Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (111/2003).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de altas nº 111/2003 acordouse notifica-la sentencia do 13-11-2003, que ten a seguinte resolución:

Que debo condenar e condeno a Eurico Barreto Ruiz como autor responsable dunha falta de desobediencia ós axentes da autoridade, tipificada no artigo 634 Código penal, á pena de multa de 40 días, a razón de 6 euros de cota diaria, con arresto substitutorio en caso de non pagamento nos termos regulados no artigo 53.1º do Código penal, así coma ó aboamento da metade das custas procesuais.

Que debo condenar e condeno a Francisco Padial Romero como autor responsable dunha falta de desobediencia ós axentes da autoridade, tipificada no artigo 634 Código penal, á pena de multa de 40 días, a razón de 6 euros de cota diaria, con arresto substitutorio en caso de non pagamento nos termos regulados no artigo 53.1º do Código penal, e como autor responsable dunha falta de danos, tipificada no artigo 625 Código penal, á pena de multa de 10 días a razón de 6 euros ó día, con arresto substitutorio no caso de non pagamento, nos termos regulados no artigo 53.1º do Código penal, e ó aboamento, en concepto de responsabilidade civil ó Concello de Padrón, do importe de 78,79 euros, polos danos e perdas irrogados así coma ó aboamento da metade das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días contado desde a súa notificación».

E para que conste e lles sirva de notificación a Francisco Padial Romero e a Eurico Barreto Ruiz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, 13 de novembro de 2003.

O secretario

Rubricado