Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona da Parda, xunto a Renfe, para cualifica-la parcela municipal como de equipamento social asistencial, recreativo-deportivo.

O Pleno da Corporación, en sesión de dezanove de setembro de dous mil tres, prestou aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pontevedra na zona da Parda, xunto á estación de Renfe, para recualifica-la parcela de cesión ó concello, en virtude de convenio urbanístico, como equipamento socio-asistencial de carácter xenérico, e uso específico recreativo e deportivo, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU é formulado por este concello e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, en marzo de 2003, contando con informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 10-7-2003, dispoñéndose o sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, s/n) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 6 de novembro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral