De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de novembro de 2001 (BOE do 4 de decembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía básica, do departamento de Psicoloxía Social e Básica, a favor de Francisco José Esmorís Arranz, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco José Esmorís Arranz, profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía básica, do departamento de Psicoloxía Social Básica da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.
Senén Barro Ameneiro
Rector da Universidade de Santiago de Compostela