Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 21 de novembro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se lle notifica a Antonio Millán Laranga a proposta de resolución formulada pola instructora do expediente administrativo sancionador de restitución e reposición da legalidade S-47/2003, por presunta infracción á lexislación de costas, por realización de obras consistentes na reconstrucción dunha vivenda unifamiliar con aumento de volume no lugar de Modorróns-Palmeira, concello de Ribeira.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula a instructora, polos feitos sinalados, presuntamente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e do seu regulamento con data do 1 de decembro de 1989, modificado parcialmente polos reais decretos 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para obte-las copias dos documentos que constan no expediente, formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes, conforme o artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas.

O expediente mencionado a seguir atópase a disposición do interesado no Servicio de usos do litoral da citada Delegación Territorial na Coruña, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, edif. advo. de servicios múltiples, 8ª planta, praza Luís Seoane s/n, A Coruña.

Expediente número: S-47/2003.

Denunciado: Antonio Millán Laranga.

Condición: Promotor.

Último enderezo coñecido: r/ do Vilar, nº 54, Palmeira, Ribeira.

Data da proposta: 26-8-2003.

Feitos: reconstrucción de vivenda unifamiliar con aumento de volume (aumento dunha planta e anexo), todo iso coas características que figuran descritas no informe do técnico do Servicio de Usos do Litoral que consta no expediente.

Lugar: Modorróns-Palmeira.

Concello: Ribeira.

Tipificación: art. 90 c) da Lei de costas e 174 c) do seu regulamento.

Calificación: grave, art. 91.2º e) da Lei de costas e 175.2º e) do seu regulamento.

Proposta de resolución: impoñer unha multa de 17.875 A, e ordena-la restitución das cousa e a súa reposición o estado anterior á comisión da infracción a Antonio Millán Laranga, para o que se sinala un

prazo de dous meses desde que a resolución sexa firme na vía administrativa.

A Coruña, 21 de novembro de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña