Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (288/2003).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 288/2003, se acordou citar a Ahmed Khalloufi, como denunciante, no xuízo do día 7 de xaneiro de 2004 ás 11.20 horas por unha falta de inxurias, sendo o denunciado Vicente José Baleirón Rodríguez.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ahmed Khalloufi, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o doce de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado