Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto e como anticipado de gasto, para a contratación da subministración sucesiva en dous lotes, de material de oficina e material informático non inventariable con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva en dous lotes, de material de oficina e material informático non inventaribale con destino ós órganos xudiciais de Galicia. (Expediente anticipado de gasto).

b) Número de unidades que hai que entregarán:

Lote 1: as sinaladas no anexo I do prego de prescricións técnicas.

Lote 2: as sinaladas no anexoII do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: dous lotes.

Lote 1: material informático.

Lote 2: material de oficina vario.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nos órganos xudiciais de Galicia indicados no anexo III do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de entrega: as entregas serán efectuadas en función das necesidades dos órganos xudiciais, que, normalmente, se efectuarán con carácter bimensual ó longo de todo o ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 420.000 A, IVE incluído, segundo o seguinte desagregamento:

Lote 1: 120.000 A.

Lote 2: 300.000 A.

5. Garantía provisional: 8.400 A.

Lote 1: 2.400 A.

Lote 2: 6.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 29.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14.00 horas do día 9 de xaneiro de 2004.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 22 de xaneiro de 2004.

e) Hora: 9.00 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no siguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3354

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais