Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 21 de novembro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se lle notifica a Francisco Rivadulla Domínguez a proposta de resolución formulada pola instructora do expediente administrativo sancionador de restitución e reposición da legalidade S-43/2002, por presunta infracción á lexislación de costas, por realización de obras consistentes na construcción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Bico de Mar, concello de Boiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula a instructora, polos feitos sinalados, presuntamente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e do seu regulamento do 1 de decembro de 1989, modificado parcialmente polos Reais decretos 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para obte-las copias dos documentos que constan no expediente, formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes, conforme o artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas.

O expediente mencionado a seguir atópase á disposición do interesado no Servicio de Usos do Litoral da citada Delegación Territorial na Coruña, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, edificio administrativo de servicios múltiples, 8ª planta, praza Luís Seoane s/n, A Coruña.

Expediente número: S-43/2002.

Denunciado: Francisco Rivadulla Domínguez.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Beluso, nº 4, Boiro, A Coruña.

Data da proposta: 3-10-2003.

Feitos: construcción de vivenda unifamiliar, coas características que figuran descritas no informe do técnico do Servicio de Usos do Litoral que consta no expediente.

Lugar: Bico de Mar.

Concello: Boiro.

Tipificación: artigo 90.c) da Lei de costas e 174.c) do seu regulamento.

Cualificación: grave, artigo 91.2.e da Lei de costas e 175.2º.e do seu regulamento.

Proposta de resolución: impoñer unha multa de 2.205 euros e ordena-la restitución das cousas e a súa reposición ó estado anterior á comisión da infracción a Francisco Rivadulla Domínguez, para o que se sinala un prazo de dous meses desde que a resolución sexa firme na vía administrativa.

A Coruña, 21 de novembro de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña