Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.276

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada por Orde do 5 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 19 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, mediante Orde do 5 de setembro de 2003 (DOG nº 182, do 19 de setembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada pola Orde do 5 de setembro de 2003 (DOG nº 182, do 19 de setembro).

Segundo.-Adxudicarlles destinos, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo I a esta orde.

Terceiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo II a esta orde.

Cuarto.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seus destinos os funcionarios están desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Quinto.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais