Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

CÉDULA de notificación de sentencia (432/2002).

Mª Isabel Vicente Cabezas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, dou fe, que nos autos seguidos ante este xulgado co número 432/2002 recaeu sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Procedemento verbal número 432/2002.

Maxistrado xuíz: Juan José Trashorras García.

Partes:

Demandante: Caja de España de Inversiones (representada polo procurador Sr. Fernández García en substitución do seu compañeiro Sr. Portela Leirós e defendida pola letrada Sra. Fernández Escudero.

Demandados: Francisco Omil Nazara e Dolores Moldes Rodiño (rebeldes).

Sobre acción de reclamación de cantidade derivada de incumprimento contractual por importe de 216,59 euros.

Sentencia número 135.

En Pontevedra o trece de outubro de dous mil tres.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que o presente procedemento de xuízo verbal se iniciou por demanda na que a parte demandante, exercitando unha acción de reclamación de cantidade, terminaba solicitando como petición que se condenase ós demandados ó aboamento da cantidade de 216,59 euros, máis os xuros da dita cantidade desde a data de peche da conta ou, se é o caso, desde a data do emprazamento de custas, todo iso con base nos feitos e fundamentos de dereito que constan no seu escrito de demanda.

Segundo.-Admitida a trámite a demanda citouse ás partes á vista cos apercibimentos legais de rigor, non comparecendo os demandados, polo que foron declarados en rebeldía.

Terceiro.-Propuxéronse as probas de interrogatorio de parte e documental, as cales foron admitidas, practicándose co resultado que consta en autos.

Cuarto.-Esta sentencia dentro do prazo de dez días a partir do seguinte desde a terminación da vista.

Que estimando da demanda promovida polo procurador Sr. Portela, en nome e reprsentación de Caja de España de Inversiones, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, contra Francisco Omil Nazara e Dolores Molde Rodiño (rebeldes), debo condenar e condeno os ditos demandados a que aboen solidariamente á demandante a suma de dous centos dezaseis euros con cincuenta e nove céntimos de euro (216,59 euros), máis os xuros legais da dita cantidade desde o día 11 de xullo de 2002, condenándoos así mesmo ó aboamento das custas do xuízo.

Así, por esta sentencia, que non é firme e contra a que se poderá interpor recurso de apelación que

se preparará ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días, mándao e asínao Juan José Trashorras García, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido. Dou fe».

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde, expido esta sentencia en Pontevedra, 30 de outubro de 2003.

A secretaria

Rubricado