Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.456

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (486/2000).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, da fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 486/2000, se dictou o presente auto, que na súa parte dispositiva di:

Declárase firme a sentencia dictada nesta causa, fáganse as anotacións oportunas nos libros de rexistro.

Para a súa execución acórdase o seguinte:

«Requiri-lo pagamento de multa pola cantidade de 180,3 euros a Sonia Abalo Domínguez, ou se é o caso, a un día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas. Deberá face-lo ingreso na conta deste xulgado aberta en Banesto

1575-0000-78-0095-03, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución».

«Respecto da responsabilidade civil, requirir a Sonia Abalo Domínguez, a fin de que no prazo de cinco días proceda a devolver a Milagros Beltrán Domínguez o sofá-cama, obxecto deste procedemento acreditándoo perante este tribunal con apercibimento de que de non verificalo deberá indemniza-la executante coa cantidade que se determine na forma prevista nos artigos 713 e ss da LAC, ó valor executante da cal se lle restará a cantidade de 270,46 euros».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Sonia Abalo Domínguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o doce de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado