Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 25 de novembro de 2003 pola que se crea un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Emigración.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifícase que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio da disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería de Emigración

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante esta orde a Consellería de Emigración crea o ficheiro especificado no anexo, que contén a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable deste ficheiro adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro da Consellería de Emigración ó que se refire o anexo, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

ANEXO

Ficheiro de nova creación da Consellería de Emigración.

ePOSTAL, sistema de envío de postais.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: galegos ou descendentes de galegos que acoden voluntariamente ás comunidades galegas no exterior co fin de enviar unha postal a algún familiar en España sen ningún custo. Envíanlle telematicamente ó responsable do ficheiro a información necesaria para realiza-lo envío e este, unha vez recibida, encárgase de remitírllelo por vía postal ós destinatarios.

Ademais, os datos persoais facilitados polo usuario poderán ser utilizados para a realización de estatísticas, exposicións fotográficas e outras difusións relacionadas coa emigración galega.

b) Persoas ou colectivos afectados: galegos ou descendentes de galegos que acoden voluntariamente ás comunidades galegas no exterior e queren enviar unha postal a algún familiar en España sen ningún custo.

c) Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.

d) Estructura básica: base de datos.

e) Tipos de datos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, fotografía.

f) Órgano responsable do ficheiro:

-Secretaría Xeral.

-Consellería de Emigración.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela.

h) Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.

i) Cesións previstas: ningunha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA