Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción da Lei de pesca fluvial P-80/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do pro

cedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 21 de outubro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-80/2003.

Denunciado: Marcos Porto Veiga.

DNI: 33328914-M.

Enderezo: lugar San Lorenzo, nº 63, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con redes (unha rede de malla de aproximadamente dous centímetros e dunha lonxitude de 21 m) no río Neira, sen estar en posesión da preceptiva autorización concedida pola Consellería de Medio Ambiente, tendo capturadas dúas troitas (1-26 cm; 1-18,5 cm) e catro ciprínidos. Feitos constatados o día 27-5-2003, ás 7.15 horas en Marzán, Couto de Láncara-río Neira. Láncara. Lugo.

Precepto sancionador: 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: grave.

Sanción: 3.005,07 euros.

Indemnización por danos e perdas de 64,91 euros que deberá aboar solidariamente con Pedro Martínez Fernández (DNI 76573121-T) de acordo co artigo 130.3º da Lei 30/1992, de RXAP e do PAC.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano e un día.