Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria do Gando Vacún, Xundeva.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron

depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria do Gando Vacún, Xundeva, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: municipios de Lalín e Rodeiro.

Profesional: representación dos gandeiros de vacún asociados, sobre todo nos aspectos do nivel sanitario e zootécnico das súas explotacións gandeiras, entre outras.

Asinan a acta de constitución: José Benito Vence Deza, presidente, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 21 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra