Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 25 de novembro de 2003, do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador S-P-01/2003, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a incoación do expediente sancionador S-P-01/2003 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que de seguido se relaciona.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados desde o seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do presente acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes, e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse (artigo 16.1º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado mediante RD 1398/1993, do 4 de agosto).

En caso contrario, de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1º, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado mediante o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para examina-lo expediente e formular, dentro do prazo que en cada caso se estableza, as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

Xefa de Servicio de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-01/2003.

Interesado: Constantino Fernández Estévez.

Enderezo: Barral, s/n, 36472 Salceda de Caselas (Pontevedra).

Asunto: realización de diversas obras de construcción (vivenda de planta baixa a carón do adro; lavabos de uso público arrimados á igrexa; novo cemiterio con materiais pouco axeitados ó contorno; posible reconstrucción da torre campanario no que respecta ó seu terceiro e último corpo), ademais de diversos destrozos (en cruces, adornos funerarios, fonte de pedra, cruceiro e peto de ánimas), dentro da área de protección de 100 m da igrexa de Santa María de Salceda, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra), carecendo da previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.

A igrexa parroquial de Santa María de Salceda aparece recollida no catálogo de bens culturais protexidos das normas subsidiarias de planeamento municipal da Salceda de Caselas (BOP de Pontevedra nº 64, do 4 de abril de 1977). Así mesmo, inclúese no Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico do concello de Salceda de Caselas, das normas complementarias e subsidiarias de planeamento da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (Orde do 3-4-1991, publicada no DOG nº 72, do 16 de abril).

Precepto infrinxido: artigo 90 g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.