Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación de servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica. (CP 9/2003).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: CP 9/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios

b) Descrición do obxecto: servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 29-8-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 84.500 A (oitenta e catro mil cincocentos euros), IVE incluído.

5. Adxudicación.

Servicio de atención telefónica especializada do Igape.

a) Data: 7-11-2003.

b) Contratista: Centro de Atención de Llamadas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 84.500 A, IVE incluído, ca seguinte desagregación por prezos unitarios:

Concepto: prezo día teleoperador.

Importe: 87 A.

Concepto: prezo día xestor.

Importe: 92,80 A.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica