Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.453

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Privado, a Natalia Álvarez Lata (praza 229/2001).

Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado na súa reunión do 17 de novembro de 2003, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro) para a provisión da praza número 229/2001 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Privado desta universidade, a favor de Natalia Álvarez Lata, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Natalia Álvarez Lata catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de derecho civil, do departamento de Dereito Privado desta universidade.

A Coruña, 20 de novembro de 2003.

(Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións