Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.422

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de novembro de 2003 pola que se convoca o réxime de concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2004, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo V da Orde do 11 de marzo de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo, e número 77, do 22 de abril.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG, nº 237, do venres 5 de decembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 14.983 no artigo 3º, actuacións subvencionables, onde di: «...instaladas polo menos nunha ocasión antes do 8 de abril.»; debe dicir: «...instaladas polo menos nunha ocasión antes do 8 de abril de 1997.»

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL