Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no seu artigo 217 fronte de fachada ó Lérez e a súa incidencia nos cuarteiróns 98, 102, 107, 108, 111 e 112.

O Pleno da Corporación, en sesión de vintecatro de outubro de dous mil tres, prestou aprobación inicial ó proxectado da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pontevedra no seu artigo 217 fronte de fachada ó Lérez e a súa incidencia nos cuarteiróns nº 98, 102, 107, 108, 111 e 112, o documento de ordenación de modificación do PXOU é formulado por este concello e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, en marzo de 2003, contando con informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 10-7-2003, dispoñéndose o sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico

deste concello (rúa Churruchaos, s/n) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 5 de novembro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral