Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de novembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 3/2003.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 3/2003 que se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccions en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, podrá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da sua recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 17 de novembro 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 3/2003.

Enrique González Rodríguez.

R/ Tulipanes, Bloque 38, Portal 21-7º D.

A Coruña.

Sanción: 601,02 euros.