

* Estructura da rede Internet.

* Conexión coa Internet.

* Información xeral da rede en Galicia e en España.

* Formas para utiliza-la Internet.

* Servicios básicos na Internet.

* Utilidades básicas da Internet de cara ó comercio.

* Detección e selección de fontes empresariais.

* Webs de distribuidores de bases de datos comerciais.

* Intranet: características e servicios básicos.

Procesadores de textos:

* Funcións do procesador de texto.

* Instalación e configuración dun procesador de texto.

* Almacenamento, recuperación e impresión de documentos.

* Edición de texto.

* Deseño de parágrafo, páxina e documento.

* Índices, referencias e documentos mestres.

* Columnas, táboas, esquemas, macros, estilos e gráficos.

* Fusión e clasificación.

Follas de cálculo:

* Estructura, funcións e terminoloxía básica dunha folla de cálculo.

* Instalación e configuración dunha folla de cálculo.

* Mandatos.

* Deseño, edición e impresión de follas de cálculo.

* Opcións e aplicacións para a xestión de ficheiros e protección de datos.

* Integración de gráficos.

* Funcións e procedementos para realizar análises de datos.

* Macros.

* Relación dos distintos tipos de follas de cálculo que hai no mercado.

Bases de datos:

* Concepto, estructura, mandatos e funcións dunha base de datos.

* Instalación e configuración dunha base de datos.

* Creación, actualización e relación de bases de datos.

* Funcións e atributos para a visualización de datos.

* Consulta, filtraxe e ordenación de datos.

* Ordenación de datos.

* Enlaces de bases de datos.

* Xestión de ficheiros.

* Aplicacións para a protección de datos.

* Impresión.

Aplicacións gráficas:

* Tipos e finalidades das aplicacións gráficas.

* Instalación e configuración dunha aplicación gráfica.

* Estructura, funcións e mandatos dunha aplicación gráfica.

* Tipos de gráficos soportados.

* Funcións e procedementos da aplicación para a creación, almacenamento, recuperación, impresión, copia e protección de gráficos.

Integración de aplicacións:

* Integración de datos entre distintas aplicacións.

* Paquetes integrados.

Contidos actitudinais

* Aceptación da necesidade da autoaprendizaxe constante e da formación continua como instrumentos que facilitan a adaptación ás innovacións tecnolóxicas e organizativas.

* Valoración do traballo rigoroso e ben feito ó planificar, organizar e desenvolve-las actividades propias, demostrando iniciativa, creatividade e sentido da responsabilidade e mantendo o interese durante todo o proceso.

* Adopción do compromiso de manter e coida-las instalacións e os equipos e tirárlle-lo máximo proveito ós medios materiais utilizados nos procedementos, evitando custos e desgastes innecesarios.

* Utilización crítica e responsable das fontes de información internacionais e da orixe e contido da comunicación.

* Rigor e precisión na recollida e transmisión de datos e na utilización da linguaxe técnica asociada ó módulo.

* Valoración da importancia da conservación e confidencialidade da información á que se ten acceso.

3.3.2. Módulo profesional 8: lingua estranxeira (inglés):

Capacidades terminais elementais

* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Transferir dun código escrito a un oral, e viceversa, a información que se debe comunicar en lingua estranxeira.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Aplica-las estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional, interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia, empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais esixidos á normativa e ó protocolo de cada país, relacionados coas operacións do contorno profesional.

* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

* Selecciona-la lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.

* Redactar na lingua propia unha traducción que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Traducir detalladamente para a lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Resolver de forma autónoma os problemas de comprensión e de expresión relacionados cos contidos lingüísticos e comunicativos do contorno profesional.

* Respecta-las actitudes e os comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ó que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións internacionais.

* Valora-la importancia da lingua como vehículo de comunicación e entendida no ámbito das relacións comerciais internacionais, da tecnoloxía, da cultura e do coñecemento.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral:

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:

-Selección e baleirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* A negociación na lingua estranxeira.

-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.

-Intercambio de opinións.

-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Peche e acordos.

Comunicación escrita:

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais:

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral:

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticos no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos.

Comunicación escrita:

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional, fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais:

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral:

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.

Comunicación escrita:

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

Aspectos socioprofesionais:

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e dos procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.3. Módulo profesional 9: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describi-las teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Producción de documentos.

* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflictos:

* Identificación da existencia dun conflicto.

* Análise das causas do conflicto.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación:

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre qué estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipula-los datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflictos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflictos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores motivacionais.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflictos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

Negociación:

* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considera como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

Conducción/dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Analiza-la estructura organizativa e funcional das empresas de transporte.* Contextualización da empresa.

* Concreción do servicio prestado.

* Concreción do medio de transporte.

* Obtención de información económica e xurídica do sector.
* Organigrama da empresa.

2.Organiza-lo departamento de explotación/tráfico na empresa de transporte.* Establecemento de obxectivos.

* Distribución en planta dos diferentes servicios e áreas.

* Elaboración dun diagrama das relacións internas e externas no departamento.

* Elaboración dun sistema de información de control documental.
* Determinación dos recursos humanos necesarios.
* Descrición dos postos de traballo.
* Determinación dos recursos materiais e os medios de investimento necesarios.

3.Planificar e xestiona-lo servicio de transporte.* Caracterización do servicio.

* Elaboración dun diagrama do proceso.

* Estimación de tempos.
* Programación de rutas, itinerarios, horarios de transporte e transbordos.
* Elección dos vehículos necesarios.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Obtención e elaboración da documentación.

4.Xestiona-las operacións de comercialización do servicio.* Análise da demanda e competencia.

* Selección do segmento do mercado.

* Elaboración do plan de venda.
* Cálculo das tarifas e prezos.
* Deseño dunha campaña promocional.

5.Organizar e xestiona-lo proceso de almacenamento.* Organización do espacio do almacén.

* Organización do procedemento de distribución e manipulación.

* Control e valoración dos stocks.
* Deseño da etiquetaxe, da embalaxe e da rotulación dos vultos.
* Recepción e envío dos pedidos.

6.Realiza-la xestión administrativa asociada ás operacións de transporte.* Obtención dos permisos e documentación requirida para a explotación.

* Elaboración e mantemento do ficheiro de clientes.

* Elaboración de albarás.
* Emisión da listaxe e do plano de carga.
* Elaboración de follas de ruta.
* Elaboración do contrato: envío, medio de transporte e correspondentes.
* Realización da facturación.
* Xestión e control do seguro.
* Cálculo do custo por servicio e límite de rendibilidade.

7.Elabora-lo informe final do proxecto.* Integración da información obtida nas diferentes fases do proxecto.
* Obtención de conclusións.
* Redacción clara e ordenada segundo as normas habituais das publicacións.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Integrarse na empresa a partir do coñecemento dos seus aspectos organizativos, socio-

económicos e laborais.

* Realización dunha ficha da empresa sobre organización socioeconómica e relacións laborais.

2.Realiza-las xestións administrativas nacionais e internacionais nas operacións de transporte.* Obtención e actualización da información e documentación específica do sector, complementando ou modificando rexistros anteriores.

* Colaboración na identificación da normativa, confección de partes, comprobación do clausulado de pólizas de seguro e na tramitación de reclamacións por sinistro.

* Identificación, confección e tramitación dos documentos relativos ás operacións de compravenda nacional, internacional e comunitaria de mercadorías e os relativos ó tránsito dos medios de transporte.
* Verificación da correcta liquidación da débeda alfandegueira e tributaria.
* Obtención e mantemento dos permisos e documentos requiridos para a explotación da flota.
* Elaboración de albarás, realización de facturas e formalización de contratos para cada envío e medio de transporte.
* Obtención e sistematización da información para determina-los custos de transporte de mercadoría e/ou viaxeiros.
* Obtención dos custos de envío ou viaxe e realización de cálculos da rendibilidade de cada operación.
* Colaboración no control e resolución das continxencias que se produzan na prestación dos servicios da empresa.
* Manter contactos puntuais na lingua estranxeira que corresponda cando as operacións de transporte internacional o requiran.

3.Organizar e xestiona-lo servicio de transporte terrestre.* Mantemento do sistema de información e control documental no departamento.
* Identificación das relacións funcionais co departamento comercial e identificación no organigrama do departamento da distribución do traballo, asignación de funcións e directrices de funcionamento.
* Obtención de información sobre as características e o volume do servicio contratado e os previstos nun prazo determinado.
* Colaboración no establecemento de rutas, horarios e itinerarios coas filiais, franquías e correspondentes.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Obtención da información sobre a dispoñibilidade da flota e a súa posible utilización no departamento de mantemento.
* Comprobación dos requisitos, autorizacións e equipos necesarios dos transportes propios e contratados.
* Colaboración na asignación das cargas ás unidades de transporte e no alugamento de medios de transporte de empresas colaboradoras.
* Comprobación da documentación do persoal de tráfico asignado a cada unidade.
* Transmisión da información ó responsable da unidade de transportes sobre as características da carga, puntos e horarios de recollida e entrega, así como a documentación correspondente.
* Colaboración no control do tránsito de mercadorías e vehículos e na resolución de incidencias para asegura-la prestación do servicio.
* Informar e asesora-los clientes sobre determinados aspectos do servicio solicitado.
* Obtención de información dos clientes que permita avalia-la calidade do servicio prestado.

4.Realizar tarefas de organización e xestión do proceso de almacenamento das subministracións da empresa e das mercadorías dos clientes.* Obtención e tramitación dos documentos requiridos nas operacións de almacenaxe.

* Análise dos espacios e rutas de distribución interna no almacén e avaliación da súa idoneidade.

* Utilización de programas informáticos de xestión de almacéns.
* Confección de inventarios e fichas de almacén e cálculo de rotación de subministracións e do valor do stock óptimo e mínimo.
* Mantemento e actualización da información utilizando métodos informáticos.
* Verificación e control da distribución de subministracións entre os distintos departamentos da empresa e do nivel de existencias no almacén.
* Control da recepción, da estiba das mercadorías e da documentación correspondente.
* Comprobación da correcta rotulación dos vultos, da colocación das etiquetas e da embalaxe adecuada.
* Control da expedición das mercadorías e acondicionamento da carga no medio de transporte e da documentación correspondente.

5.Cumprir calquera actividade ou tarefa asignada e relacionada co traballo que realiza con responsabilidade profesional, mostrando unha actitude de superación e respecto.* Cumprimento responsable das normas, procesos e procedementos establecidos ante calquera actividade ou tarefa, tendo en conta os obxectivos, tempos de realización e niveis xerárquicos existentes na empresa.

* Responsabilización do traballo asignado e comunicación coa persoa adecuada en cada momento.

* Coordinación da súa actividade co resto do equipo e departamentos, informando de calquera continxencia non prevista.
* Estimación das repercusións da súa actividade na prestación do servicio da empresa e na imaxe que ela proxecta.
* Mostrar en todo momento unha actitude de respecto cara ós procedementos e cara ás normas da empresa.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do curriculum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Humanidades e ciencias sociais.

* O expediente académico do alumno, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Economía e organización de empresas.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de xestión do transporte:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Xestión administrativa do transporteProcesos comerciais

Procesos de xestión administrativa

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

2Xestión administrativa do comercio internacionalOrganización e xestión comercialProfesor de ensino secundario

3Organización do servicio de transporte terrestreOrganización e xestión comercialProfesor de ensino secundario

4Planificación e xestión da explotación do transporte terrestreProfesor especialista (1)Profesor especialista (1)

5Almacenaxe de productosProcesos comerciaisProfesor técnico de FP

6Comercialización do servicio de transporteOrganización e xestión comercialProfesor de ensino secundario

7Aplicacións informáticas de propósito xeralProcesos comerciais

Sistemas e aplicacións informáticas

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

8Lingua estranxeira (inglés)InglésProfesor de ensino secundario

9Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Para impartición deste módulo profesional é necesario un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaOrganización e xestión comercial

Formación e orientación laboral (1)

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasOrganización e xestión comercial

Formación e orientación laboral (1)

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Organización e xestión comercial-Diplomado en ciencias empresariais

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de xestión do transporte require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Aula de xestión90 m60 m60%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Xestión administrativa do transporte.

* Xestión administrativa do comercio internacional.

* Organización do servicio de transporte terrestre.

* Planificación e xestión da explotación do transporte terrestre.

* Almacenaxe de productos.

* Aplicacións informáticas de propósito xeral.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Xestión administrativa do transporte.

* Xestión administrativa do comercio internacional.

* Organización do servicio de transporte terrestre.

* Planificación e xestión da explotación do transporte terrestre.

* Almacenaxe de productos.

* Aplicacións informáticas de propósito xeral.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Mestre (en tódalas súas especialidades).

* Diplomado en biblioteconomía e documentación.

* Diplomado en ciencias empresariais.

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en estatística.

* Diplomado en xestión e administración pública.

* Diplomado en relacións laborais.

* Diplomado en traballo social.

* Diplomado en turismo.

* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

185Xestión administrativa do transporte

215Organización do servicio de transporte terrestre

130Almacenaxe de productos

110Aplicacións informáticas de propósito xeral

130Lingua estranxeira (inglés)

55Relacións no contorno de traballo

Horas totaisDenominación dos módulos

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

185Xestión administrativa do comercio internacional

200Planificación e xestión da explotación do transporte terrestre

200Comercialización do servicio de transporte

75Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.