Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de microbioloxía, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, a Jesús Eulogio Blanco Álvarez (praza 1990/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de novembro de 2001 (BOE do 4 de decembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de microbioloxía, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, a favor de Jesús Eulogio Blanco Álvarez, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús Eulogio Blanco Álvarez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de microbioloxía, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela