Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.276

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo para a Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten

participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de acordo co Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, co seu Regulamento de selección e contratación de persoal deste ente público, e coas facultades que teño conferidas polos estatutos citados; e logo do informe favorable emitido conxuntamente polas consellerías da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

1ª Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir dúas (2) prazas de técnicos superiores xurídicos.

Por non se acadaren as porcentaxes mínimas esixidas, non se reserva ningunha praza para ser cuberta por persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, de conformidade co previsto no Decreto 200/2002, do 6 de xuño.

1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, coas probas, exercicios, sistemas de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nestas bases.

1.3. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorrido, como mínimo, un (1) mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta convocatoria, expoñéndose a data deste exercicio así como dos seguintes no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos (rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña), e no lugar da realización das probas.

1.4. Os aspirantes ós que lles sexan adxudicadas as prazas serán contratados en réxime de laboral fixo e a resolución dos nomeamentos dos candidatos seleccionados como persoal laboral fixo na categoría convocada farase pública na sede do ente público.

1.5. A formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Mentres non se formalice o contrato correspondente, os aspirantes non terán ningún dereito fronte á empresa.

2ª Requisitos mínimos de admisión dos candidatos.

2.1. Para ser admitidos os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España.

-Ter cumpridos os dezaoito (18) anos de idade.

-Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título oficial universitario de licenciado en dereito.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión de documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

-Posuí-la capacidade funcional física e psíquica para o desempeño das tarefas e funcións correspondentes á vacante á que se opta, para o que presentará un certificado médico acreditativo se resulta seleccionado.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza logo do asinamento do correspondente contrato.

3ª Coñecementos necesarios para cubri-los postos.

O programa de temas que corresponde ás prazas convocadas e que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos contense no anexo I desta resolución.

4ª Solicitudes.

4.1. Quen desexe tomar parte no concurso-oposición deberá presentar solicitude, en instancia axustada ó modelo que figura como anexo II desta resolución, xuntando ademais:

-Fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo de nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

-Xustificante emitido pola entidade bancaria que corresponda, de ter pagados os dereitos de exame no prazo establecido para a presentación de instancias, ou, de se-lo caso, fotocopia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista nestas bases.

-Documento xustificativo de estar en posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Direc

ción Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio.

-Documentación acreditativa, se é o caso, dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia cotexada. A experiencia acreditarase cun historial completo emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mais certificado de empresa, copia cotexada de nóminas ou dos contratos de traballo.

4.2. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición e mailo aboamento dos dereitos de exame ou, se é o caso, xustificante de exención deles. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumprir requisitos.

4.3. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, dirixidas ó presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, presentaranse no rexistro xeral do ente público (rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

4.4. De conformidade co disposto na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1999, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán aboarse previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de trinta e seis euros (36 euros) e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, empregando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III.

O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servicios centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de tódalas consellerías e nas dependencias da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

-Consellería de Medio Ambiente; código: 15.

-Delegación de servicios centrais; código: 13.

-Servicio de Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos; código de servicio: 13.

-Taxa: denominación inscrición na convocatoria para a selección de técnicos superiores xurídicos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos; código: 300300.

4.5. En ningún caso a presentación do xustificante de pagamento dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

4.6. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

4.7. A Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos reserva para si a facultade de comproba-la veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

4.8. O enderezo que figura nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións, sendo responsabilidade do aspirante tanto un erro na súa consignación como a comunicación á Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos de calquera cambio nel.

4.9. A presentación de solicitudes supón a aceptación incondicionada das bases reguladoras da convocatoria.

5ª Discapacidades.

5.1. Para a realización da oposición a comisión de selección desta establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandasen e acreditasen coa solicitude de admisión ó proceso selectivo, as adaptacións posibles de tempos e medios.

5.2. Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de exame os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da minusvalidez.

5.3. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitasen dúbidas á comisión de selección respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das funcións correspondentes ós postos de traballo convocados, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

6ª Admisión de aspirantes.

6.1. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, nos dez (10) días seguintes e por mandato do presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, expoñerase no taboleiro de anuncios deste ente público a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo; respecto destes últimos, farase constar na devandita lista a causa da súa exclusión.

6.2. Os aspirantes excluídos poderán presentar reclamación coa documentación complementaria que estimen oportuna perante o presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

6.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ben por instancia do interesado.

6.4. Unha vez transcorrido o dito prazo, o presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos dictará resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos, fronte á que se poderá

interpoñer, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da lista, recurso potestativo de reposición perante o presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A citada resolución será exposta, para os efectos de publicidade, no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, xunto coa indicación do lugar, data e hora na que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo da comisión de selección.

6.5. O feito de figuraren na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta resolución. Cando da documentación que se debe presentar no caso de supera-lo procedemento selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivar da súa participación neste procedemento.

7ª Comisión de selección.

7.1. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

7.2. O presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos designará os membros da comisión de selección.

A resolución pola que se determina a composición nominal da comisión de selección, segundo o previsto no parágrafo anterior, será exposta, con anterioridade á data fixada para o primeiro exercicio, no taboleiro de anuncios do ente público. A designación nominal dos membros da comisión de selección incluirá a dos respectivos suplentes.

7.3. A comisión de selección estará composta por cinco membros coa seguinte distribución:

Presidente: o presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

Secretario: un técnico da Administración da Xunta de Galicia, licenciado en dereito.

Vocais: tres técnicos da Administración da Xunta de Galicia.

7.4. Tódolos membros da comisión de selección actuarán con voz e voto.

7.5. Os membros da comisión de selección deberán absterse de formar parte dela cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se estivesen realizando tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos

cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria, e notificaranllo ó presidente da comisión. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da devandita Lei 30/1992.

O presidente da comisión poderá solicitarlles ós membros dela declaración expresa de non atoparse incursos nas causas de abstención e recusación.

7.6. A comisión de selección non poderá constituírse validamente nin actuar se non están presentes o presidente e o secretario e polo menos dous dos seus vocais.

As decisións adoptaranse por maioría dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente.

7.7. A comisión de selección queda facultada para resolve-las dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderá adopta-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases, axustándose na súa actuación ás previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.8. A comisión de selección poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades.

7.9. Funcións da comisión:

-Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

-Avalia-las probas e outorgarlles cualificación ós aspirantes segundo as normas desta convocatoria.

-Formalizar, mediante actas, todo o proceso de concurso-oposición e mailo resultado final, que será remitido ó presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos mediante certificación do secretario da comisión da lista de aspirantes por orde de cualificación, da máis alta á máis baixa.

-No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida na primeira proba e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética, de acordo co último sorteo de letra vixente que para os efectos da realización de procedementos de selección na Administración pública fora publicado no DOG.

7.10. En ningún caso a comisión de selección poderá aprobar nin declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas. Calquera proposta que contraveña este punto será nula de pleno dereito.

7.11. Sede da comisión de selección:

Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, a comisión terá a súa sede na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono 981 56 09 10/11. Fax 981 56 07 91.

7.12. A comisión de selección que actúe nestas probas selectivas terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre

indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

8ª Oposición: desenvolvemento das probas.

As probas desenvolveranse en galego ou castelán.

8.1. Establécense catro tipos de probas, que se realizarán pola orde seguinte.

8.1.a) Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 80 preguntas tipo test, máis 3 de reserva, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, elixido por sorteo entre dous propostos pola comisión de selección e correspondentes ó contido do temario previsto no anexo I desta convocatoria.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e trinta minutos.

Na cualificación deste exercicio terase en conta que por cada dúas respostas incorrectas, descontarase unha correcta; as respostas en branco non puntúan; e as dobres respostas e as que non estean claras consideraranse incorrectas.

No prazo de vintecatro horas seguintes ó día da celebración do exame, faranse públicas as respostas correctas do test no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos e no lugar de realización do exercicio.

8.1.b) Segundo exercicio: consistirá no desenvolvemento de forma escrita dun tema de carácter xeral directamente relacionado co programa previsto no anexo I desta convocatoria, obtido por sorteo entre dous presentados pola comisión de selección.

Deberá efectuarse no tempo máximo de dúas horas, sen o auxilio de texto ou material ningún.

8.1.c) Terceiro exercicio: consistirá na realización por escrito dun suposto práctico sobre aspectos relacionados coas materias correspondentes ó temario establecido no anexo I da convocatoria, elixido por sorteo entre dous propostos pola comisión de selección e para o que se lles comunicará ós aspirantes o material e os medios que, a xuízo desta, sexan necesarios para a súa resolución, non podendo ser utilizado ningún outro material de consulta e axuda polos aspirantes.

O tempo máximo de duración deste exercicio será dunha hora e trinta minutos.

8.1.d) Cuarto exercicio: constará de dúas partes:

-Primeira parte: consistirá na traducción por escrito dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo entre dous textos propostos pola comisión.

-Segunda parte: consistirá na traducción por escrito dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo entre dous textos propostos pola comisión.

O tempo máximo para a realización de ámbalas dúas partes será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto nas dúas partes que constitúen o exercicio, correspondéndolle á comisión determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso ou validación acreditativos do nivel de perfeccionamento no coñecemento da lingua galega debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Tal acreditación deberá presentarse mediante o correspondente orixinal ou fotocopia cotexada durante o prazo de presentación de solicitudes fixado na base 4.3.

8.2. Os catro exercicios de que se compón a oposición serán de carácter eliminatorio para aqueles aspirantes que non acaden as cualificacións mínimas establecidas para cada exercicio.

Os exercicios primeiro e segundo cualificaranse cada un deles de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalos obter en cada un dos exercicios como mínimo 10 puntos; o exercicio terceiro cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos. Corresponderalle á comisión de selección determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

O cuarto exercicio cualificarase de acordo co disposto na base 8.1.d).

8.3. Unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios das probas selectivas da oposición, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos e no lugar de celebración destes as puntuacións dos ditos exercicios, con indicación do DNI de cada aspirante.

8.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único e será excluído quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados pola comisión de selección. Os anuncios para a realización dos exercicios faraos públicos a comisión de selección na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación, como mínimo, ó seu comezo.

8.5. As probas realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos aspirantes, membros da comisión de selección e, de se-lo caso, dos colaboradores designados por esta.

8.6. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos pola comisión de selección coa finalidade de acredita-la súa identidade.

9ª Concurso: baremo de méritos.

9.1. A comisión de selección avaliará os méritos que con motivo da súa experiencia profesional acrediten os aspirantes que superasen a oposición.

9.2. Experiencia acreditada, ata un máximo de 5 puntos:

-Na categoría profesional de técnico superior xurídico na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos: 0,10 puntos por mes traballado ou fracción.

-Na categoría profesional de técnico superior xurídico ou similar en organismos ou entidades das administracións públicas que xestionen obras, servicios e demais infraestructuras públicas: 0,05 puntos por mes traballado ou fracción.

9.3. Os méritos enumerados deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

9.4. A baremación desta fase de concurso será feita pública no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante a propia comisión de selección no prazo de dez (10) días hábiles a partir da exposición da dita baremación.

9.5. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións da baremación inicialmente asignada a cada aspirante, a comisión de selección incluiraas no acordo definitivo que conteña a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

10ª Contratación laboral e período de proba.

10.1. A Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, de acordo cos resultados do concurso-oposición e no suposto de haber aspirantes que superasen os mínimos esixibles establecidos nesta convocatoria, procederá á contratación con carácter fixo ata o número de vacantes fixadas no concurso-oposición, dentro do grupo de aspirantes que propoña a comisión de selección.

10.2. Para os efectos da súa contratación, e por requirimento deste ente público, os aspirantes seleccionados deberán presentar no prazo de vinte (20) días naturais os seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada do título esixido ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título ou, de se-lo caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

-Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.

-Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base 2.1.

10.3. Se os seleccionados, dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos da base 2, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

10.4. Os aspirantes que obteñan praza deberán incorporarse no prazo máximo de tres (3) días hábiles desde a notificación, salvo casos de forza maior debidamente xustificados; de non se efectuar, entenderase como renuncia tácita ó seu posto de traballo.

10.5. As contratacións para ocupa-las vacantes do cadro de persoal fixo convocadas por esta resolución estarán sometidas a un tempo de proba de tres (3) meses.

10.6. O desempeño de calquera posto de traballo na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos estará sometido ás incompatibilidades previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

11ª Recursos.

Esta convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas mediante recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante o anterior, os interesados poderán optar por interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ante o presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, nos termos previstos nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Así mesmo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra os actos da comisión de selección ante a Presidencia deste ente público nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

ANEXO I

Programa de temas que rexerá nas probas

selectivas para as prazas convocadas de técnicos

superiores xurídicos da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

Tema 1. A norma xurídica: estructura e caracteres. Clases de normas xurídicas. Efectos esenciais das normas. Inescusabilidade do seu cumprimento e erro de dereito. Exclusión voluntaria da lei. Actos contrarios á norma imperativa e prohibitiva. A fraude de lei: requisitos e efectos.

Tema 2. Límites temporais á eficacia das normas: comezo e fin da vixencia. A derrogación tácita. Normas transitorias. O principio de irretroactividade.

Tema 3. Fontes do dereito. Os principios informadores do sistema de fontes no ordenamento xurídico español. A Constitución e o sistema de fontes. A Constitución como norma xurídica suprema e como fonte do dereito.

Tema 4. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas na Constitución. Estructura e valor normativo do título primeiro.

Tema 5. A posición constitucional da lei dentro do sistema de fontes. As diversas manifestacións da potestade lexislativa. Leis do Estado e leis das comunidades autónomas. Leis orgánicas e leis ordinarias. O principio de reserva de lei.

Tema 6. O costume como fonte de dereito. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Xurisprudencia ordinaria e xurisprudencia constitucional.

Tema 7. O Estado social e democrático de dereito. A monarquía parlamentaria como forma do Estado. A institución da Coroa. Funcións do rei. O referendo dos seus actos.

Tema 8. As Cortes Xerais: composición, estructura e funcións. A función lexislativa.

Tema 9. O Goberno. Composición, funcións e estatuto dos seus membros. O control político do Goberno. Goberno e Administración.

Tema 10. O poder xudicial. Administración de xustiza, Estado e comunidades autónomas. A sumisión do xuíz á lei e a independencia xudicial: a inamobilidade.

Tema 11. O Tribunal Constitucional. Composición, organización e competencia. Funcións: o control de constitucionalidade das leis, o recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. Os conflictos de competencias.

Tema 12. A protección dos dereitos constitucionais. As garantías normativas. As garantías institucionais: o Defensor do Pobo e o Ministerio Fiscal. A tutela xudicial. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Tema 13. O dereito comunitario: os seus principios informadores. As relacións entre o dereito comunitario e os dereitos internos. Fontes do dereito comunitario: dereito orixinario e dereito derivado. Os principios de efecto directo e de primacía.

Tema 14. Institucións fundamentais da Unión Europea. En especial, o Tribunal de Xustiza. O xuíz español como xuíz comunitario. O recurso prexudicial. Outros procedementos ante o Tribunal de Xustiza.

Tema 15. As competencias da Comunidade Europea. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

Tema 16. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 17. Administración pública e dereito. A personalidade xurídica das administracións públicas. Tipoloxía dos entes públicos. A organización administrativa. Relacións entre as administracións públicas.

Tema 18. O sistema de fontes do dereito administrativo. A lei: concepto, requisitos e clases. O proceso de integración da lei no ordenamento xurídico. As disposicións do executivo con rango de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O control da delegación lexislativa.

Tema 19. O regulamento: concepto e caracteres. As clases de regulamentos. Relacións entre lei e regulamento. As condicións limitativas do exercicio da potestade regulamentaria. Os regulamentos ilegais: a súa impugnación.

Tema 20. O principio de legalidade da Administración: a súa construcción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

Tema 21. Os actos administrativos: concepto e caracteres. As diferentes clasificacións. Os elementos do acto administrativo. O contido dos actos administrativos. A motivación do acto administrativo.

Tema 22. A notificación e publicación dos actos administrativos. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos irregulares non invalidantes. A transmisibilidade, conversión, conservación e validación dos actos administrativos.

Tema 23. A eficacia e executividade dos actos administrativos. A extinción e suspensión do acto en vía administrativa. A executoriedade dos actos administrativos: concepto e medios de execución forzosa.

Tema 24. A revisión de oficio dos actos administrativos: supostos e procedemento. A impugnación xurisdiccional dos actos administrativos pola propia Administración: a declaración de lesividade. A revogación dos actos administrativos.

Tema 25. O procedemento administrativo: concepto, natureza e fins. As clases de procedementos administrativos. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: obxecto e ámbito de aplicación. Os interesados no procedemento: concepto legal, capacidade, lexitimación e representación.

Tema 26. Os principios informadores do procedemento administrativo común. Os actos de ordenación no procedemento administrativo. As fases do desenvolvemento do procedemento administrativo: iniciación, instrucción e terminación.

Tema 27. Os termos e prazos no procedemento administrativo común. A duración do procedemento administrativo. Especial análise do silencio administrativo no ámbito do procedemento.

Tema 28. Os recursos administrativos: concepto e caracteres. Natureza xurídica. As clases de recursos administrativos. Os requisitos xerais. O procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso de alzada. O recurso de reposición. O recurso de revisión.

Tema 29. A función pública española: regulación legal, estructura e órganos superiores. Natureza e contido da relación funcionarial. Selección de funcionarios públicos e de persoal laboral. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas.

Tema 30. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos dos funcionarios públicos: esquema xeral. Deberes. Réxime de incompatibi

lidades. Responsabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

Tema 31. Os contratos das administracións públicas: natureza, caracteres e clases. Marco legal. Ámbito de aplicación. Réxime xurídico dos contratos administrativos. Normas de procedemento. Requisitos comúns dos contratos administrativos. Capacidade para contratar con carácter xeral coa Administración.

Tema 32. Pregos de contratación pública en xeral. Clases de expedientes de contratación administrativa. Proposicións dos interesados na contratación en xeral. Mesa de contratación.

Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos das administracións públicas con carácter xeral. Notificación das adxudicacións. Formalización do contrato. Garantías esixibles nos contratos administrativos: clases, constitución e cancelación. Invalidez dos contratos.

Tema 34. Execución dos contratos das administracións públicas en xeral: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro, demora na execución e prórroga. Modificación e suspensión dos contratos administrativos con carácter xeral.

Tema 35. Cesión e subcontratación nos contratos das administracións públicas. Referencia á clasificación e á revisión de prezos nos contratos administrativos con carácter xeral. Extinción dos contratos administrativos en xeral.

Tema 36. O contrato administrativo de obras: obxecto. Contratos menores. Proxectos de obras: supervisión, aprobación e replanteo. Prazos para a presentación de proposicións nos procedementos de adxudicación. Certificacións e aboamentos á conta. Recepción e prazo de garantía.

Tema 37. Os contratos administrativos de subministracións e de consultoría e asistencia: concepto. Contratos menores. Prazos para a presentación de proposicións nos procedementos de adxudicación. Xustificación e duración do contrato de consultoría e asistencia. Recepción e prazo de garantía.

Tema 38. O contrato administrativo de xestión de servicios públicos: concepto e características xerais. Ámbito do contrato. Modalidades. Procedementos e formas de adxudicación.

Tema 39. O contrato de concesión de obras públicas: concepto e contido. Réxime legal. Peculiaridades do expediente de contratación. Dereitos e obrigas do concesionario. Prerrogativas e dereitos da Administración. Réxime económico-financeiro da concesión.

Tema 40. A expropiación forzosa: concepto e características. A potestade expropiatoria: natureza e xustificación. O contido da expropiación. Suxeitos e obxecto da potestade expropiatoria. A causa expropiandi.

Tema 41. O procedemento de expropiación forzosa ordinario. Exame xeral da expropiación urxente. A ocupación temporal dos bens. A reversión do ben expropiado. As garantías xurisdiccionais.

Tema 42. A potestade sancionadora da Administración pública: concepto e natureza xurídica. Ámbito de aplicación. Os principios informadores xerais da potestade sancionadora. O procedemento sancionador común: principios e visión xeral das fases da súa tramitación.

Tema 43. Outras potestades da Administración. A potestade financeira e tributaria. A potestade de programación e planificación. As potestades arbitrais.

Tema 44. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: regulación actual. As características da responsabilidade patrimonial da Administración. Elementos. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade: modalidades do procedemento e trazos xerais dos seus trámites. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ó servicio das administracións públicas.

Tema 45. As propiedades administrativas en xeral. Clases de propiedades administrativas. Os bens patrimoniais das administracións públicas.

Tema 46. O dominio público: concepto e natureza xurídica. Clasificacións. Elementos: suxeitos, obxecto e destino. Afectación, desafectación e mutacións demaniais. Réxime xurídico do dominio público: inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade.

Tema 47. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto, natureza e fundamento. Extensión e límites da orde xurisdiccional contencioso-administrativa. Órganos da xurisdicción contencioso-administrativa. As partes: lexitimación e postulación. Actos impugnables. O proceso contencioso-administrativo ordinario.

Tema 48. A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. O estado autonómico. Proceso de formación das comunidades autónomas. Os órganos das comunidades autónomas.

Tema 49. O ordenamento estatal e o ordenamento das comunidades autónomas. Os seus principios informadores. As relacións entre ámbolos dous ordenamentos. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 50. La posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional. O estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. O estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do estatuto respecto ás demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

Tema 51. A autonomía galega. O Estatuto de autonomía de Galicia: proceso de elaboración, estructura e contido. Desenvolvemento do Estatuto.

Tema 52. A interpretación do Estatuto de autonomía de Galicia. A súa reforma. A rixidez estatutaria. As súas garantías. Os supostos de reforma. Os seus respectivos procedementos.

Tema 53. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición e sede. A Xunta de Galicia: natureza, composición, atribucións e funcionamento. O Estatuto persoal e atribucións do presidente da Xunta de Galicia.

Tema 54. O Parlamento de Galicia: carácter, sistema electoral e funcións. O control parlamentario da acción do goberno. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 55. A Administración pública galega. As consellerías: estructura orgánica en xeral. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. A Administración periférica: organización administrativa.

Tema 56. A Administración institucional: caracteres xerais dos organismos que a constitúen. A Administración consultiva: o Consello Consultivo de Galicia. O Valedor do Pobo: natureza, atribucións e facultades.

Tema 57. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia, normas con rango de lei e regulamentos. Os niveis competenciais da Comunidade Autónoma de Galicia e, en especial, o réxime xurídico do exercicio das súas competencias. A aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal.

Tema 58. O patrimonio da Xunta de Galicia. Normativa reguladora: estructura e contido. Bens que o integran. Adquisición, alleamento e cesión. Cambios de cualificación e afectación. Protección e defensa. Prerrogativas.

Tema 59. A función pública de Galicia: bases do seu réxime xurídico. Normativa legal e regulamentaria en materia de función pública galega: peculiaridades. Persoal funcionario. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 60. A Administración local: réxime legal vixente. A Administración local en Galicia. O municipio: concepto e o seu réxime legal. Elementos: poboación e territorio. Organización. Competencias. Eleccións locais.

Tema 61. A provincia: concepto e o seu réxime legal. Elementos. Organización. Competencias. Réximes especiais municipais e provinciais.

Tema 62. Réxime xurídico das corporacións locais: impugnación de acordos. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Bens e servicios das corporacións locais. Contratación das corporacións locais.

Tema 63. As competencias en materia hidráulica na Constitución española de 1978 e no Estatuto de autonomía de Galicia. A transferencia e asunción das funcións e servicios hidráulicos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 64. A Administración hidráulica de Galicia: normativa, ámbito de aplicación e principios informadores. Organización e competencias. Os entes especiais da Administración hidráulica de Galicia: configuración xurídica, esquema organizativo e funcións.

Tema 65. A Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos (I): natureza xurídica. Lei de creación da empresa pública e disposicións normativas reguladoras. Domicilio legal e adscrición orgánica. Obxecto e desenvolvemento regulamentario.

Tema 66. Organización interna da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos (II): órganos administrativos, representación e réxime de adopción de acordos. Réxime xurídico da empresa. Relacións entre a empresa e o seu persoal. Réxime económico, financeiro e orzamentario da empresa.

Tema 67. A normativa actual do dereito das augas continentais. Os bens que integran o dominio público hidráulico; en particular, os leitos, ribeiras e marxes. Utilización do dominio público hidráulico.

Tema 68. A avaliación ambiental en Galicia: marco legal. Órgano autonómico competente en materia de avaliación ambiental. Os diferentes graos de avaliación ambiental. Breve referencia ó contido mínimo da avaliación. Carácter da avaliación. A avaliación ambiental e a súa tramitación procedemental.

Tema 69. A regulación dos convenios da Administración da Xunta de Galicia, en réxime de cooperación, con outras administracións en materia de execución de obras públicas. O réxime xurídico específico de colaboración da Administración hidráulica de Galicia coa Administración local en relación coas infraestructuras hidráulicas e de saneamento. Os convenios de colaboración entre as administracións públicas na Lei 30/1992, do 26 de novembro: suxeitos, contido e efectos.

Tema 70. A planificación das infraestructuras hidráulicas de Galicia: marco xeral, finalidade, liñas de actuación e obxectivos. A planificación hidrolóxica en Galicia-Costa: ámbito legal e aplicación territorial; antecedentes administrativos ata a planificación actual; obxecto e obxectivos.

Tema 71. O saneamento en Galicia: alcance actual, actuacións e financiamento. A ordenación legal do servicio de depuración de augas residuais urbanas de Galicia: marco regulador, ámbito material, xestión e financiamento.

Tema 72. As obras hidráulicas: definición. As obras hidráulicas na Lei de augas estatal: concepto legal e réxime xurídico; competencia das obras hidráulicas públicas; breve referencia ás obras hidráulicas de interese xeral; contrato de construcción e explotación de obras hidráulicas: concepto e réxime. As obras hidráulicas de Galicia en relación cos ámbitos expropiatorio e municipal.

Tema 73. O dereito real: concepto e caracteres. Clases. Dereitos reais recoñecidos na lexislación española.

Tema 74. O dereito de propiedade. Modos de adquiri-lo dominio. Sistemas de adquisición. Teoría do título e o modo. A tradición. A ocupación. A usucapión.

Tema 75. A posesión: concepto e clases. O usufructo. O dereito real de servidume: concepto, caracteres e clases. Servidumes persoais. Servidumes reais. Constitución, contido e extinción.

Tema 76. Dereitos reais de garantía: concepto e clases. A hipoteca inmobiliaria. A hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento.

Tema 77. A obriga: concepto. Elementos. Incumprimento das obrigas: mora, culpa, dolo, caso fortuíto e forza maior.

Tema 78. O contrato: concepto e clases. Capacidade para contratar. Incapacidades e prohibicións. O obxecto do contrato: requisitos. A causa: normas do Código civil. Forma dos contratos.

Tema 79. Rexistro da propiedade. Títulos inscribibles. Clases de asentos. A Administración e o Rexistro da Propiedade.

Tema 80. O dereito mercantil: concepto, caracteres e contido. O acto de comercio: concepto e clases. O sistema de fontes do dereito mercantil.

Tema 81. O comerciante individual: concepto. Capacidade, incapacidade e prohibicións. A contabilidade mercantil. A empresa mercantil.

Tema 82. A sociedade mercantil: concepto, caracteres e clases. O obxecto social. Constitución e inscrición da sociedade mercantil. Sociedades mercantís irregulares e sociedades civís en forma mercantil.

Tema 83. A sociedade colectiva: concepto e caracteres. Constitución e capital da sociedade colectiva. A sociedade comanditaria simple e a sociedade comanditaria por accións.

Tema 84. A sociedade anónima: concepto. Réxime xurídico español. Denominación social. Escritura de constitución e estatutos sociais: patrimonio e capital social da sociedade anónima.

Tema 85. A acción da sociedade anónima como título. Clases de accións. Os órganos da sociedade anónima. O réxime económico da sociedade anónima.

Tema 86. A sociedade de responsabilidade limitada: concepto e caracteres. A fundación da sociedade de responsabilidade limitada. Capital social. Os órganos da sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 87. As sociedades cooperativas: concepto e réxime xurídico. Sociedades anónimas especiais. Asociacións e unións de empresas.

Título 88. Os títulos valores: concepto, caracteres e clases. Títulos nominativos, ó portador e á orde. A letra de cambio: concepto e natureza. A causa da letra. Emisión da letra de cambio: capacidade e requisitos formais.

Tema 89. A provisión de fondos. A aceptación da letra. O endoso. O aval da letra. O pagamento da letra. O protesto e declaracións equivalentes. As accións e excepcións cambiarias.

Tema 90. O cheque: concepto, emisión e forma. Transmisión do cheque. Presentación e pagamento. Cheques especiais. Accións no caso de impagamento. A obriga de pagamento.

Tema 91. As obrigas mercantís. Os contratos mercantís: natureza e normas xerais. A representación mercantil. A compravenda mercantil.

Tema 92. O contrato de comisión e o afianzamento mercantil. O contrato de axencia. O leasing, o factoring e o renting. O contrato de depósito mercantil.

Tema 93. Dereito do traballo: concepto e fins. Sistema de fontes. A constitucionalización do dereito do traballo. A aplicación das normas laborais.

Tema 94. Convenios colectivos. A forza vinculante dos convenios. Convenios estatutarios e extraestatutarios. Aplicación dos convenios e o principio de globalidade. Vixencia temporal e denuncia.

Tema 95. O contrato de traballo. Notas definitorias. Relación laboral común e relacións laborais especiais. O traballo dos menores.

Tema 96. Modalidades de contrato laboral. Contrato indefinido, contratos temporais, formativos, a domicilio, a tempo parcial, fixo discontinuo e de relevo.

Tema 97. Os suxeitos do contrato de traballo. Concepto de empresa e de traballador. Grupos de empresa. Traballo en común e contrato de grupo. Empresas de traballo temporal.

Tema 98. Prestacións do traballador. Dereitos e deberes. Clasificación profesional. Vacacións, descansos e permisos. Prestación do traballo, xornada e horario.

Tema 99. Prestacións do empresario. Ocupación efectiva. Salario e garantías salariais. O Fondo de Garantía Salarial. Obrigas de Seguridade Social e prevención de riscos laborais.

Tema 100. Mobilidade funcional e xeográfica. Modificacións substanciais do contrato de traballo. A suspensión do contrato.

Tema 101. A extinción do contrato de traballo. Despedimento disciplinario. Despedimento colectivo. Extinción por causas obxectivas. Extinción por vontade do traballador.

Tema 102. A representación dos traballadores na empresa. Comité de empresa e delegados de persoal. Seccións e delegados sindicais. Eleccións.

Tema 103. Conflictos colectivos: formalización e resolución. O dereito de folga. O peche empresarial. Outras formas de conflicto colectivo.

Tema 104. A Seguridade Social en España. Caracteres xerais do sistema español. Réxime xeral e réximes especiais. O modelo de Seguridade Social na Constitución. Réxime xeral. Afiliación. Altas e baixas: procedemento e efectos. Cotización: concepto e natureza xurídica da cota. Continxencias e situacións protexidas.

Tema 105. A acción protectora da Seguridade Social. Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte e supervivencia. A protección por desemprego. A protección á familia. A asistencia sanitaria.

Tema 106. Os orzamentos: concepto, fins e características xerais. As distintas técnicas orzamentarias. O contido, elaboración e aprobación dos orzamentos anuais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 107. A estructura do orzamento de ingresos e gastos da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus organismos autónomos e demais entes públicos. As modificacións orzamentarias: concepto, clases e regulación.

Tema 108. A xestión económico-financeira pública de Galicia: principios xerais. Características e estructura da Lei de réxime financeiro e orzamen

tario de Galicia. A Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia: o seu contido.

Tema 109. A xestión do gasto público na Comunidade Autónoma de Galicia: fases de execución e documentos contables. Fondos para xustificar. Anticipos de caixa. Gastos plurianuais. Gastos con financiamento afectado. Expedientes anticipados de gasto.

Tema 110. A xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Control dos gastos contractuais.

Tema 111. A xestión dos ingresos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia: fases de execución e documentos contables. Os fondos procedentes da Unión Europea e especial referencia ós fondos estructurais e de cohesión.

Tema 112. O control da xestión financeira pública en Galicia: concepto, clases e ámbito. Órganos de control. A Intervención da Comunidade Autónoma de Galicia: natureza, organización, competencias e funcións. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. O Consello de Contas de Galicia: natureza, ámbito de actuacións, funcións e competencias.

Instruccións

Instruccións xerais:

-Escribir só á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas tipo imprenta.

-Os datos deben resultar claramente lexibles.

-Evitar dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Asina-la solicitude.

-Achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Xunta-la documentación acreditativa dos requisitos de admisión, segundo o establecido na convocatoria.

-Xuntar fotocopia cotexada da cualificación de minusvalidez, de se-lo caso.

Instruccións particulares:

-Categoría: facer consta-la categoría á que se opta, segundo a denominación que figura na base 1.1 da convocatoria.

-No suposto de persoas con invalidez ou discapacidade, especifica-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios no caso de que sexa necesario, e os motivos desta adaptación.