Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación dos montes Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros, a favor dos veciños do lugar de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o trinta de setembro de dous mil tres, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación dos montes como veciñais en man común coa denominación de Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros, por solicitude dos veciños do lugar de Sadurnín, do concello de Cenlle (Ourense).

Resultando que con data do 22 de decembro de 2000, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Sadurnín, concello de Cenlle (Ourense), solicitando que se declaren os montes Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros como veciñais en man común.

Resultando que o xurado provincial, na sesión do 26 de setembro de 2001, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Ribadavia e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Sadurnín, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Cenlle, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cenlle, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para

que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Ribadavia, como segue:

Anotación preventiva letra A, nos folios 145 ó 148, do libro 76 de Cenlle, tomo 505, predios 1050 ó 1053.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpríron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio commumi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense).

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños de Sadurnín están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Sadurnín, e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-los montes coa denominación de Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Con

chouros, de 24 ha 14 a, aproximadamente, en conxunto de superficie, a favor dos veciños de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Cenlle (Ourense).

Denominación do monte: Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros.

Comunidade propietaria: lugar de Sadurnín, parroquia de San Xoán de Sadurnín.

Superficie: 24 ha 14 a, en conxunto, aproximadamente.

-Monte Chaira:

Superficie: 10 ha 92 a aproximadamente.

Estremas.

Norte: estrada da Pena, José Bóveda Bóveda, María Vila Fernández.

Sur: José Benito García Montero, Manuel Feijó Mariño.

Leste: José Bóveda Bóveda, José Benito García Montero, Delfín García Vázquez.

Oeste: camiño público, María Paz Diéguez García, Juán Bóveda Bóveda, Celsa García Casares.

-Monte Campo de Arriba:

Superficie: 1 ha 69 a aproximadamente.

Estremas.

Norte: estrada da Pena.

Sur: Juan Bóveda Bóveda, Manuel Feijó Mariño, Eliseo Pérez Fernández, José Bóveda Bóveda.

Leste: Manuel Feijó Mariño, José Bóveda Bóveda.

Oeste: Manuel Rodríguez Varela.

-Monte A Boutureira:

Superficie: 7 ha 36 a aproximadamente.

Estremas.

Norte: Carmen Fernández Durán, María Vila Fernández, Fidel Fernández González.

Sur: José García Alvés, José Rodríguez Soto, Manuel Rivera Vila, Jaime Soto Durán.

Leste: destro da parroquia de Trasariz, Carmen Fernández Durán, María Paz Diéguez García.

Oeste: dentro da parroquia de Sadurnín, José Bóveda Bóveda, Eliseo Pérez Fernández, Luisa Pérez Lage.

-Monte Os Conchouros:

Superficie: 4 ha 17 a aproximadamente.

Estremas.

Norte: Nieves Bóveda Bóveda, Julio González Pagón.

Sur: Modesto Bello Casares, Jaime Soto Durán, Julia García Montero, Delfín García Vázquez.

Leste: Eloy Pérez Villanueva, Manuel Carnero Pagón, Antonio Pérez González.

Oeste: Eloy Pérez Villanueva, María Vila Fernández, Manuel Veloso Covelo.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poida figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Cenlle, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 30 de setembro de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense