Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.218

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, de corrección de erros da Resolución do 3 de novembro de 2003, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Logo de advertir un erro na Resolución do 3 de novembro de 2003, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza (DOG nº 229, martes, 25 de novembro), procédese á seguinte corrección:

-Páxina 14.526, anexo I, auxiliares, columna esquerda

Onde di:

XDO PENAL

FERROL

15321SI

Suprímese a praza vacante, ofertada por erro, ó estar cuberta por titular.

Os funcionarios que o desexen poderán solicitar praza de auxiliar neste xulgado soamente a resultas, utilizando o mesmo número de orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza