Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/207).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Fraga.

Situación: Toques.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 445 m, con orixe no apoio nº 11 da L.M.T. ó C.T. San Xiao (expediente 137/2000) e final no C.T. A Fraga, conductor tipo sección LA 56/54,6.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 25 kVA e unha relación de transformación 15/0,380-0,220 kV.

Liña aérea de baixa tensión, con orixe no C.T. A Fraga. No termo municipal de Toques.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

María Elena Quintela Ares, en representación dos hrdos. de Luis Quintela Vázquez, como propietarios do predio nº 1, alega erro nas persoas afectadas, pasando a ser usufructuaria Elena Ares García. Manifesta tamén que o nome que consta na notificación non se corresponde co do predio, indicando tamén que o predio está plantado de árbores, e solicita que a L.M.T. se proxecte subterránea, dado que en caso contrario perdería as súas características urbanísticas, a fronte da parcela dá á estrada de Melide a San Xiao.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que corrixe a titularidade, e que está á disposición da afectada para indicarlle cómo a afecta o trazado e que na fase de levantamento de actas previas se lle indicará claramente a afección. Con respecto á solicitude de realiza-lo trazado subterráneo menciona o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, R.T. L.A.T. e en especial o artigo nº 4. Que os prexuízos ocasionados, en caso de non chegar a un acordo amigable, poderá reclamalos no momento de presentar folla de aprecio, co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo. Que o artigo nº 58 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, que establece a servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica non lle impide ó dono do predio edificar nel deixando a salvo esta servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso da alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente.

A Coruña, 11 de novembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña